Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Enxeñaría Química

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
enxeñeria química

A titulación de grao en Enxeñaría Química debe formar profesionais que coñezan o deseño de procesos e produtos, incluíndo a concepción, cálculo, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións. O título habilita para exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502237
    Número prazas: 60

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ

    Coordinador-a do título:
    Almudena Hospido Quintana
    etse.eq@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10

    Data de publicación no BOE:
    22 de febreiro de 2011

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial.

    A titulación de grao en Enxeñaría Química debe formar profesionais que coñezan o deseño de procesos e produtos, incluíndo a concepción, cálculo, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións onde se efectúen procesos nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados como o farmacéutico, biotecnolóxico, alimentario ou ambiental. Así mesmo, esta formación permitiralle desempeñar postos na industria manufactureira, en empresas de deseño e consultoría, tarefas de asesoría técnica, legal ou comercial, na administración e no ensino nos niveis secundario e universitario de pregrao, así como o exercicio libre da profesión e a elaboración de ditames e peritacións.

    O título debe implicar por unha banda unha formación xeneralista en ciencias básicas (matemáticas, física, química e bioloxía) e en materias tecnolóxicas básicas; por outra unha formación específica de enxeñaría química para poder abordar o estudo de sistemas nos que as sustancias experimentan unha modificación na súa composición, contido enerxético ou estado físico.

    O Grao en Enx. Química posúe a acreditación internacional IchemE

    IAD_logo University accreditation_3.jpg

  • No se contempla

  • Non se contemplan mencións no título

  • A escola conta con 4 aulas para docencia de grupos grandes, catro máis pequenas e unha aula de proxectos, adecuada para realizar actividades de traballo en grupo e clases participativas, así como 4 aulas de informática para a docencia e unha aula de traballo e titoría. Tamén conta con laboratorios, instalacións en planta piloto e espazos necesarios para a docencia do título.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta con dúas catro aulas de informática de acceso libre, con equipadas con ordenadores, e unha tres aulas de traballo para preparación de traballos en grupo que tamén poden utilizarse para a realización de titorías en grupo ou seminarios con número reducido de alumnos.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría conta con máis de 180 postos de lectura e 8 postos na sala de traballo en grupo da biblioteca.

  • A titulación de grao en Enxeñaría Química debe formar profesionais que coñezan o deseño de procesos e produtos, incluíndo a concepción, cálculo, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións onde se efectúen procesos nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados como o farmacéutico, biotecnolóxico, alimentario ou ambiental. Así mesmo, esta formación permitiralle desempeñar postos na industria manufactureira, en empresas de deseño e consultoría, tarefas de asesoría técnica, legal ou comercial, na administración e no ensino nos niveis secundario e universitario de pregrao, así como o exercicio libre da profesión e a elaboración de ditames e peritacións.

    O título debe implicar por unha banda unha formación xeneralista en ciencias básicas (matemáticas, física, química e bioloxía) e en materias tecnolóxicas básicas; por outra unha formación específica de enxeñaría química para poder abordar o estudo de sistemas nos que as sustancias experimentan unha modificación na súa composición, contido enerxético ou estado físico.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    A materia Aula Profesional (obrigatoria de 6 créditos e de 4º curso) brindará dúas posibilidades ao alumno:
    1.A realización de prácticas en empresas;
    2.A asistencia a cursos, seminarios e talleres da Aula Profesional.
    A realización dos créditos de prácticas en empresas implicará que o alumno realice prácticas nunha ou máis empresas, durante un máximo de 150 h para os efectos de recoñecemento, dentro daquelas coas que se chegou a un convenio.
    Os alumnos que realicen prácticas en empresas terán un titor da universidade que realizará un seguimento ao alumno e velará pola calidade do traballo efectuado ao longo das prácticas.

  • O TFG realizarao individualmente cada alumno ou en grupo baixo a dirección dalgún dos profesores da titulación e aplicará os contidos desenvolvidos na titulación facendo fincapé nas competencias xerais que é necesario adquirir en profundidade.
    Recoméndase seguir a estrutura curricular do título, dado que no Traballo Fin de Grao deberán plasmar os contidos e competencias adquiridos nas mesmas

  • a) Titulados/as en Enxeñaría Química pola USC (plan de 1994) deberán cursar as seguintes materias obrigatorias:

    • Electrotecnia (6 ECTS)
    • Enxeñaría bioquímica (4,5 ECTS)
    • Aula profesional (6 ECTS)
    • Traballo fin de grao (24 ECTS)

    b) Titulados/as en Enxeñaría Química pola USC (plan de 2003) deberán cursar as seguintes materias obrigatorias:

    • Inglés técnico (4.5 ECTS)
    • Electrotecnia (6 ECTS)
    • Enxeñaría bioquímica (4,5 ECTS)
    • Aula profesional (6 ECTS)
    • Traballo fin de grao (24 ECTS)

    c) Titulados/as en Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial, pola USC deberán cursar as seguintes materias obrigatorias:

    • Termodinámica aplicada á Enxeñaría Química (6 ECTS)
    • Electrotecnia (6 ECTS)
    • Ciencia de materiais (6 ECTS)
    • Fundamentos de máquinas e resistencia de materiais (6 ECTS)
    • Simulación e optimización (4,5 ECTS)
    • Enxeñaría Bioquimica (4,5 ECTS)
    • Automática Industrial (4,5 ECTS)
    • Traballo fin de grao (24 ECTS)

    Titulados/as por outras universidades que non teñan acreditadas as competencias de todas as materias da titulación de Grao, tal como se estabelece no apartado anterior, poderán cursar outras materias distintas ás que integran o curso ponte.

  • Profesorado
    José Luis Ares Sainz
    Andrea Arribas Jimeno
    Patricia Barral Rodiño
    Pastora Maria Bello Bugallo
    Tamara Bouso Rivas
    Maria Del Pilar Brocos Fernandez
    Marta Carballa Arcos
    Mª Del Carmen Casais Laiño
    Olinda Nelly Condori Fernandez
    María Raquel Domínguez González
    Gemma Maria Eibes Gonzalez
    Carlos Manuel Estevez Valcarcel
    Daniel Jose Franco Ruiz
    Maria Amaya Franco Uria
    Maria Sonia Freire Leira
    Juan Manuel Garrido Fernandez
    Alvaro Gil Gonzalez
    Diego Gomez Diaz
    Maria Dolores Gomez Pedreira
    Julia Gonzalez Alvarez
    Julio Gonzalez Diaz
    Sara Gonzalez Garcia
    Almudena Hospido Quintana
    Paula López Martínez
    Sugey De Jesus Lopez Perez
    José Ramón Lorenzo Llarena
    Iván Lozano González
    Anton Luaces Calvin
    Patricia Maña Fosado
    Mauro Mato Gomez
    Miguel Mauricio Iglesias
    Sandra Méndez Martínez
    Rosa Maria Montes Goyanes
    Ramon Felipe Moreira Martinez
    Anuska Mosquera Corral
    Isabella Narvaez Prado
    Pablo Nuñez Otero
    Francisco Omil Prieto
    Fernando Rafael Pardo Seco
    Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
    Alba Pedrouso Fuentes
    Carlos Pernas Fraguela
    Alberte Regueira Lopez
    Enrique Roca Bordello
    David Rodeiro Pazos
    Eva Rodil Rodriguez
    Óscar Rodríguez Figueiras
    Hector Rodriguez Martinez
    Antonio Rumbo Gómez
    Adrian Sanchez Fernandez
    Inés Sánchez Sellero
    Maria Luisa Seoane Martinez
    Jose Luis Sieira Lopez
    Jorge Sineiro Torres
    Ana Maria Soto Campos
    Jose Antonio Souto Gonzalez
    Gabriel Tojo Suarez
    Maria Tomas Gamasa
    Maria Angeles Val Del Rio
    Alejandra Vale Gómez
    Brais Vázquez Vázquez
    Laura Vicente Garcia
    Maria Isabel Vidal Tato
    Carlota Vijande Álvarez De Linera
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.