Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 255 Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 45 Clase Interactiva: 60 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O proxecto fin de Master pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo. Realizar un traballo propio da xestión de proxectos deberá analizar o problema, realizar un traballo propio da xestión de proxectos elixir a solución máis axeitada para resolvelo, e realizar un traballo propio da xestión de proxectos implementar as actuacións para a posta en práctica desa solución, finalizando cunha potencial avaliación dos resultados esperados.
O tema de traballo será de suficiente magnitude, preferiblemente derivado dun encargo real. Cada alumno dispoñerá dun titor para realizar o seguimento continuo e dinámico deste.
Considérase a posibilidade de que o alumno elixa como traballo fin de máster unha temática propia da dirección de proxectos para afondar e investigar nesa liña de traballo.
Desenvolverase o proxecto, definido na proposta que o alumno presenta, a cal debe ser aceptada pola Comisión Académica do Máster, que definirá os seus termos de referencia, de forma que poida realizalo no tempo dispoñible. É dicir, terase unha especial consideración na programación do traballo proyectual. Por outro lado, terase en conta a intervención da maior parte das áreas de coñecemento definidas no programa de estudos do primeiro módulo do Máster, así como o resto de aspectos proyectuales..
O conxunto da bibliografía recomendada en cada unha das materias que compoñen o plan de estudos.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun PG.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo autodirixido ou autónoma.
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
CT02 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
CT03 - Aprender a aprender.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
CT07 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas e de xestión
CT08 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
CT09 - Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto.
CT10 - Capacidade para abrirse ás achegas, suxestións, dúbidas e preocupacións doutros.
CT11 - Capacidade para manterse firme nas posicións ou actuacións que favorecen ao proxecto (autoconfianza).
CT12- Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
CT13 - Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
CT15 - Compromiso coa protección do medio e o desenvolvemento sostible
CT16 - Asumir con responsabilidade ética o seu papel profesional
Competencias específicas:
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos, en ámbito de orientación aos resultados
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do ámbito que rodea ao proxecto
CES03 - Estimar a viabilidade económica e financeira dun proxecto, e definir os seus obxectivos
CES04 - Capacidade de crear a EDT do proxecto, incluíndo o establecemento dos límites do proxecto e os seus entregables, e de crear a estrutura organizativa
CES05 - Capacidade de crear outras estruturas de desagregación (de traballos, organizativa, de riscos, entre outras).
CES06 - Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión da calidade en proxectos
CES07 - Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión de recursos, custos e prazos CES08 - Capacidade para seleccionar a estratexia contractual mais axeitada
CES09 - Coñecer unha metodoloxía e técnicas para a GR
CES10 - Capacidade para xestionar os datos do proxecto e para redactar informes periódicos e finais
CES11 - Coñecer unha metodoloxía específica para a xestión dos RRHH
CES12 - Partes interesadas: capacidade para identificar as partes interesadas
CES13 - Capacidade para redactar o PG dun proxecto cunha visión integradora das diferentes áreas directivas, e para realizar actividades de lanzamento e peche efectivos
CES14 - Capacidade para identificar e xestionar os cambios
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a DP foi exitosa
NOTA: na proposta definiranse aquelas competencias específicas que serán obxeto de evaluación en cada TFM.
Materia de 15 créditos ECTS, equivalente a unhas 375 horas de traballo persoal dedicado á elaboración do TFM. Todo o concernente ao desenvolvemento do traballo está regulado e recollido no Regulamento de Traballos Fin de Máster.
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/eps/descargas_MDP/Reg…
Proba ante Tribunal: competencias avaliadas: Todas as asignadas.
Presentación, exposición e defensa ante tribunal calificador. O procedemento de avaliación axústase ao establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster para o cal se desenvolveu unha rúbrica específica.
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/eps/descarg…
Proba ante Tribunal : competencias evaluadas: Todas as asignadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
O alumno dispón dun mínimo de 375 horas de traballo autónomo, apoiado polas titorías que pode formular a calquera profesor do máster e o seguimento individualizado do titor que se lle asignase.
Basearse nas recomendacións do titor ao longo da elaboración do traballo