Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería eléctrica, ingeniería electrónica e ingeniería de la telecomunicación.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
José Manuel Cotos Yáñez
Contacto
manel.cotos@usc.es

O Máster na internet das Cousas proposto ofrece unha visión de conxunto no ámbito de IoT e unha especialización que non existe actualmente no Sistema Universitario de Galicia (SUG). Por exemplo, o Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo ou os Graos e o Máster en Enxeñería Informática impartidos pola UDC e USC, tratan conceptos básicos requiridos por un experto en IoT, pero non profundan nos mesmos. Así mesmo, outros másteres existentes no SUG, como o de Enxeñería de Telecomunicación, o de Ciberseguridade ou o de Informática Industrial e Robótica, tampouco ofrecen unha formación especializada.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 3500258
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ

    Coordinador-a do título:
    José Manuel Cotos Yáñez
    manel.cotos@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade da Coruña

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

  • · Obrigatorias: 39
    · Optativas: 15
    · Prácticas externas OB: 3
    · Traballo fin de máster: 6
    o Total: 60

    Este Master oferta 3 especialidades. Cada especialidade, cuxa elección é obrigatoria, consta de 7 materias, 4 delas son obrigatorias de especialidade (OB-E) e o alumno debe elixir unha optativa de especialidade (OP-E) entre as outras tres, para un total de 15 ECTS.
    As tres especialidades son:
    · Sociedade 5.0: profúndase en diversos dominios de aplicación tales como a Saúde Intelixente (Smart Health), e cidades, edificios e fogares intelixentes.
    · IIoT: abórdanse aspectos como as Fábricas Intelixentes, a Industria 4.0 ou Green IoT.
    · Vehículo conectado: trátanse todos os aspectos relacionados co uso de sistemas IoT para vehículos conectados.
    As prácticas en empresa deste Máster son obrigatorias como complemento de formación orientada en cada especialidade.
    En cada especialidade deben realizarse prácticas externas curriculares na empresa, e fomentarase que estas continúen mediante a realización do TFM como prácticas non curriculares, feito que se verá reflectido no suplemento ao título.

    Os 60 créditos cúrsanse nun ano académico, no primeiro semestre 30 créditos obrigatorios e no segundo semestre, os restantes, isto é, 6 créditos obrigatorios, 9 optativos, as prácticas externas e o traballo fin de máster.
    Cabe destacar que aínda que o máster é de carácter presencial, é dicir, todas as clases impártense de forma síncrona, o feito de que deban impartirse desde cada sede vía videoconferencia ás outras dúas sedes permite tamén o seguimento destas desde outras localizacións, o cal facilitará o seguimento do Máster por persoas que traballen ou vivan fose das tres sedes. Para facilitar aínda máis o seguimento a estas persoas, gravaranse as clases para que se achen ao dispor do alumnado na aula virtual (contando coa autorización do profesorado), habilitaranse titorías vía videoconferencia e fomentarase o uso da aula virtual para intercambiar información, compartir material e realizar exercicios e entregas de tarefas.
    Con todo, hai algunhas prácticas de laboratorio que se deben seguir obrigatoriamente de forma presencial pola necesidade de ter que manexar equipamento específico, e é posible que algunhas probas de avaliación e exames finais tamén deban ser realizados de forma presencial.

  • O Máster Universitario na internet das Cousas (IoT) ofrece ao alumnado os coñecementos necesarios para deseñar, configurar, integrar e manter sistemas de interconexión dixital de obxectos e persoas que actúen de maneira autónoma e intelixente, xerando información útil para a toma de decisións.
    O programa profunda en ámbitos como os sistemas embebidos e os dispositivos IoT, as arquitecturas IoT, as telecomunicacións, a programación ou o procesamento e análise de datos.
    O Máster pon un foco especial na aplicación da seguridade en toda a cadea de valor de IoT, trata outros ámbitos crave no desenvolvemento desta tecnoloxía, como a computación na nube (cloud computing) ou o procesado masivo de datos.
    Para abordar as problemáticas e solucións específicas dos principais dominios de aplicación, onde IoT postúlase como a tecnoloxía habilitadora máis importante, definíronse tres especialidades:
    • IIoT: Nesta especialidade abórdanse aspectos como as Fábricas Intelixentes (Smart Factories), a Industria 4.0 ou Green IoT, ademais de contidos específicos de aplicacións de procesado de vídeo ou tratamento de datos masivos no ámbito industrial.
    • Sociedade 5.0: Nesta especialidade profúndase en diversos dominios de aplicación da denominada Sociedade 5.0, tales como o uso de sistemas IoT para a saúde (Smart Health), para cidades intelixentes (Smart Cities), edificios e fogares intelixentes, ademais de contidos específicos de despregamento de redes, aplicacións de procesado de vídeo ou o tratamento de datos masivos nestes dominios.
    • Vehículo conectado: Nesta especialidade trátanse todos os aspectos relacionados co uso de sistemas IoT para vehículos conectados. En concreto, trátase a aplicación dos fundamentos de IoT ao coche conectado, a Vehículos Aéreos Non-Tripulados (UAVs, Unmanned Aerial Vehicles) e a sistemas de transporte intelixente (ITS, Intelligent Transport Systems), ademais de contidos específicos relacionados co despregamento de redes IoT, aplicacións de procesado de vídeo ou o tratamento de datos masivos no ámbito específico do vehículo conectado.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    En cada especialidade deben realizarse prácticas externas curriculares na empresa, e fomentarase que estas continúen mediante a realización do TFM como prácticas non curriculares, feito que se verá reflectido no suplemento ao título.
    Cabe mencionar que se fixeron xestións para garantir que todos os alumnos poden realizar prácticas en empresa, tendo en conta de que son obrigatorias, sondando para iso a numerosas empresas do ámbito IoT con presenza en Galicia, e púidose percibir un enorme interese en recibir alumnado para realizar tanto prácticas en empresa curriculares como extracurriculares para a realización do TFM.
    O proceso de xestión das prácticas en empresa será coordinado polo Coordinador/a de Traballos de Fin de Máster e Prácticas en Empresa, e supervisado pola Comisión Académica Interuniversitaria, a cal resolverá aspectos como a aprobación das propostas de prácticas en empresas.

  • O Traballo Fin de Máster ten carácter obrigatorio, a súa carga lectiva é de 6 ECTS. Pode realizarse como continuación das prácticas externas curriculares, mediante prácticas non curriculares.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.