Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Enxeñaría Informática (2ª edición)

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería informática y de sistemas.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Imaxe representativa

O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), no ámbito da Informática

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501112
    Número prazas: 85

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ
    julia.gonzalez@usc.gal

    Coordinador-a do título:
    Jorge Alberto Suarez Garea
    jorge.suarez.garea@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    17/01/2022

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

    A titulación de Grao en Enxeñaría Informática atende á formación universitaria inicial dun ámbito de coñecemento científico, académico e de un campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido, tanto no Estado Español coma en outros países de referencia. Nos últimos anos, ademais de grandes avances disciplinares, incrementouse notablemente un enfoque multidisciplinar en campos coma a Física, Química, Economía, Bioloxía ou Medicina.

  • Non se contemplan

  • A ETSE conta na actualidade con aulas de docencia en dous edificios situados no campus vida da USC (edificio ETSE e edificio Monte da Condesa). 

    • Aulas de Teoría. Disponse de 8 aulas de teoría no edificio ETSE (4 para grupos grandes, con 105-135 postos) e 4 aulas para grupos medianos (40-55 postos). Todas estas aulas están dotadas cun computador para o profesorado e equipos de proxección. Ademais, cóntase cunha aula multifuncional (Aula de Proxectos), que ten 50 postos para alumnos/as, un computador para o profesorado, equipo de videoconferencia e equipo de proxección. 
    • Aulas de Informática. Disponse actualmente de 8 aulas de informática (4 no edificio ETSE e 4 no edificio Monte da Condesa), dotadas con até 25 postos con computador de sobremesa, un computador para o profesorado e un equipo de proxección.
    • Aulas de Traballo. O edificio ETSE conta con dúas aulas de traballo con quince postos dispoñibles para a realización de tutorías ou reunións de traballo.
    • Zonas de traballo de acceso libre. Cóntase con dous espazos de 30 postos a disposición do alumnado da ETSE para facilitar tanto o seu traballo individual como traballos en equipo. 
    • Salón de actos. A ETSE conta cun salón de actos con capacidade para 182 postos.
    • Biblioteca ETSE. No edificio ETSE hai unha biblioteca a disposición de alumnos/as e docentes. Ten un espazo total de 600 m2, con 176 postos de lectura distribuídos en dúas plantas. Dispón dunha Sala de Traballo en Grupo con capacidade para 8 persoas, 4 postos informatizados para consulta dos recursos electrónicos da biblioteca da USC e 1 posto para consulta do Catálogo de publicacións en liña. Ten un fondo formado por 9.426 volumes e 90 títulos de revistas por subscrición. A biblioteca conta ademais con 4 computadores portátiles que se prestan para o seu uso en sala.
  • O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), no ámbito da Informática. Preténdese preparar profesionais cunha formación transversal e versátil; un/a enxeñeiro/a de amplo espectro e de doada adaptación a distintos ámbitos de traballo.

  • Mobilidade

    A Escola conta coa colaboración de varios profesores que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutelar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida, así como asinar os acordos académicos de mobilidade que aseguren que a acción se enmarque nos obxectivos e competencias do título. A Escola, a través do Responsábel Académico de Mobilidade e da Comisión de Título, promove a incorporación de novos acordos académicos baseándose en recomendacións de profesores coñecedores da universidade en cuestión, e vela porque as ditas accións sexan un complemento á formación dos estudantes do centro, avaliando anualmente a renovación de cada acordo.

    A mobilidade de estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha comisión de selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, o/a responsábel da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O Plan de Estudos de Grao en Enxeñaría en Informática inclúe o recoñecemento de 9 créditos obrigatorios por realización de prácticas externas. A Escola conta con experiencia na organización destas prácticas, xestionadas directamente pola ETSE a través da Comisión da Titulación e do coordinador de prácticas en empresas ou ben tramitadas polo programa xeral de prácticas do Consello Social da USC.

    Para a realización das prácticas, o estudantado deberá ter unha persoa titora externa na empresa e unha persoa titora académica responsábel de fixar, en coordinación co/a titor/a externo/a, o programa de prácticas de cada estudante en función das características do traballo a desenvolver, realizar o seguimento e orientación do alumnado durante a realización das prácticas e a avaliación do alumnado, en función da memoria de prácticas que este debe entregar e do informe emitido polo/a titor/a externo/a.

    A Comisión de Titulación e o/a titor/a académico/a asignado/a analizarán cada práctica de forma individual e velarán por que se desenvolvan contidos propios do título.

  • As ensinanzas deste grao conclúen coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao de 12 ECTS

    A Comisión do Título velará, a través da verificación dos anteproxectos, para que os contidos de cada traballo sexan do ámbito da titulación. As actividades formativas tipo de cada traballo consistirán no seguimento por parte do director do proxecto do desenvolvemento de leste. A maiores, cada traballo poderá ter algunha actividade formativa específica en función das súas circunstancias propias. A avaliación do traballo fin de grao realizarase mediante a súa defensa pública perante un tribunal composto por profesorado do título.

  • Profesorado
    Leovigildo Alonso Tarrio
    Samuel Alvite Pazo
    Francisco Santiago Argüello Pedreira
    Juan Enrique Arias Rodriguez
    Nikolay Babakov
    Víctor Xesús Barreiro Domínguez
    Senén Barro Ameneiro
    Manuel Bendaña Gómez
    Dora Blanco Heras
    Maria Isabel Borrajo Garcia
    Alberto Jose Bugarin Diz
    Jose Carlos Cabaleiro Dominguez
    Francisco Javier Cardama Santiago
    Maria Purificacion Cariñena Amigo
    Maria Jose Carreira Nouche
    Daniel Alfonso Castro Pereiro
    Alejandro Catala Bolos
    David Chaves Fraga
    Bianca Cid Bouzas
    Olinda Nelly Condori Fernandez
    Daniel Cores Costa
    Maria Cristina Costoya Ramos
    José Manuel Cotos Yáñez
    Cesar Díaz Parga
    Raquel Dosil Lago
    Paulo Manuel Felix Lamas
    Anselmo Tomás Fernández Pena
    Francisco Fernández Rivera
    Julian Carlos Flores Gonzalez
    Felipe Gago Couso
    Victor Jose Gallego Fontenla
    Pablo Garcia Tahoces
    Julio Gonzalez Diaz
    Alejandro González Santos
    Ana Jeremías López
    Manuel Eulogio Ladra Gonzalez
    Manuel Lama Penin
    Javier Lopez Fandiño
    David López Vilariño
    David Enrique Losada Carril
    Patricia Maña Fosado
    David Mera Perez
    Antonio Mosquera Gonzalez
    Manuel Felipe Mucientes Molina
    Alvaro Ordoñez Iglesias
    Daniel Paraje Ordás
    Xosé Manuel Pardo López
    Alex Pazos Moure
    Francisco Jose Pena Brage
    Adrian Perez Herrero
    Andres Perez Rodriguez
    Juan Carlos Pichel Campos
    Cesar Alfredo Piñeiro Pomar
    Angel Pita Da Veiga Ramonde
    Raquel Esther Querentes Hermida
    Pablo Quesada Barriuso
    Jose Ramon Rios Viqueira
    David Rodeiro Pazos
    Silvia Rodriguez Alcaraz
    Alberto Rodriguez Casal
    Jesus Maria Rodriguez Presedo
    Pedro Jose Saco Lopez
    Eduardo Manuel Sánchez Vila
    Roi Santos Mateos
    Natalia Seoane Iglesias
    Samuel Soutullo Sobral
    Jorge Alberto Suarez Garea
    José Ángel Taboada González
    María Jesús Taboada Iglesias
    Alejandro Jose Tobar Quintanar
    Joaquín Ángel Triñanes Fernández
    Anxo Varela Hernandez
    Jose Varela Pet
    Maria Elena Vazquez Cendon
    Juan Carlos Vidal Aguiar
    Nicolas Vila Blanco
    Sebastian Villarroya Fernandez
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2025.