Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ao alumno uns termos de referencia acerca das particularidades da dirección de proxectos en diferentes campos de actividade, correlacionar as cos contidos teóricos e demostrando o potencial aplicativo das metodoloxías de dirección de proxectos.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Particularidades dá dirección de proxectos en diferentes campos de aplicación, incluíndo os aspectos lexislativos, de xestión de licenzas e de seguridade e saúde:
Maduración de proxectos
- Proxectos de construción.
- Proxectos no sector enerxético.
- Proxectos de construción naval.
- Proxectos de planificación e desenvolvemento rural.
- Proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
- Proxectos de informática.
- Proxectos de I+D+i.
Bibliografía complementaria sobre proxectos de construcción
• Austen, A.D., Neale, R.H. Managing construction projects, International Labour Office, Geneva, Switzerland
• Bailey, G., Coles, D. Construction project management. Elsevier, UK
• Blockley, D., Godfrey, P. Doing it differently: systems for rethinking construction. Thomas Telford, London, UK.
• Halpin, D.W. Construction management. Wiley
• Mateos, J. La programación en la construcción", Ed. Bellisco.
• Naylor, H. Construction project management. Delmar publishers.
• Project Management Institute Design-Procure-Construct SIG. The ABCs of DPC. Project Management Institute.
• Trauner, T. J. Managing the construction project. Wiley.
• Twort, A.C., Rees, J.G. Civil engineering project management. Elsevier Butterworth Heynemann, Oxford, UK
• Whittaker, R. Project management in the process industries. Wiley.
Bibliografía complementaria sobre proxectos informáticos
• Bohem, B.W., DeMarco, T.; "Software risk management", IEEE Software, Vol. 14, nº 3, pp. 17-19.
• Conrad, T.P. Managing complex software projects. Experiences with real-time mission-critical systems. In "Managing and
modelling complex projects", Proceedings of the NATO Advanced Research Workshop "Managing and modelling complex projects"
held in Kiev, Ukraine, November 1996 (Editor: Williams, T.M.), pp. 123-143, Kluwer Academic Publishers, Netherlands
• Down, A, Coleman, M & Absolon, P; "Risk management for software projects", IBM-McGraw Hill.
• Johnson, J. My life is failure. The Standish Group International, Inc.
• King, D. Project management made simple: a guide to successful management of computer systems projects. Yourdon Press.
• O'Connell, F. How to run successful projects. Prentice Hall.
• Purba, S., Sawh, D. & Shah, B. How to manage a successful software project. Wiley.
• Quang, P.T. & Gonin, J.J. Dirección de Proyectos Informáticos. Ed. Gestión 2000.
• Standish Group (1995); "Chaos. Study on software project failures", http://www. standishgroup.com/chaos.html
Bibliografía complementaria sobre a dirección de proxectos noutros campos
• Fernández, F., Blasco, J.; "Dirección y gestión de proyectos. Aplicación a la dirección audiovisual", Edición Universitat Politécnica
de Catalunya.
• Rowe, S.F. Project management for small projects. Management Concepts, USA.
• Thamhain, H.J., “High tech projects”, Project Management Institute, USA.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
CT12- Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
CT13 - Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes.
CT15 - Capacidad para la generación de alternativas medioambientalmente sostenibles.
CT16 - Ejercicio de la profesión bajo principios deontológicos.
CT02 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
CT03 - Aprender a aprender.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
Competencias específicas:
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), en ámbito de orientación aos resultados.
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do ámbito que rodea ao proxecto: á organización permanente que o desenvolvo; os programas e carteiras de proxectos; o ámbito económico, financeiro e mercantil; o ámbito tecnolóxico; e o ámbito legal.
CES07 - Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión de recursos, custos e prazos en proxectos
CES08 - Capacidade para seleccionar a estratexia contractual mais axeitada
CES12 - Partes interesadas: capacidade para identificar as partes interesadas no proxecto e os seus intereses, e para priorizalos
CES13 - Capacidade para redactar o plan de xestión dun proxecto cunha visión integradora das diferentes áreas directivasn(alcance, prazo, custo, calidade, ), e para realizar actividades de lanzamento e peche efectivos do proxecto
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a dirección do proxecto foi exitoso.
Nesta materia impartiranse 7 charlas por conferenciantes de recoñecido prestixio no ámbito da xestión de proxectos en diferentes ámbitos (I+D, construción, informática, banca...). As charlas teñen un carácter eminentemente participativo, interactuando continuamente os alumnos e o relator.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Mixta avaliando a participación do alumno nas charlas e as memorias a presentar a continuación de cada unha das charlas, nas que se sinteticen os aspectos de maior interese expostos polo relator, así como opinións subxectivas do alumnos acerca do tema abordado. As memorias supoñerán un 70% da cualificación, asignándose o 30% restante á asistencia ás charlas.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 70% das charlas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo coordinador.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico. Os alumnos con dispensa avaliaranse únicamente en función dos traballos presentados.
Participación en charlas: competencias avaliados (10%) CB1, CB7, CB8, CB9, CES10, CES12, e CES 15.
Traballos prácticos vinculados coas competencias a adquirir (60%): competencias avaliadas CB1, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT02, CT03, CT04, CT05, CT12, CT13, CT15, CES0,y CES02, CES07, CES08 e CES13.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
Presenciais. Asistencia a 14 horas de teoría e de práctica, baseadas en ao asistencia á conferencia e á intervención nos debates posteriores.
Non presenciais. Formúlanse 34 horas divididas entre a preparación do debate posterior á conferencia e a realización dos informes de cada unha das sesións.
Relacionar as conferencias cos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos no resto de materias. Estudo previo do tema a tratar nas particularidades de dirección de proxectos, para comprender e asimilar mellor os conceptos da conferencia. Participación activa nas clases e uso das titorías.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores
Carlos Amiama Ares
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade