Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Visión por Computador (Computer Vision)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería informática y de sistemas.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Victor Manuel Brea Sanchez
Contacto
victor.brea@usc.es

A visión por computador é a capacidade de ver nas máquinas, é dicir, extraer a estrutura espazo-temporal de imaxes/vídeos co obxectivo de interpretar completamente unha escena. Trátase dun campo no que se desenvolve unha abundante actividade investigadora, pero non só se trata de investigación. As tecnoloxías da visión por computador teñen a capacidade de contibuír ao benestar, ao crecemento económico e á sustentabilidade ambiental a maior velocidade e a un custo inferior ao que se fixo nunca.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4316989
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 8

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ
    julia.gonzalez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Victor Manuel Brea Sanchez
    victor.brea@usc.es

    Linguas de uso:
    Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade do Porto

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 16/06/2020 (DOG do 1/07/2020)

    Data de publicación no BOE:
    07/05/2021

    A comprensión automática do noso mundo visual nunca foi máis importante en aplicacións tales como: asistencia sanitaria, industria 4.0, robótica móbil, seguridade de infraestruturas e servizos, seguridade viaria, vehículos autónomos, lecer, publicidade e moito máis. Este máster ofrece unha especialización interdisciplinar nos fundamentos xerais da visión por computador. O máster pretende cubrir a fenda actual no noroeste peninsular e Portugal en relación á formación deste perfil, pero tamén pretende atraer estudantes doutras partes de España, Portugal e a nivel internacional.

  • Obrigatorias: 48
    Optativas: 9
    Prácticas externas 3
    Traballo fin de máster: 30
    Total: 90

    Non se contemplan

  • O máster aborda a necesidade de formar expertos nun campo que se está facendo fundamental para manter o impulso innovador na automatización de tarefas visuais cognitivas. O plan de formación está dirixido tanto a estudantes como a profesionais que busquen unha especialización de Visión por Computador orientada ao mercado de traballo, así como a aqueles moi motivados pola investigación, que precisan un máster neste campo antes do inicio dunha tese doutoral. En resumo, o perfil do alumando ao que vai dirixido o máster pódese resumir nos seguintes puntos:

    1. Emprendedores que buscan formación para crear as súas propias empresas no campo.
    2. Profesionais que traballan en empresas tecnolóxicas e buscan unha actualización da súa formación.
    3. Estudantes que remataron os seus estudos universitarios en Matemáticas, Física, Informática, calquera outrao grao en Enxeñaría ou Ciencias, ou que teñan un título relacionado con estes, e buscan unha maior especialización antes de incorporarse ao mercado de traballo;
    4. Os estudantes pre-doutorais que van facer a súa tese no campo da visión por computador.
  • A visión por computador ten un carácter eminentemente multidisciplinar e de alto potencial científico e tecnolóxico. O seu carácter multidisciplinar baséase en que (i) moitos dos seus resultados inspíranse e retroalimentan resultados en neurociencia, (ii) a complexidade dos problemas tanto desde o punto de vista xeométrico como estatístico e probabilístico demandan unha boa formación en matemáticas, (iii) a dimensión fotométrica das imaxes, a resolución de problemas mal condicionados, análise multiespectral, ou as fontes de ruído en imaxes, son campo para a física, (iv) as tecnoloxía para cámaras, comunicacións, e hardware proveñen de diversas enxeñarías, (v) e os modelos computacionais que se requiren para o procesamento e a aprendizaxe a partir de grandes cantidades de datos, permiten desenvolver novos paradigmas dentro da computación. Por outra banda, o seu alto potencial tecnolóxico é evidente polo feito de ser unha disciplina que permite unha rápida aplicabilidade de todos os seus resultados teóricos o que a converte nunha enxeñaría transversal que pode integrarse en múltiples sistemas de diversa aplicación.

    Así pois, estamos fronte a un sector tecnolóxico que require un alto grao de formación dos seus profesionais e cuxo interese científico avanza a grande velocidade. O interese a nivel académico dáse en dúas frontes, por unha banda hai estudantes que acaban de finalizar os seus estudos de grao e pretenden unha maior especialización antes de incorporarse ao mercado laboral. Por outra banda, existen múltiples grupos de investigación dedicados á visión por computador que requiren dun mestrado neste campo que permita formar estudantes que pretender facer unha tese doutoral.

  • Mobilidade

    Impulsarase a sinatura de convenios con empresas e centros tecnolóxicos para a realización de Traballos de Fin de Máster co-titorizados por empresa e universidade. O obxectivo é facer unha oferta o máis ampla posible de TFM con esta orientación profesional e innovadora. Varias empresas e institucións xa colaboraron na definición deste plan de estudos e manifestado o seu interese en ofertar proxectos para TFM.

    Tamén se ofertarán propostas para TFM e Prácticas Externas para seren realizadas en Centros de Investigación (CITIUS, CTIC, atlanTTIC, INESC TEC), aos que están adscritos moitos dos docentes dos departamentos que impulsan o mestrado. Estes TFM terán unha maior orientación investigadora.

    A ETSE-USC, a FIC-UDC, a EET-Uvigo, e a FEUP-Ou.Porto contan cun grande número de convenios de prácticas externas con empresas e centros de investigación que permiten garantir unha oferta suficiente de prácticas para a demanda dos estudantes deste título de máster. Os convenios son aprobados polo consello de goberno das respectivas universidades e o seu seguimiento corresponde á comisión académica de cada título. Os estudantes no primeiro ano de matrícula, tanto a tempo completo como a tempo parcial, non poderán realizar as prácticas até o segundo cuadrimestre. En anos sucesivos, os estudantes poderán realizalas en calquera dos cuadrimestres. Ademais, a comisión académica do mestrado definirá normativas para a adxudicación das prácticas, o seu seguimiento, o informe final dos titores externos, e elaboración da memoria de prácticas, atendendo ás normativas vixentes en cada Universidade.

    Se promoverá que as prácticas externas sirvan como adaptación do alumnado ao novo contorno de traballo, e como preámbulo para a realización do TFM, que por esixencias da normativa portuguesa debe ter unha carga mínima de 30 ECTS

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas externas deben proporcionar ao estudante un contacto directo coa realidade laboral. Aínda que os créditos son limitados, procurarase que os estudantes se integren en proxectos en marcha, non só para aprender os fluxos e dinámicas de traballo en equipo no ámbito da visión por computador, senón tamén tratar de achegar nalgún lugar do proxecto os coñecementos adquiridos no mestrado até a data

    As prácticas consensuaranse coas empresas e cos centros de investigación ofertantes (que teñan asinado un convenio de colaboración), de tal xeito que se cumpra o requisito de os proxectos en que se integren axudaren a completar a súa formación nalgunhas das materias obrigatorias ou optativas cursadas e que lles permitan ter un contacto directo coa realidade do mercado.

  • O Traballo Fin de Máster é un exercicio orixinal que debe ser realizado individualmente e que consiste nun proxecto integral de natureza investigadora ou de aplicación innovadora que sintetice as competencias adquiridas no mestrado. Para a sua superación será defendido perante un tribunal formado por profesorado do título. Cada estudante terá polo menos un profesor ou unha profesora para a función de titorización durante o proceso e que velará pola calidade do traballo. A oferta de Traballos Fin de Máster realizarase ao comezo de cada curso académico. A oferta poderá incluír traballos ofertados por empresas e centros de investigación colaboradores, e traballos ofertados por profesores de departamentos con docencia no mestrado. A oferta de Traballos Fin de Máster debe ser suficiente para todos os estudantes matriculados da materia.

  • O equipo docente, cuxos membros pertencen a centros singulares de investigación  (CiTIUS, CITIC, AtlanTTIC e INESC TEC) das catro universidades, desenvolve actividades releantes en docencia, investigación e transferencia de coñecemento en varias áreas da visión por computador e da intelixencia artificial. Dentro da súa especialidade cabe destacar: segmentación, clasificación e seguimento de obxectos; inspección e monitorización de procesos industriais; visión robótica; cámaras intelixentes; análise de imaxe médica; verificación biométrica; apoio á condución; fotogrametría con UAVs; recoñecemento de xestos e condutas en vídeos; análise de documentos; interfaces persoa-máquina, ou realidade virtual e aumentada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.