Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental (2ªed)

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Francisco Omil Prieto
Contacto
francisco.omil@usc.es

O máster forma a profesionais especializados na prevención de danos ambientais, a protección do entorno e a mellora da calidade ambiental, fornecéndolles de coñecementos e competencias para aplicar solucións a problemas ambientais como o consumo non sostible, a xeración de residuos ou a contaminación.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4310357
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 30

    Decano/a ou director/a do centro:
    Julia González Álvarez

    Coordinador-a do título:
    Francisco Omil Prieto
    francisco.omil@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 51/2006 do 23 de marzo (DOG 28/03/2006)

    Data de publicación no BOE:
    09/12/2011

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    O obxectivo básico da titulación é a formación de profesionais competentes que teñan como misión específica a prevención de danos ambientais, a protección do entorno e a mellora da calidade ambiental fronte a problemas como son o consumo non sostible dos recursos, xeración de residuos, contaminación das augas, do aire e dos solos, para o cal é necesario unha formación básica que lles permita deseñar, proxectar e executar obras e instalacións, mellorar procesos, e proporcionar posibles solucións aplicables ós problemas ambientais reais.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

    Obrigatorio 51.5;
    Optativos 14.5;
    Prácticum obrigatorio 6;
    Traballo Fin de Máster 18;
    Total 90.

  • O máster forma a profesionais especializados na prevención de danos ambientais, a protección do entorno e a mellora da calidade ambiental, fornecéndolles de coñecementos e competencias para aplicar solucións a problemas ambientais como o consumo non sostible, a xeración de residuos ou a contaminación.

  • O obxectivo básico da titulación é a formación de profesionais competentes que teñan como misión específica a prevención de danos ambientais, a protección do entorno e a mellora da calidade ambiental fronte a problemas como son o consumo non sostenible dos recursos, xeración de residuos, contaminación das augas, do aire e dos solos, para o cal é necesario unha formación básica que lles permita deseñar, proxectar e executar obras e instalacións, mellorar procesos, e proporcionar posibles solucións aplicables ós problemas ambientais reais.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Realización de estancias en empresas e/ou administracións onde os alumnos realicen tarefas enmarcadas nos obxectivos do seu perfil profesional.

  • Realizarase un traballo fin de máster de 18 ECTS en que se aplicarán por parte do alumno os coñecementos contidos na súa formación a unha problemática de enxeñaría ambiental como exemplo dunha actividade profesional, científica, técnica ou de xestión.

  • O profesorado que compón o cadro docente do Máster en Enxeñaría Ambiental está composto por 25 profesores de 10 Departamentos diferentes. Un 36% pertencen o corpo de Catedráticos de Universidade, un 32% son Profesores Titulares de Universidade e un 20% son Profesores Doutores non funcionarios, namentres que un 8% é profesorado asociado contratado a tempo parcial.

    Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2024.