Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer os procesos de xestión do tempo e dos custes do proxecto e, en particular, as técnicas para a elaboración do cronograma e do presuposto do proxecto, así como o seu control.
A materia ten tres partes claramente diferenciadas.
A primeira é a relativa á metodoloxía de xestión do tempo do proxecto. Nesta parte estudaranse os procesos implicados na xestión do tempo do proxecto:
1. Definición das actividades
2. Secuenciación das actividades
3. Estimación de necesidades de recursos para as actividades
4. Estimación da duración das actividades
5. Desenvolvemento do cronograma
6. Control do prazo.
Os conceptos e contidos específicos a tratar son:
Niveis de detalle da programación; programación en fervenza
Método Diagramación por precedencias (PDM) / camiño crítico para a análise de mallas.
Método Diagramación por Frechas (ADM)
Métodos xenéricos de estimación de necesidades de recursos: publicacións, bases de datos informáticas, estimación por desagregación.
Métodos xenéricos de estimación de duracións: por analoxía; mediante desagregación de recursos e produtividade; estimacións triplas; "buffers" de tempo.
Redución da duración do proxecto: técnicas de compresión do programa.
Análise "Que pasaría se... " (What if).
Programación con recursos limitados. Nivelación de recursos.
Método da cadea crítica
Aplicacións informáticas de programación e control do prazo e o seu uso.
Reprogramacións.
A segunda parte é a relativa á xestión de custos do proxecto. Nesta parte estudaranse os procesos implicados na xestión do custo do proxecto:
1. Planificar a xestión dos custos
2. Estimar os custos
3. Determinar o presuposto
4. Controlar os custos
Os conceptos e contidos específicos a tratar son:
Tipos xenéricos de estimacións: orde de magnitude, conceptual, preliminar, definitiva, de control.
Métodos xenéricos de estimación de custos: paramétrica; por analoxía; mediante desagregación de recursos, produtividade e ratios de custo; esti- mación baseada en actividades (Activity Based Costing ou Bottom-Up Costing); estimacións triplas; software de estimación; obtención de ofertas; presu- postos para continxencias e reservas.
Preparación do presuposto (cost baseline).
Seguimento do avance en custo e prazo: técnicas de valor gañado (Earned Value Management); curvas de avance.
A terceira parte está dedicada ao uso de ferramentas informáticas, en concreto Microsoft Project para o cal esta parte se desenvolverá na aula de informática.
Bibliografía básica
PMI Standards Committee. Guide to the Project Management Body of Knowledge (PMBOK Guide). Project Management Institute (USA).
PMI Standards Commitee. Guía de los Fundamentos de la Dirección de Proyectos (Guía del PMBOK). Project Management Institute (USA) (NOTA: tratase da traducción oficial o español da referencia anterior). PMI Standards Committee. Practice Standard for Scheduling. Project Management Institute (USA).
Bibliografía complementaria
Fleming, Q.W., Koppelman, J.M., “Earned value project management”, Project Management Institute, USA.
Goodpasture, J.C. Quantitative methods in project management. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA
Kuehn, U. (2006) Integrated cost and schedule control. Management Concepts, USA.
Romero, C. Técnicas de programación y control de proyectos, Pirámide, Madrid, España.
Smith, N J (ed). Project Cost Estimating. Thomas Telford Publications.
Taylor, J. Project scheduling and cost control. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
Uyttewaal, E. Dynamic scheduling with Microsoft Project 2003. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
Varios. Construction cost control. American Society of Civil Engineers (ASCE, USA).
Ward, S.A. Cost Engineering for Effective Project Control. Wiley.
Wideman, R.M. Cost control of capital projects and the project cost management system requirements. BiTech Publishers Ltd (USA).
Wideman, R.M. Cost control of capital projects. AEW Services, Vancouver, Canada.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos.
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
CT02 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
CT03 - Aprender a aprender.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
CT06 - Resolver problemas de forma efectiva
CT08 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
CT10 - Capacidade para abrirse ás achegas, suxestións, dúbidas e preocupacións doutros, de forma que o proxecto se poida beneficiar diso (actitude aberta).
CT11 - Capacidade para manterse firme nas posicións ou actuacións que favorecen ao proxecto (autoconfianza).
CT12 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
CT15 - Compromiso coa protección do medio e o desenvolvemento sostible
CT16 - Asumir con responsabilidade ética o seu papel profesional
Competencias específicas:
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), en ámbito de orientación aos resultados.
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do ámbito que rodea ao proxecto: á organización permanente que o desenvolvo; os programas e carteiras de proxectos; o ámbito económico, financeiro e mercantil; o ámbito tecnolóxico; e o ámbito legal.
CES07 - Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión de recursos, custos e prazos en proxectos
CES10 - Capacidade para xestionar os datos do proxecto e para redactar informes xornais e finais do proxecto.
CES14 - Capacidade para identificar e xestionar os cambios do proxecto.
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a dirección do proxecto foi exitoso.
Materia con 18 horas de clases expositivas e 24 horas interactivas.
A docencia presencial se impartirá a través de clases expositivas en grupos de 25 alumnos, empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.).
As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva, empregando materiais que permitan simular ao alumno a preparación de documentación necesaria na xestión do tempo e dos custos (formularios, listas de chequeo, etc.) así como programas informáticos para o desenvolvemento de técnicas específicas.
Sobre a base establecida na docencia expositiva e interactiva, os alumnos realizarán traballos dirixidos á elaboración dun portafolio, no cal inclúanse os elementos das sesións prácticas interactivas xunto co desenvolvido polos mesmos de forma non presencial. Os alumnos contarán co apoio de titorías para o desenvolvemento das actividades previstas.
Ademais, o Campus Virtual será empregado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Específicamente, empregaranse as seguintes metodoloxías:
• Leccións maxistrais e participativas
• Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
• Realización de presentacións dos traballos
• Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesións de discusión activa.
Mixta con casos prácticos e exame escrito e traballo de curso coma fío condutor. Avalíase o alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan unha proba escrita que abrangue as tres partes vistas: tempos, custos e Microsoft Proyect. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-25%-25%, entre o rendemento deste nas tres partes nas que se avalía este: proba escrita, rendemento nas prácticas (casos) e traballo de curso. Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas e traballos avaliarase o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As cualificacións dos casos prácticos, do traballo de curso e dos exames escritos conservaranse unicamente durante o curso académico.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
Proba escrita (50%): competencias avaliadas CB6, CB7, CB8, CB9, CES07, CES10, CES14, e CES 15.
Traballos prácticos vinculados coas competencias a adquirir (50%): competencias avaliadas, CG01, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT02, CT03, CT04, CT05, CT06, CT08, CES01, CES02, CES07, CES10, CES14, e CES 15.
O alumno recibirá 18 horas de docencia expositiva e participará en 24 horas de prácticas (docencia interactiva), nas que ademais será avaliado. Ademais contemplaranse 6 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 102 horas de traballo persoal.
Adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Participación activa nas clases e uso das titorías.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores
Martin Barrasa Rioja
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- martin.barrasa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade