Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións (Presencial)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Pablo Quesada Barriuso
Contacto
pablo.quesada@usc.es

O Máster en Computación de Altas Prestacións, organizado polas universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), especializa aos alumnos nunha temática tan importante na actualidade como é o High Performance Computing (HPC).

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4316445
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 8

    Decano/a ou director/a do centro:
    JULIA GONZALEZ ALVAREZ

    Coordinador-a do título:
    Pablo Quesada Barriuso
    pablo.quesada@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade da Coruña

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2019

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

    A Computación de Altas Prestacións (HPC) permite a científicos e enxeñeiros resolver complexos problemas científicos, de enxeñaría e incluso de negocios, usando aplicacións que requiren gran ancho de banda, redes avanzadas e capacidades moi grandes de cálculo ou de análise de datos. Os profesionais que se forman nesta especialización posúen o coñecemento e as habilidades que necesitan empresas e institucións con centros I+D+i que queiran ou necesiten incorporar tecnoloxías emerxentes. O HPC está relacionado con temas tan de moda como os procesadores multinúcleo (antigamente específicos de grandes equipos informáticos, pero hoxe en día presentes en PC, tablets ou teléfonos móbiles), a computación na nube (cloud computing) ou o chamado Big Data.

    O Mestrado en Computación de Altas Prestacións, ten como obxetivo fundamental a formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no eido da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións. Isto incide en aspectos académicos, de investigación e de transferencia tecnolóxica que permitirá aos estudantes unirse a departamentos de I+D+i, centros tecnolóxicos ou comezar estudos de doutoramento no campo da computación de altas prestacións.

    Neste mestrado colaboran empresas multinacionais tan importantes como IBM, HP, Atos, Fujitsu, AMD, Amazon Web Services ou Gompute, así como o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 27
    Optativas: 12
    Prácticas externas 6
    Traballo fin de máster: 15
    Total: 60

    Non se contemplan

  • O Máster en Computación de Altas Prestacións, organizado polas universidades de A Coruña e de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), especializa aos alumnos nunha temática tan importante na actualidade como é o High Performance Computing (HPC).

  • Este Máster ten como principal obxectivo a formación de investigadores no campo da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións. Isto incide na formación académica, de investigación e de transferencia de tecnoloxía que permitirá aos estudantes incorporarse a centros ou departamentos de innovación, investigación e desenvolvemento, parques tecnolóxicos, parques industriais, centros de alta tecnoloxías, e/ou empezar a realización da tese doutoral na área da computación de altas prestacións. Igualmente, promóvense os valores sociais e ambientais relacionados coa informática, e un conxunto de competencias transversais orientadas ao desenvolvemento profesional, como son a capacidade de traballo en equipo, de dirixir grupos de traballo, de comunicación oral e escrita e, particularmente, a capacidade de seguir aprendendo ao longo da traxectoria profesional.

  • Mobilidade

    Potenciarase a mobilidade tanto de profesores como de estudantes, a través de programas de intercambio ou convenios con outras universidades do ámbito nacional ou internacional. Procurarase o seu financiamento a través da concorrencia a convocatorias promovidas pola Comunidade Europea, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Comunidade Autónoma e diversas fundacións.

    A Comisión Académica Interuniversitaria (CAI) terá como función titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida e planificará, dotará mecanismos de seguimento, avaliación, asignación de créditos e recoñecemento curricular da mobilidade de estudantes tanto entre as universidades involucradas no título como noutras universidades ou centros. A selección de candidatos levarase a cabo, para cada convocatoria ou programa, pola CAI, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que terán en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas vinculadas ao contorno profesional consistirán na execución dun traballo asociado a competencias desenvolvidas no transcurso da titulación. O estudante colaborará no desenvolvemento dun proxecto aplicando e integrando os coñecementos e as habilidades vinculadas ao mestrado. A práctica fixará uns obxectivos xerais, uns resultados de aprendizaxe e un plan de actuación. O número de créditos vinculados ás prácticas profesionais é de 6.

    As prácticas serán dirixidas por titores de perfil I+D+i no sector HPC. Asignarase a cada práctica un profesor-titor (interno á universidade) e un titor externo (persoal da empresa ou institución en que se realicen as prácticas) proposto pola entidade colaboradora. Ambos os titores proporán aos estudantes a resolución de problemas vixentes e reais nas institucións ou empresas colaboradoras e guiarán, asesorarán e avaliarán o traballo realizado polos estudantes. A avaliación final será realizada polo profesor-titor a partir dos informes do titor externo e da presentación do estudante da súa memoria de prácticas.

  • O traballo fin de máster consistirá no estudo dun tema de investigación e/ou desenvolvemento no campo HPC con obxectivos concretos alcanzables nun curto espazo de tempo.

    Para o seu desenvolvemento existirán dúas opcións:

    a) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas profesionais en institucións ou empresas

    b) A realización independente das ditas prácticas, que típicamente permitirá ao alumno introducirse de modo práctico nun traballo de investigación nalgunha das liñas en que traballan os grupos aos que pertence o equipo docente.

    En calquera caso, ao finalizar o traballo o alumno ten que presentar unha memoria final e defender o traballo perante unha comisión especializada. O traballo fin de máster só se poderá defender unha vez superados os restantes créditos da titulación.

  • O cadro docente do Máster en HPC está formado por profesores da ETSE da USC e da Facultade de Informática da UDC. Ademais ofertaranse Traballos de Fin de Máster tutelados por profesionais de empresa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.