Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Enxeñaría Informática

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
aula de exeñería informática

O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), no ámbito da Informática

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501112
    Número prazas: 75

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MOSQUERA GONZALEZ

    Coordinador-a do título:
    Juan Carlos Pichel Campos
    juancarlos.pichel@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    A titulación de Grao en Enxeñaría Informática atende á formación universitaria inicial dun ámbito de coñecemento científico, académico e de un campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido, tanto no Estado Español coma en outros países de referencia. Nos últimos anos, ademais de grandes avances disciplinares, incrementouse notablemente un enfoque multidisciplinar en campos coma a Física, Química, Economía, Bioloxía ou Medicina.

  • Non se contemplan

  • Non se contemplan mencións.

  • A escola conta con 4 aulas para docencia de grupos grandes, catro máis pequenas e unha aula de proxectos, adecuada para realizar actividades de traballo en grupo e clases participativas, así como 6 aulas de informática para a docencia, equipadas con ordenadores. Así mesmo, existen dúas aulas de reunións para titorías.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta con dúas aulas de informática de acceso libre, dotada con ordenadores, e unha aula de traballo para preparación de traballos en grupo.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría conta con máis de 170 postos de lectura.

  • O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), no ámbito da Informática. Preténdese preparar profesionais cunha formación transversal e versátil; un/a enxeñeiro/a de amplo espectro e de doada adaptación a distintos ámbitos de traballo.
    Por iso a configuración do plan de estudos orientouse á adquisición, por parte do estudante, de coñecementos, capacidades e destrezas básicas dentro da especialidade e con mentalidade aberta para adaptarse aos novos escenarios que a súa traxectoria profesional lle poida demandar.

  • Mobilidade

    A Escola conta coa colaboración de varios profesores que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutelar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida, así como asinar os acordos académicos de mobilidade que aseguren que a acción se enmarque nos obxectivos e competencias do título. A Escola, a través do Responsábel Académico de Mobilidade e da Comisión de Título, promove a incorporación de novos acordos académicos baseándose en recomendacións de profesores coñecedores da universidade en cuestión, e vela porque as ditas accións sexan un complemento á formación dos estudantes do centro, avaliando anualmente a renovación de cada acordo.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O Plan de Estudos de Grao en Enxeñaría en Informática inclúe o recoñecemento de 9 créditos optativos por realización de prácticas externas

  • Os estudantes poderán inscribirse para a realización do Traballo Fin de Grao unha vez superados o 75% dos créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo, o estudante deberá superar todos os demais créditos necesarios para o título de Grao, isto é, polo menos 223,5 ECTS. Para non atrasar a graduación dos estudantes que reúnan os requisitos, a ETSE ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os dous cuadrimestres.

  • O curso ponte para os Enxeñeiros Técnicos en Informática de Sistemas consta de 60 créditos e está formado polas seguintes materias obligatorias do Grado en Enxeñaría Informática:

    • Computación Gráfica (4,5 créd.)
    • Administración de Sistemas e Redes (6 créd.)
    • Desenvolvemento de Aplicacións Web (6 créd.)
    • Interacción Persona-Ordenador (6 créd.)
    • Computación Distribuída (6 créd.)
    • Enxeñaría de Computadores (4,5 créd.)
    • Enxeñaría do Coñecemento (6 créd.)
    • Compiladores e Intérpretes (4,5 créd.)
    • Traballo Fin de Grao (16,5 créd.)

    Para obter o título de Graduado/a en Enxeñaría Informática, deberá acreditarse o coñecemento de nivel B1 dunha lingua estranxeira, de acordo cos niveis de referencia establecidos polo Marco Común Europeo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2022.