Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería informática y de sistemas.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Manuel Felipe Mucientes Molina
Contacto
manuel.mucientes@usc.es

A finalidade do Máster é dar formación en aspectos avanzados científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos relacionados cun reto esencial das Tecnoloxías de Información na actualidade: a inxente cantidade de datos xerados e a necesidade de xestionalos eficaz e eficientemente para producir servizos de valor engadido.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4315427
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ

    Coordinador-a do título:
    Manuel Felipe Mucientes Molina
    manuel.mucientes@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Murcia

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    4/06/2015 (DOG 17/06/2015)

    Data de publicación no BOE:
    18/03/2016

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

    No curso 2015/2016 comeza a impartirse o Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data. O máster foi avaliado positivamente pola Axencia Nacional Avaliadora e o 30/4/2015 foi declarado título oficial polo Consello de Universidades.

    Trátase dun dos primeiros másteres verificados a nivel nacional (e declarado de carácter oficial polo Consello de Universidades) na temática de Big Data.

    A finalidade do Máster é dar formación en aspectos avanzados científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos relacionados cun reto esencial das Tecnoloxías de Información na actualidade: a inxente cantidade de datos xerados e a necesidade de xestionalos eficaz e eficientemente para producir servizos de valor engadido. En concreto, o máster incide no procesamento, almacenamento e acceso a masivas cantidades de datos para exploralos e analizalos, extraendo coñecemento e realizando peticións.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:
    Obrigatorias: 42
    Traballo fin de máster: 18
    Total: 60

    Non se contemplan

  • A finalidade do Máster é dar formación en aspectos avanzados científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos relacionados cun reto esencial das Tecnoloxías de Información na actualidade: a inxente cantidade de datos xerados e a necesidade de xestionalos eficaz e eficientemente para producir servizos de valor engadido.

  • É un obxectivo primordial do programa o desenvolver as habilidades e competencias necesarias para o procesamento, almacenamento e acceso a masivas cantidades de datos (en variedade de formatos e utilizando estratexias eficientes de computación a gran escala), para explorar e analizar eses datos, extraendo coñecemento dos mesmos e realizando predicións, e para identificar novas áreas de negocio e servizos de valor engadido que, asistidos por este tipo de tecnoloxías intelixentes de axuda á decisión, poidan dar lugar a innovadores e competitivos produtos ou servizos para empresas ou institucións públicas.

  • Mobilidade

    A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais e do Servizo de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Facultade a través da “Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do vicedecano/a responsable de programas de intercambio. As facultades, ademais dos responsables citados arriba, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
    A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
    A USC, a través da Oficina de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da web, que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias. Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acolleita, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE) da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, a través da cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acolleita.
    En canto aos/as estudantes de acolleita, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.
    Cada alumno que recibimos ten asignado un titor académico, co que manteñen polo menos 3 reunións presenciais por cuadrimestre (ao comezo, a metade, e ao finalizar), separadamente dos contactos vía correo electrónico ou teléfono segundo sexa pertinente. Os titores son os encargados do seguimento dos alumnos e corresponden o primeiro punto de apoio dos mesmos para resolver os problemas que poidan xurdir ao alumno durante a súa estancia. Ao final da súa estancia volven reunirse co Coordinador Internacional para facer balance da mesma.
    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • O TFM consiste na análise, deseño, implementación e validación dun proxecto relacionado coas Tecnoloxías de Análises de Datos Masivos.
    Ten como obxectivo principal a análise, deseño, implementación e validación dun proxecto, realizado de forma individual, relacionado coas Tecnoloxías de Análises de Datos Masivos e no que se enfaticen algunhas das competencias adquiridas. Poderase desenvolver nunha empresa ou entidade con acreditada experiencia en proxectos de I+ D+ i, sendo cotutelado por un profesional do ámbito.
    O proxecto debe integrar en calquera caso compoñentes de innovación que vaian máis aló do mero desenvolvemento dunha aplicación, servizo ou liña de negocio estándares.
    O TFM debe promover a achega de valor engadido por parte do estudante en proxectos innovadores, e a súa relación directa co mercado de traballo ou con algún aspecto punteiro de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2025.