Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Hector Rodriguez Martinez
Contacto
hector.rodriguez@usc.es

O obxectivo deste máster é formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4314245
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ

    Coordinador-a do título:
    Hector Rodriguez Martinez
    hector.rodriguez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    04/04/2014

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

    O Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos ten como obxectivo formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos. O obxectivo último é formar titulados na profesión de Enxeñeiro Químico, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da Enxeñaría Química e Bioprocesos e en sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente. Contémplase igualmente unha orientación investigadora dando acceso directo ao programa de doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC (con Mención “Cara a Excelencia”).

  • Obrigatorias: 48
    Optativas: 12
    Prácticas externas 12
    Traballo fin de máster: 18
    Total: 90

    Non se contemplan

  • O obxectivo deste máster é formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.

  • Modalidade: criterios xerais

    Titulacións de acceso:
    Enxeñaría Química
    Grao en Enxeñaría Química
    Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
    Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial.

    Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
    De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha ou máis empresas ou institucións, durante 300 h a efectos de obtención dun total de 12 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas). A oferta de prácticas no Máster sustentarase no actual Programa de Prácticas Externas en empresa que xestiona a ETSE no ámbito da Enxeñaría Química.
    Para a organización, xestión e seguimento das prácticas externas nomearase a un Coordinador/a de prácticas en empresas, que se encargará da asignación dos centros de prácticas e da súa seguimento. Ademais, o programa asignará ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade
    da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica. A Comisión de Titulación elaborará unha memoria anual recollendo a información relevante de centros asignados, satisfacción dos estudantes, valoración dos titores, etc.

  • O Proxecto Fin de Máster consistirá nun exercicio orixinal realizado individualmente, consistente
    nun proxecto integral de Enxeñaría Química de natureza profesional no que se sinteticen as
    competencias adquiridas nos ensinos.
    O proxecto pode consistir nun traballo de investigación, de deseño ou estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias do Máster.
    O proxecto poderá realizarse nunha estancia nunha Empresa, Organismo público, Universidade, Centro de investigación ou Centro Tecnolóxico que asine un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster, ou ben nun Grupo de Investigación da USC. Salvo cando a estancia se realice na USC nomearase un titor externo ademais dun Profesor titor do Máster.
    Os alumnos deberán superar todas as demais materias do Máster antes de defender o Proxecto
    Fin de Máster.

  • O profesorado está composto por profesores que pertencen a departamentos da propia Universidade, con experiencia acreditada en docencia e investigación. Ademais do Departamento de Enxeñaría Química, participan os de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Matemática Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade e Psicoloxía Social, Básica e Metodolóxica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.