COMP01 - Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
COMP02 - Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría.
COMP03 - Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
COMP04 - Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería.
COMP05 - Capacidade para análise e deseño de procesos e produtos ou simulación e optimización de procesos e produtos.
COMP06 - Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para: A determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñería química ou sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor ou operacións de transferencia de materia ou cinética das reaccións químicas e reactores.
COMP07 - Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de: Simulación de procesos químicos ou control e instrumentación de procesos químicos.
COMP08 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial.
COMP09 - Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
COMP10 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
COMP11 - Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
COMP12 - Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa e outras institucións e organizacións.
COMP13 - Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
COMP14 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
COMP15 - Integración das competencias básicas, comúns e específicas da rama industrial a través do traballo fin de grao.
COMP16 - Capacidade para levar a cabo un exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos estudos.