Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
• Coñecer os procesos de planificación e control de conxunto do proxecto, comprendendo a faceta de integración que iso supón sobre todas as áreas funcionais da dirección deste (alcance, prazo, custo, calidade...).
• Elaborar o plan de xestión dun proxecto sinxelo, de tamaño reducido e baixa complexidade.
• A través da resolución de casos prácticos, introducirse na toma de decisións de control durante a execución do proxecto.
• Comprender o labor das reunións de lanzamento e peche do proxecto.
• Comprender o labor dos peches administrativo e contractual do proxecto.
• Comprender a necesidade de documentar o aprendido do presente proxecto para o seu uso en proxectos futuros.
Parte I. Introdución á xestión da integración
- Integración á xestión da integración
- Aplicación práctica a un caso sinxelo
Parte II. Integración transversal do proxecto
- Plans estratéxicos
- Actas de constitución de proxectos
- Plans de xestión
- Plans de control integrado de cambios
Parte III. Elaboración do documento
- Plan de xestión básico do proxecto transversal
- Elaboración dun plan de xestión e proxecto
- Integración das principais áreas
- Integración final e definición final de alcance
Na materia, empregarase a seguinte bibliografía básica:
• PMI 2013. Guía de los fundamentos para la dirección de proyectos (guía del PMBOK®) -- Quinta edición. Project Management Institute, Pensilvania.
• AEIPRO 2009. NCB. Bases para la competencia en dirección de proyectos. Versión 3.1. Asociación Española de Ingeniería de Proyectos – International Project Management Association. Editorial UPV.
Ademáis, recomendase ó alumno a consulta da seguinte bibliografía complementaria:
• Kerzner, H. 2006. Project Management. A systems approach, scheduling and controlling. John Wiley & Sons, New Jersey.
• Kerzner, H. 2003. Project management workbook to accompany project management : a systems approach to planning, scheduling and controlling. John Wiley & Sons, New Jersey.
• Cleland, D.I., Bursic, K.M., Puerzer, R.J. & Vlasak, A.Y. 2010. Case situations in project and program management. Project Management Institute, Pennsylvania.
• PMI 2011. Practice standard for project estimating. Project Management Institute, Pennsylvania.
Nesta materia o alumno adquirirá ou poñerá en práctica unha serie de competencias básicas e xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas da xestión da integración na dirección de proxectos. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias transversais
CT09 - Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto, intentando chegar a unha solución satisfactoria para todos, incluíndo as posibles situacións de conflito e crise
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
CT06 - Resolver problemas de forma efectiva
Competencias específicas
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), en ámbito de orientación aos resultados
CES05 - Capacidade de crear outras estruturas de desagregación (de traballos, organizativa, de riscos, entre outras).
CES13 - Capacidade para redactar o plan de xestión dun proxecto cunha visión integradora das diferentes áreas directivas (alcance, prazo, custo, calidade), e para realizar actividades de lanzamento e peche efectivos do proxecto
CES14 - Capacidade para identificar e xestionar os cambios do proxecto
A docencia presencial impartirase a través de clases expositivas en grupos de 25 alumnos (9 horas), empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.). As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva (10 horas), empregando materiais que permitan simular ao alumno a integración das diferentes áreas de coñecemento da dirección de proxectos a través dun plan de xestión.
Sobre a base establecida na docencia expositiva e interactiva, os alumnos realizarán traballos dirixidos á elaboración dun portafolio (traballo fío conductor), no cal se inclúan os elementos das sesións prácticas interactivas xunto co desenvolvido por estes de forma non presencial. Os alumnos contarán co apoio de titorías para o desenvolvemento das actividades previstas. Ademáis, o Campus Virtual será empregado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Especificamente, empregaranse:
• Leccións maxistrais e participativas
• Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
• Realización de presentacións dos traballos
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesión/é de discusión activa
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Mixta con casos prácticos e exame oral. Avalíase o alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan unha proba oral na que expoñerán un plan de xestión da integración (resultado do traballo fío conductor). A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento deste nas dúas partes nas que se avalía este: proba oral e rendemento nas prácticas (casos). Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas avaliará o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As cualificacións dos casos prácticos e dos exames orais conservaranse unicamente durante o curso académico.
Probas orais ou escritas (50%): Competencias avaliadas CB6;CB10; CT09; CT06; CES01; CES05
Traballos prácticos e portafolios (50%): Competencias avaliadas CG01; CB7; CB8; CB9; CT04; CT14; CT01; CT09; CES05; CES13; CES14
"En casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no" Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisar as cualificacións ".
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico.
Estudo de materiais docentes durante a impartición da materia, 6 horas. Preparación de prácticas, 30 horas. Elaboración de memorias de prácticas, 10 horas. Preparación do exame e avaliación, 5 horas. Total: 51 horas de traballo persoal.
Recoméndase adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Así mesmo, poñerase a disposición dos alumnos o material docente para o seu estudo previo ás sesións expositivas, de forma que poidan comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Anímase os alumnos á participación activa nas clases e uso das titorías.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores
Mario Valladares Lopez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- mario.valladares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU