Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Dirección de Proxectos

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Campus
Lugo
Coordinador/a
Carlos Amiama Ares
Contacto
carlos.amiama@usc.gal

O máster, aínda que ten un perfil profesional, permite o acceso aos estudos de doutoramento, orientado a titulados que na súa actividade profesional, necesitan formarse na dirección de proxectos. Os seus contidos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas dúas organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute e a International Project Management Association.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4310354
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Carlos Amiama Ares
    carlos.amiama@usc.gal

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    53/2008 do 13 de marzo (DOG do 28/03/2008)

    Data de publicación no BOE:
    9/12/2011

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    El máster aunque tiene un perfil profesional, permite el acceso a los estudios de doctorado de diferentes Programas, y específicamente al “Doctorado en Ingeniería para el Desarrollo Rural y Civil” de la USC.

    Está orientado a titulados que en el desempeño de su actividad profesional, descubren la necesidad de formarse en la dirección de proyectos. Sus contenidos formativos abarcan las áreas de conocimiento reconocidas por las dos organizaciones internacionales líderes en este campo: el Project Management Institute (PMI) y la International Project Management Association (IPMA).

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

    Obrigatorios 30;
    Prácticas en Empresa Obrigatorias 15;
    Traballo Fin de Máster 15;
    Total 60.

    Non se contemplan

  • O máster, aínda que ten un perfil profesional, permite o acceso aos estudos de doutoramento, orientado a titulados que na súa actividade profesional, necesitan formarse na dirección de proxectos. Os seus contidos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas dúas organizacións internacionais líderes neste campo: o Project  Management  Institute e a  International Project  Management  Association.

  • Conseguir profesionais cunha axeitada capacidade de dirección de proxectos, capacidade para levalos a cabo, diágnose dos problemas existentes e metodoloxías e coñecementos para a toma de decisións e resolución de problemas. Todo elo mellorando a eficiencia das actuacións das organizacións.

    Consideramos que se daría unha resposta a unha demanda crecente de profesionais tanto dende o ámbito particular, como da Administración e a empresa. Preténdese proporcionar ós estudiantes unha formación tecnica e metodolóxica avanzada e de calidade nos aspectos teóricos e prácticos que son de aplicación no ámbito da dirección de proxectos e polo tanto axudar a posta o día de profesionais neste ámbito, así como tamén potenciar a súa especialización.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    O período de prácticas en empresa dos estudantes será avaliado pola comisión académica, vistos os informes aportados polo titor e a empresa na que se destina o alumno. Ambos informes estarán a disposición dos coordinadores do Master para valorar ao alumno de modo individual, pero considerando todas as aportacións que presente no Master.
    O Master plantexa de xeito directo un módulo especificamene deseñado para a realización de prácticas en empresas ou administracións públicas por parte dos alumnos, todo elo dacordo coa vocación profesional do mesmo.
    As referidas prácticas en empresa deberán garantir un nivel axeitado para os traballos a realizar
    polo alumno, tanto a nivel competencial como de adicación. Para elo as empresas e actividades a realizar polos alumnos serán estudiadas pola comisión académica do Master a cal, ademáis de nomear un titor, de entre o claustro de profesores do Master, dará a súa aprobación a cada programa de prácticas proposto por cada alumno, e supervisará a estadía na empresa do alumno.
    Cumpre salientar que a avaliación final do alumno derivarase non só dos exames do primero módulo de materias, senón tamén do traballo realizado por o mesmo neste módulo de prácticas, a consideración da empresa onde levou a cabo a estadía, e o informe do titor académico.
    Na medida en que avancen as fases de tramitación do máster iranse incorporando convenios con
    empresas e outras entidades coas que se estableza a realización de prácticas ademais daquelas coas que xa existen convenios por parte das tres universidades organizadoras do mesmo. En canto a mobilidade, intentarase que os alumnos poidan asistir a seminarios específicos de formación, tanto organizados polo máster como existentes dende outros ámbitos universitarios ou empresariais.

  • Os alumnos realizarán un traballo de fin de Máster no que porán a proba os coñecementos adquiridos nas distintas materias. Dito traballo ademáis de supervisarse polos titores será revisado polos profesores do Máster das materias que estean mais directamente implicadas na memoria final. Establecerase unha comisión dos profesores do Máster que avaliarán de forma conxunta as aportacións do traballo.
    O traballo fin de Máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo. O realizar un traballo propio da xestión de proxectos deberá analizar o problema, elixir a solución mais axeitada para resolvelo, e implementar as actuacións para a posta en práctica desa solución, rematando cunha potencial avaliación dos resultados esperados.
    Preténdese establecer dous itinerarios distintos no densenrolo do traballo fin de máster. Posibilitase que o alumno desenrole un proxecto fin de máster aplicado á xestión dun proxecto, coa suficiente magnitude e, preferiblemente derivado dun encargo real. Tamén se permite que o alumno desenrole un traballo ligado á investigación no ámbito da Dirección de Proxectos. Os alumnos que se acollan a esta opción poderán darlle unha maior difusión ao seu traballo, dado que poderán presentalo a un workshop interuniversitario.

  • Imparten docencia no Máster Oficial en Dirección de Proxectos profesores da área de Proxectos de Enxeñería da USC, cunha ampla experiencia docente e investigadora. Así mesmo participan docentes da UDC ligados ao ámbito da Dirección de Proxectos.

    Ademais o máster conta coa participación de conferenciantes, de recoñecido prestixio, que expoñen as súas experiencias profesionais como directores de proxectos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.