Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (3ª ed)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería química, ingeniería de los materiales e ingeniería del medio natural.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Francisco Omil Prieto
Contacto
francisco.omil@usc.es

A Enxeñaría Ambiental é a rama da enxeñaría que estuda de forma integrada os problemas ambientais, tendo en conta as súas dimensións ecolóxica, social, económica e tecnolóxica, co obxectivo de promover o desenvolvemento sostible.

Así, a Enxeñaría Ambiental utiliza as bases científicas das ciencias ambientais así como os principios da Enxeñaría, co obxectivo de estudar cuantitativamente os problemas ambientais, analizando as súas causas e propoñendo métodos para a súa redución ou eliminación.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4318113
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 30

    Decano/a ou director/a do centro:
    Julia González Álvarez
    julia.gonzalez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Francisco Omil Prieto
    francisco.omil@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 27/07/2022 (DOG do 10/08/2022)

    Data de publicación no BOE:
    BOE do 7/04/2023

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

    Na actualidade, a maioría dos países desenvolvidos teñen títulos de enxeñaría ambiental, tanto a nivel de licenciatura como de máster. A asunción dos conceptos de desenvolvemento sostible e economía circular, implícita ou explícita, comeza a penetrar en todos os niveis de todos os sectores da actividade humana. Trátase non só de aplicar tecnoloxías para o tratamento dos residuos producidos pola actividade industrial (filosofía "end of the pipe"), senón tamén de transformar os procesos produtivos para reducir a súa xeración, aumentar a eficiencia xeral no uso dos recursos naturais e, en definitiva, garantir que a actividade industrial é cada vez máis eficiente e respectuosa co noso medio ambiente (filosofía “integral”).

    Mentres que a filosofía de final de tubería precisa de especialistas no tratamento e aproveitamento dos residuos (unha vez producidos), a filosofía integral (que inclúe a primeira) require da achega de técnicos de distintos ámbitos e dunha modificación das actitudes colectivas e produtivas e dos métodos produtivos e de transformación, así como a modificación dos instrumentos de planificación e ocupación territorial e a reconsideración dos conceptos de crecemento e desenvolvemento.

    A nivel formativo, a Enxeñaría Ambiental implica coñecer en profundidade os procesos, ter capacidade para transformalos, coñecer as interaccións destes co medio e estar preparados para traballar en equipos multidisciplinares, con capacidade para formular solucións e resolver problemas cun enfoque holístico.

    En conclusión, a Enxeñaría Ambiental utiliza un enfoque sistemático para abordar os problemas relacionados co medio ambiente no seu conxunto e dun xeito holístico e integral. O principal cometido do Enxeñeiro Ambiental é minimizar os efectos negativos ó entorno natural de cada proceso industrial ou actividade humana tanto a curto como a longo prazo.

  • -Obrigatorios 34,5
    -Optativos 31,5
    -Prácticas OB 6
    -TFM 18
    -Total 90

    Non se contemplan

  • O obxectivo principal é o de formar técnicos capaces non tan só en analizar e diagnosticar problemas relacionados co medio ambiente, senón tamén de definir propostas e proxectar solucións, sempre tratando o medio ambiente baixo un punto de vista integral.

    Son obxectivos xerais do título (definidos a partir das funcións e tarefas que o Enxeñeiro Ambiental debe asumir) cos que se pretende que os titulados deberán ser capaces e competentes en:

    - Identificar e formular problemas ambientais.
    - Planificar, deseñar e proxectar solucións, ben sexan modelos de xestión, obras ou instalacións para evitar e resolver os devanditos problemas.
    - Executar a construción ou instalación correspondentes a devanditas solucións.
    - Explotar, manter e xestionar obras, instalacións ou servizos ambientais

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas consistirán na realización de prácticas nunha ou máis empresas ou institucións durante 150 h para a obtención dun total de 6 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas).

    A Escola Técnica Superior de Enxeñaría asignará ao alumno un titor entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimiento do traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia. A escola conta con experiencia de organización destas prácticas, xestionadas directamente polo coordinador/a de prácticas en empresas da ETSE ou ben tramitadas polo programa xeral de prácticas do Consello Social da USC.

    Dadas as características das titulacións que se imparten na escola, consideramos fundamental a relación coas empresas dos sectores implicados de cara a realizar visitas técnicas, conferencias e desenvolvemento de prácticas externas e proxectos fin de carreira nas empresas.

  • Realizarase un traballo fin de máster de 18 ECTS que consistirá nun traballo orixinal de investigación, de deseño ou estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias do mestrado. O proxecto poderá realizarse nunha estancia nunha empresa, organismo público, universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico que asine un convenio de colaboración coa USC no contexto do mestrado, ou ben nun grupo de investigación da USC.

    O principal obxectivo do TFM é a realización dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación, por parte do alumno, dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno.

  • O profesorado que conforma o cadro docente do Máster en Enxeñaría Ambiental está formado por 30 profesores de 10 departamentos diferentes, un claro indicador do concepto transversal da titulación. A paridade é completa, cun 50% de homes e mulleres. No que respecta á súa categoría profesional, o 37% son catedráticos de universidade, o 44% profs. Titulares, un 10% de profs. contratados doutores, así como a participación de 1 prof. axudante, 1 prof. asociado e un prof. Ramón y Cajal.

    O profesorado destaca polo seu nivel de recoñecemento tanto na súa actividade docente (quinquenios) como investigadora (sexenios), así como unha grande conexión co mundo empresarial (alto número de convenios e contratos con empresas). Na páxina web da titulación pódense consultar os seus datos así como liñas de investigación.

    A práctica totalidade da plantilla de profesores conta con unha extensa labor docente e investigadora ben recoñecida (publicacións, dirección de proxectos, pertenza a grupos de investigación consolidados, etc.). Destacar neste senso que a metade do profesorado é membro do recientemente creado Centro Singular CRETUS (Cross-disciplinary Research in Environmental Technologies), agrupación de excelencia a nivel internacional no eido das ciencias e tecnoloxías ambientais.

    CRETUS reúne a 8 grupos de investigación, contando con 50 profesores e 90 investigadores con gran actividade científica e de transferencia de tecnoloxía (no período 2009-16 publicaron 949 artigos, 34 libros, 103 tesis e 23 patentes, captándose no citado período 19,1 millóns de euros a través de 134 proxectos e 210 contratos).O profesorado del MEnA está amplamente representado en CRETUS, pois o 50% é membro da mesma.

    Profesorado
    Jose Antonio Aldrey Vazquez
    Sabela Balboa Mendez
    Ma Carmen Barciela Alonso
    Pastora Maria Bello Bugallo
    Marta Carballa Arcos
    Alejo Carballeira Ocaña
    Juan Jose Casares Long
    Gumersindo Feijoo Costa
    Jose Angel Fernandez Escribano
    Sarah Fiol López
    Juan Manuel Garrido Fernandez
    Sara Gonzalez Garcia
    Almudena Hospido Quintana
    Jesús Ángel López Romalde
    Miguel Mauricio Iglesias
    Maria Del Carmen Monterroso Martinez
    Carlos Montes Piñeiro
    Maria Teresa Moreira Vilar
    Anuska Mosquera Corral
    María Da Alba Nogueira López
    Francisco Omil Prieto
    Xose Lois Otero Perez
    Remigio Paradelo Nuñez
    Maria Mercedes Parajo Montes
    Elena Maria Peña Vazquez
    Beatriz Loreto Prieto Lamas
    Jose Ramon Rios Viqueira
    Alberto Rojo Alboreca
    Noelia Maria Romero Castro
    Jose Antonio Souto Gonzalez
    Joaquín Ángel Triñanes Fernández
    Maria Angeles Val Del Rio
    Mario Valladares Lopez
    Jose Andres Villamarin Taboada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2025.