Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Prácticas

O programa de prácticas en empresas e institucións é un complemento formativo para os estudantes que lles permite poñer en práctica os coñecementos e destrezas adquiridos na titulación e ter unha primeira experiencia profesional que os prepare para o futuro laboral.

Empresas con convenio coa ETSE

Este programa diríxese a todos os alumnos que teñan superado, no momento de inicio, o 50% dos créditos da súa titulación, e ampárase nun convenio de cooperación educativa, polo que non hai vinculación laboral coa empresa onde se realizan as prácticas.

As prácticas en empresa son un medio de adquirir coñecementos, experiencia laboral e obter créditos dos Graos: Enxeñería Informática (GrEI), Enxeñería Química (GrEQ) e Intelixencia Artificial (GrIA).

Ao final do primeiro cuadrimestre ou inicio do segundo, e antes do remate do prazo de solicitude, organizarase unha sesión informativa para presentar en cada titulación o programa e resolver as dúbidas que poida haber.

A difusión destas sesións realizarase mediante o web, as pantallas informativas e os taboleiros.

Coordinación de prácticas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.