Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Intelixencia Artificial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
María Jesús Taboada Iglesias
Contacto
maria.taboada@usc.gal

A titulación de Máster en Intelixencia Artificial ( IA) céntrase na formación universitaria dunha das áreas que atrae máis interese no ámbito das Ciencias da Computación, tanto desde o punto de vista científico-académico como das súas aplicacións en múltiples sectores de actividade. Durante os últimos anos, a IA experimentou un desenvolvemento excepcional, motivado pola aparición de tecnoloxías que supuxeron un gran avance na disciplina e pola dispoñibilidade de recursos hardware que fixeron viable a súa aplicación en distintos dominios.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4317738
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ
    julia.gonzalez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    María Jesús Taboada Iglesias
    maria.taboada@usc.gal

    Linguas de uso:
    Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade da Coruña

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 27/07/2022 (DOG do 10/08/2022)

    Data de publicación no BOE:
    BOE do 13/02/2023

    Data da última acreditación:
    27/06/2022

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 36
    Optativas: 36
    Prácticas externas 6
    Traballo fin de máster: 12
    Total: 90

    Non se contemplan

  • Como a Informática en xeral, a intelixencia artificial constitúe un área de coñecemento transversal e multidisciplinar de grande aplicabilidade nunha enorme cantidade de sectores, de aí a alta demanda de especialistas.

    Con respecto ás tecnoloxías emerxentes que son obxecto de estudo neste mestrado, podemos englobalas en tres categorías:

    - Materiais e fabricación intelixentes
    - Conectividade e análise de datos
    - Xestión da produción.

    A titulación que se propón presenta unha serie de trazos característicos que lle outorgan un importante valor diferencial:

    - Oferece un enfoque integrador e de vanguarda no ámbito da intelixencia artificial, que combina coñecementos na área de informática, lóxica, razoamento, psicoloxía, filosofía, economía e lingüística.

    - Aborda a intelixencia artificial non só desde un plano técnico, senón tamén desde un prisma humanístico centrado na persoa.

    - Presenta un carácter marcadamente práctico e aplicado, orientado á implementación efectiva de sistemas intelixentes para múltiples aplicacións e nun amplo rango de sectores.

    - Proporciona unha base sólida de coñecemento sobre os sistemas intelixentes, á vez que aborda aspectos como a legalidade ou a ética de grande impacto na evolución da IA.

    - Incorpora de xeito específico o emprendemento como parte do plan de estudos, avanzando posíbeis saídas profesionais para os seus egresados/as e orientándoos cara ao mercado laboral.

    - Conta con potencial para resultar de interese a múltiples disciplinas e distintos perfís de destinatarios.

    - Céntrase nun ámbito de grande proxección cara ao futuro, dando reposta a unha necesidade de amplo espectro e longo alcance.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O plan de estudos inclúe unha materia de prácticas externas de 6 ECTS que se poderá cursar no 2º ou 3º cuadrimestre. Esta materia está orientada especificamente á formación nun contorno real xa que o estudante intégrase nunha empresa para realizar tarefas que supoñen a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos. A realización destas prácticas implica a sinatura previa dun convenio coa empresa.

  • O título contempla un traballo fin de máster de 12 ECTS. O alumnado deberá aplicar correctamente os coñecementos e competencias adquiridas a un proxecto no ámbito da intelixencia artificial. Tamén deberá presentar e defender o desenvolvemento, resultados e conclusións do traballo realizado perante un público especializado.

    O profesorado atenderá o alumnado en sesións de titorías individualizadas dedicadas á orientación no estudo e a resolución de dúbidas sobre os contidos e traballos da materia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2025.