Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 373 Horas de Titorías: 1.5 Clase Interactiva: 0.5 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realizar un contacto inicial cunha organización empresarial desenvolvendo actividades de dirección de proxectos ou relacionais.
Actividade profesional anticipada para pór en valor os aspectos teóricos recibidos no módulo I do Máster. Adecuaranse ao establecido no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC.
O presente Máster ten previsto no seu programa docente un 2º módulo para a realización de "Prácticas en empresas", con 375 horas de dedicación prevista que se desenvolverá durante dez semanas.
Estanza de dez semanas nunha empresa ou unidade da Administración relacionada coa dirección de proxectos. O labor a realizar deberá ter unha compoñente clara de dirección de proxectos ou de apoio á devandita dirección. Intentarase que a empresa se dedique ao campo de especialización polo que o alumno teña mostrado preferencia.
O principio da estanza farase, en forma de contacto, unha aproximación aos termos de referencia do traballo a realizar significando os aspectos formativos para o alumno. Este traballo deberá ser levado a cabo por un representante da empresa, preferiblemente que se vaia encargar de tutelar o alumno, e por outro lado polo seu titor.
Non procede.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
CT09- Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto, intentando chegar a unha solución satisfactoria para todos, incluíndo as posibles situacións de conflito e crise
CT10 - Capacidade para abrirse ás achegas, suxestións, dúbidas e preocupacións doutros, de forma que o proxecto se poida beneficiar diso (actitude aberta).
CT11 - Capacidade para manterse firme nas posicións ou actuacións que favorecen ao proxecto (autoconfianza).
CT12 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
CT13 - Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
CT15 - Capacidade para a xeración de alternativas medioambientalmente sostibles
CT16 - Exercicio da profesión baixo principios deontolóxicos
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
CT02 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
CT03 - Aprender a aprender.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
CT06 - Resolver problemas de forma efectiva
CT07 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas e de xestión
CT08 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
Competencias específicas:
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), en ámbito de orientación aos resultados.
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do ámbito que rodea ao proxecto: á organización permanente que o desenvolvo; os programas e carteiras de proxectos; o ámbito económico, financeiro e mercantil; o ámbito tecnolóxico; e o ámbito legal.
CES03 - Estimar a viabilidade económica e financeira dun proxecto, e definir os seus obxectivos
CES04 - Capacidade de crear a estrutura de desagregación de traballos do proxecto, incluíndo o establecemento dos límites.
do proxecto e os seus entregables, e de crear a estrutura organizativa do proxecto
CES05 - Capacidade de crear outras estruturas de desagregación (de traballos, organizativa, de riscos, entre outras).
CES06 - Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión da calidade en proxectos.
CES07 - Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión de recursos, custos e prazos en proxectos.
CES08 - Capacidade para seleccionar a estratexia contractual mais axeitada.
CES09 - Coñecer unha metodoloxía e técnicas para a xestión de riscos en proxectos.
CES10 - Capacidade para xestionar os datos do proxecto e para redactar informes xornais e finais do proxecto.
CES11 - Coñecer unha metodoloxía específica para a xestión dos recursos humanos do proxecto
CES12 - Partes interesadas: capacidade para identificar as partes interesadas no proxecto e os seus intereses, e para priorizalos
CES13 - Capacidade para redactar o plan de xestión dun proxecto cunha visión integradora das diferentes áreas directivas
(alcance, prazo, custo, calidade, ), e para realizar actividades de lanzamento e peche efectivos do proxecto
CES14 - Capacidade para identificar e xestionar os cambios do proxecto.
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a dirección do proxecto foi exitoso.
Materia con 375 horas de carga docente, nas que o alumno, ademais de realizar os labores encomendados terá titorías individualizadas co titor da USC e o titor externo e deberá realizar unha memoria de prácticas, obxecto de avaliación.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
As prácticas externas avaliaranse a partir dos informes emitidos polos titores na empresa (50 %), así como da memoria de prácticas elaborada polo alumno (50 %).
A memoria ha de adecuarse ao disposto no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC. A memoria (de non menos de 15 páxinas, arial 11, interlineado 1,5) ha de conter os seguintes ítemes:
a) Datos persoais do estudante.
b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas e lugar de situación.
c) Descrición concreta e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado.
d) Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias adquiridos en relación cos estudos universitarios.
e) Relación dos problemas formulados e o procedemento seguido para a súa resolución.
f) Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g) Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
Na avaliación da memoria dos alumnos valorarase a adecuación ao solicitado, así como aspectos relativos á expresión e a presentación do documento.
No que se refire ao informe final do titor (obrigado para todos) ha de axustarse ao modelo proporcionado no campus virtual. Conterá ademais do grao de satisfacción do titor coas prácticas realizadas, o número de horas realizadas polo estudante (375 horas) e as principais actividades realizadas. Adicionalmente valoraranse aspectos relacionados coa capacidade de organización e planificación, capacidade de aprendizaxe, ....
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
Competencias avaliadas con memoria e informes do titor. Todas as da materia.
10 semanas de estancia, que representan 375 horas de traballo.
. Facer uso frecuente das titorías cos titores da empresa e a USC, para un mellor aproveitamento das prácticas.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores