Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo da materia historia de España é a presentación, análise e discusión das grandes transformación ocorridas en España no período de tempo que se estende entre a constitución dos reinos hispánicos (ss. XI-XIII) e a consolidación democrática e o nacemento do estado das autonomías (s. XX). Preténdese que o alumnado consiga unha comprensión da xénese e desenvolvemento dos principais procesos históricos que ten vivido a sociedade española, que atenda á multicausalidade e que coñeza os conceptos fundamentais que definen a evolución espazo-temporal dos mesmos co obxecto de asimilar unha visión plural e crítica da conformación da sociedade, a economía, o sistema político e a cultura no momento actual. Dous obxectivos máis específicos serán, por unha banda, conseguir que o alumno se achegue aos contidos xerais da materia a partir do coñecemento de conceptos e correntes intelectuais da Historiografía e por outra parte, prestar atención aos procesos de cambio económico, politico e social.
Os contidos da materia organízanse arredor de dous eixos temáticos. O primeiro deles céntrase no coñecemento da Historia de España na idade moderna, en concreto veranse en detalle as estruturas da economía e da sociedade, as manifestacións culturais (Renacemento, Barroco e Ilustración) e os procesos políticos acontecidos en España ao longo dos séculos XVI-XVIII. O segundo dos eixos da materia consiste na presentación e análise dos debates e temas centrais que plantexa o estudo do período de tempo que se estende entre finais do século XVIII e a actualidade. Preténdese especialmente que o alumnado adquira unha visión axeitada da xénese e desenvolvemento histórico dos principais procesos que se relacionan máis directamente coa configuración actual de España (formación da democracia, articulación económica do país no contexto internacional), de acordo co seguinte programa:
BLOQUE I. HISTORIA MODERNA DE ESPAÑA
1. Poboación, economía e sociedade
2. Institucións e política na España do Antigo Réxime
3. Cultura española e pensamento moderno
BLOQUE II. HISTORIA DE ESPAÑA CONTEMPORÁNEA
1. Poboación e economía
2. Institucións e política na España contemporánea
3. Os cambios sociais na etapa contemporánea
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA XERAL
MALUQUER DE MOTES, J, La economía española en perspectiva histórica: siglos XVIII-XXI, Barcelona: Pasado & Presente, 2014.
PEREZ, J., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2000.
TUSELL, J.; MARTÍN, J. L.; MARTINEZ SHAW, C., Historia de España, 2 vol. Madrid: Taurus, 2001.
VALDEÓN, J.; PEREZ, J.; JULIÁ, S., Historia de España. Madrid: Austral, 2003.
VIDAL, P., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2008.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE I
BUSTOS RODRÍGUEZ, M., Época moderna: de la monarquía hispánica a la crisis del Antiguo Régimen. Madrid, Silex, 2007.
FLORISTÁN, A. (coord.), Historia de España en la edad moderna, Ariel, 2004.
GARCÍA CÁRCEL, R., La España Moderna: siglos XVI y XVII, Vol. 3, Madrid, 1993
GARCÍA-BAQUERO GONZÁLEZ, A. et alii, El reformismo borbónico (1700-1789), Barcelona, 1988.
MARCOS MARTÍN, A., España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Barcelona, 2000.
MARTÍNEZ RUIZ, E. et alii., La España Moderna, Madrid, Istmo, 1992.
RODRÍGUEZ GARCÍA, J; y CASTILLA SOTO, J; Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna. Barcelona, 1998.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE II
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939): política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2004.
BERNECKER, W., España entre tradición y modernidad: política, economía, sociedad: (siglos XIX y XX), Madrid, Siglo XXI, 1999.
CASANOVA, J., Historia de España en el siglo XX, Barcelona, Ariel, 2017.
GRACIA, J.; RUIZ CARNICER, M.A., La España de Franco (1939-1975). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2004.
URÍA, J., La España liberal (1868-1917). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2008.
Competencias xerais:
1) Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área de Historia de España derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e acercamentos recentes (CG1)
2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da Historia de España (CG2).
3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos da historia de España) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CG3).
4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado (CG4).
5) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (CG5).
Competencias transversais:
1) Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (CT2).
2) Habilidade no uso das novas tecnoloxías (CT3)
Competencias específicas:
1) Adquisición de coñecementos profundos acerca da Historia de España (CE4).
2) Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa historia de España (CE5).
3) Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (CE6).
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
F
Luisa Maria Muñoz Abeledo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- luisamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Cabana Iglesia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
28.05.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
02.07.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |