Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ao alumno uns termos de referencia acerca do campo de coñecemento da Dirección de Proxectos que lle permitan adquirir unhas destrezas básicas para afrontar con éxito o máster. Introducir ferramentas básicas, de carácter transversal, e amplamente utilizadas en distintos ámbitos das organizacións xestionadas por proxectos. Proporcionar a alumno unha visión global do máster relacionando os distintos aspectos formativos e a súa distribución cronolóxica, de forma que se facilite a comprensión dos fitos do máster, así como dos obxectivos formativos esixidos en cada fito. Analizar diferentes formas de organizacións, comparándoas e avaliando a aplicación das metodoloxías de dirección de proxectos a cada unha delas. Introducir o alumno nos sistemas de certificación en dirección de proxectos máis estendidos actualmente.
A materia presenta tres partes diferenciadas. En primeiro lugar realizarase unha introdución xeral aos conceptos básicos dá dirección de proxectos, incluíndo as asociacións internacionais relacionadas coa dirección de proxectos, a súa visión do corpo de coñecementos e os sistemas de certificación que empregan. A segunda parte tratará sobre os aspectos organizativos da dirección de proxectos, mentres que a terceira se dedica aos procesos da dirección do proxecto
Conceptos básicos.
Proxectos e xestión de proxectos. Xestión de programas. Carteiras de proxectos e Xestión de Carteiras de Proxectos (Portfolio). A certificación en dirección de proxectos. Fases e ciclos da vida do proxecto. Axentes no proxecto. Organización e estruturas de organización de proxectos. A oficina de Xestión de Proxectos. Os modelos de madureza en dirección de proxectos. Procesos na dirección de proxectos. Interaccións entre procesos. Organización dos procesos.
Contidos prácticos
Análise de organizacións. Avaliación da idoneidade da transformación a organización por proxectos. Manexo de ferramentas e técnicas comunmente utilizadas en Dirección de Proxectos (técnicas de xeración de alternativas, de análise e de decisión). Desenvolvemento de matriz de involucrados en proxectos específicos. Analoxías e diferenzas en competencias entre distintos estándares de certificación en dirección de proxectos.
A resolución creativa de problemas: Práctica de Creatividade. Práctica de Análise DAFO e Práctica de Análise Multicriterio.
Bibliografía básica
IPMA. Bases para la competencia en dirección de proyectos. NCB 3.0.
PMI Standards Committee. Guide to the Project Management Body of Knowledge PMBOK Guide). Project Management Institute (USA).
PMI Standards Commitee. Guía de los Fundamentos de la Dirección de Proyectos (Guía del PMBOK). Project Management Institute (USA) (NOTA: se trata de la traducción oficial al español de la referencia anterior). PMI Standards Committee. Practice Standard for Scheduling. Project Management Institute (USA).
Bibliografía complementaria
Amándola, L.J. Estrategias y tácticas en la dirección y gestión de proyectos Valencia : Editorial de la UPV
Chu, M., Altwies, D., Walker, E. Achieve PMP exam success. J. Ross Publishing, USA
de Cos, M. Teoría general del proyecto. Síntesis, España.
Frame, J. D. La nueva dirección de proyectos : herramientas para una era de cambios rápidos.Barcelona : Granica
Ibbs, C.W., Kwak, Y.H. Assessing project management maturity. Project Management Journal, Vol. 31, No. 1, pp. 32-43, Project Management Institute, USA.
Kerzner, H. Project management case studies, Wiley
Kerzner, H. Project management, Wiley
Lewis, J.P. Planificación, programación y control de proyectos. Ediciones S.
Lewis, James P. Las claves de la gestión de proyectos. GESTION 2000.
Lock, D. Project Management. Gower Publishing.
Meredith, J.R., Mantel, S.J. Project management. A managerial approach. John Wiley, New York, USA.
Morris, P.W.G. The Management of Projects. Thomas Telford Publications, London.
Morris, Peter W.G., Pinto, Jeffrey K. The Wiley guide to managing projects. John Wiley.
Pereña, J. Dirección y gestión de proyectos. Madrid : Díaz de Santos.
Phillips, J. PMP study guide. McGraw-Hill.
Turner, J.R. The handbook of project-based management: improving the processes for achieving strategic objectives. The Henley Management Series, McGraw Hill.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
CT02 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
CT03 - Aprender a aprender.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
CT07 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas e de xestión
CT08 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
CT10 - Capacidade para abrirse ás achegas, suxestións, dúbidas e preocupacións doutros, de forma que o proxecto se poida beneficiar diso (actitude aberta).
CT12- Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
CT13 - Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
CT15 - Capacidade para a xeración de alternativas medioambientalmente sostibles
CT16 - Exercicio da profesión baixo principio deontolóxicos
Competencias específicas:
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), en ámbito de orientación aos resultados.
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do ámbito que rodea ao proxecto: á organización permanente que o desenvolve; os programas e carteiras de proxectos; o ámbito económico, financeiro e mercantil; o ámbito tecnolóxico; e o ámbito legal.
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a dirección do proxecto foi exitosa.
Materia con 9 horas expositivas e 12 horas interactivas.
A docencia presencial se impartirá a través de clases expositivas en grupos de 25 alumnos, empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.), fomentando a participación activa do alumnado.
As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva, con seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos, su presentación e discusión.
Así mesmo contémplanse 3 horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática obxecto de estudo.
Os alumnos contarán co apoio de titorías para o desenvolvemento das actividades previstas. Ademáis, o Campus Virtual será empregado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Específicamente, empregaranse as seguintes metodoloxías:
• Leccións maxistrais e participativas
• Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
• Realización de presentacións dos traballos
• Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesións de discusión activa.
Mixta con casos prácticos e exame escrito. Avalíase o alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan unha proba escrita. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento deste nas dúas partes nas que se avalía este: proba escrita e rendemento nas prácticas (casos). Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas avaliará o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As cualificacións dos casos prácticos e dos exames escritos conservaranse unicamente durante o curso académico.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
Proba escrita (50%): competencias avaliadas CB6, CB7, CB8, CB9, CES07, CES10, CES14, e CES 15.
Traballos prácticos vinculados coas competencias a adquirir (50%): competencias avaliadas, CG01, CB7, CB8, CB9, CB10, CT02, CT03, CT04, CT05, CT07, CT08, CT10, CT12, CT13, CT14, CT15, CT16, CES01, CES02, e CES15.
O alumno recibirá 9 horas de docencia expositiva e participará en 12 horas de prácticas (docencia interactiva), nas que ademais será avaliado. Ademais contemplaranse 3 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 51 horas de traballo persoal.
Adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Participación activa nas clases e uso das titorías.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores
Martin Barrasa Rioja
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- martin.barrasa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade