Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Humanidades
Complexo docente do Campus de Lugo, 27002
Lugo
982824700 (Conserxaría)
982824703 (Decanato)
fhdeca@usc.gal
Campus
Lugo
facultade de humanidades

O Grao en Ciencias de Cultura e Difusión Cultural conecta ámbitos formativos e profesionais tradicionalmente distantes, pero que, cada vez máis, se necesitan entre si Entre os obxectivos deste título está formar humanistas que saiban transmitir os seus coñecementos e que sexan capaces de xerar, valorar e transmitir contidos culturais.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502440
    Número prazas: 40

    Decano/a ou director/a do centro:
    GONZALO FRANCISCO FERNANDEZ SUAREZ
    gonzalofrancisco.fernandez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
    gonzalofrancisco.fernandez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10

    Data de publicación no BOE:
    22/02/2011 (mod. semipresencial: 6/11/2017)

    Data da última acreditación:
    09/06/2016

    O Grao en Ciencias de Cultura e Difusión Cultural conecta ámbitos formativos e profesionais tradicionalmente distantes, pero que, cada vez máis, se necesitan entre si. Entre os obxectivos deste título está formar humanistas que saiban transmitir os seus coñecementos (un xestor dun museo, un técnico dun concello ou unha fundación, un profesor de ensinanzas medias) e que sexan capaces de xerar, valorar e transmitir contidos culturais (o asesor dunha páxina web sobre arte ou filosofía, o editor dunha colección de obras literarias, o creador dun videoxogo sobre a Guerra Civil española). Precisamente, o obxectivo final desta titulación é o de borrar ou esvaer estas distincións que establecemos, para crear un novo profesional que posuirá á vez coñecementos xerais garantes dunha capacitación interdisciplinar e saberes especializados.

    A formación conxunta en saberes humanísticos e en estratexias para a xestión e a difusión dos contidos culturais a través dos novos sistemas de comunicación audiovisual (redes sociais, páxinas web, etc.) é un dos principais atractivos do título.

  • Non se contemplan

  • Non se contemplan

  • A facultade de Humanidades conta con seis aulas de propósito xeral, con diversas capacidades. Ao estar situada nun complexo docente que agrupa tres centros, esta facultade tamén ten acceso a ao aulario común cunha capacidade superior. A Facultade dispón tamén de seminarios e, así mesmo, dun laboratorio de idiomas cunha capacidade aproximada de 20 postos.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    Unha aula de informática dotada de ordenadores.
    Unha sala de lectura con máis de 50 postos.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros. A Biblioteca conta con máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • 1. Formación multidisciplinar do estudante, dentro do campo das Letras e das Ciencias sociais e xurídicas.
    2. Desenvolvemento da súa capacidade para relacionar os contidos das distintas disciplinas do ámbito humanístico.
    3. Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural e valorar a necesidade de conservar a devandita diversidade.
    4. Coñecemento dos diversos procesos históricos que conduciron, ao longo dos séculos, ao mundo de hoxe.
    5. Comprender as raíces da nosa cultura e os procesos diacrónicos da sociedade e do pensamento humano que conduciron ao mundo de hoxe.
    6. Reflexión sobre os problemas do mundo actual, con obxecto de analizalos desde unha posición crítica e construtiva.
    7. Familiarización do estudante cos diferentes sectores que conviven no ámbito da cultura entre os seres humanos: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural, as linguas naturais (nas súas vertentes oral e escrita), os códigos alternativos (como a lingua de signos), os espectáculos audiovisuais (cine e teatro)…
    8. Preparación para o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Externas Optativas
    De acordo co Art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico por realización de prácticas externas relacionadas co título dun máximo de 6 créditos optativos, segundo o acordado polo centro.

  • poderase realizar unha vez superados os 198 créditos de curso obrigatorio. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superados todos os demais créditos necesarios para o título de grao, isto é, polo menos 234 ECTS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2021.