Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia contribúe á consecución de tres OBXECTIVOS XERAIS que aparecen na memoria da titulación.
1. O primeiro deles está relacionado coa adquisición de contidos:
Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana, tanto no pasado como na actualidade: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural (desde os documentos escritos aos medios audiovisuais), as linguas naturais (nas súas vertentes oral e escrita), etc., preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.
2. O segundo persegue a experimentación de certos procedementos:
Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas formulados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
3. O terceiro, e último, ten como finalidade o fomento de actitudes positivas:
Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural, e valorar a necesidade de conservar toda esa diversidade.
Ao mesmo tempo, os principais OBXECTIVOS ESPECÍFICOS que singularizan esta materia con relación a todas as demais do currículo son:
1. Proporcionar coñecementos ao alumnado que lle permitan comprender e analizar o ámbito cultural e as diversas formas de comunicación e interacción no mundo global.
2. Desenvolver o dominio de técnicas e métodos para a análise do funcionamento dos diferentes patróns comunicativos nas interaccións interculturais.
3. Facilitar a comprensión dos procesos de produción e interpretación propios da interacción entre falantes de diversas linguas e culturas en contextos variados (escolar, sanitario, administrativo, etc.).
4. Proporcionar recursos para xestionar a complexidade e diversidade lingüística e resolver conflitos ligados ao contacto de linguas e ao choque de diferentes patróns comunicativos
nas relacións interpersoais.
5. Iniciar aos estudantes na aplicación dos coñecementos pragmáticos a ámbitos profesionais como a mediación intercultural e a planificación comunicativa de empresas e institucións.
TEMA 1. As principais dimensións da comunicación intercultural: a comunicación verbal e non verbal en diferentes culturas. Posta en valor da eficacia comunicativa.
TEMA 2. Actos de fala. Tipos de actos ilocutivos. A indirección na comunicación intercultural.
TEMA 3. Interpretación e inferencia. O principio de cooperación e as máximas conversacionais. A universalidade do principio de cooperación.
TEMA 4. Cortesía. Diferencias comunicativas e valores socioculturais.
TEMA 5. A xestión da conversa en contextos multilingües e interculturais. As quendas de fala.
TEMA 6. Aplicacións da Pragmática intercultural. Novos perfís profesionais: a figura do mediador intercultural.
Bibliografía básica:
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen. Libro + DVD.
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
Bibliografía complementaria:
1. Introducións á pragmática
HUANG, Yan (ed.) (2017): The Oxford Handbook of Pragmatics. Oxford University Press
LEECH, Geoffrey N. (1983): Principles of Pragmatics. London: Longman. Tradución española de Felipe Alcántara Iglesias: Principios de Pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja. 1998.
LEVINSON, Stephen C. (1983): Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press. Tradución española de África Rubiés Mirabet: Pragmática. Barcelona: Teide. 1989.
MOESCHLER, Jacques & Anne Reboul (1999): Diccionario enciclopédico de pragmática. Madrid: Arrecife.
ÖSTMAN, Jan-Ola and Jef VERSCHUEREN (2010): Handbook of pragmatics. .Amsterdam: J. Benjamins
PAYRATÓ, Lluís (2018): Introducción a la pragmática: una perspectiva sobre el lenguaje en acción. Madrid: Síntesis
REYES, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
VERSCHUEREN, Jef (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española de Elisa Baena Pedraza & Marta Lacorte: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos. 2002.
2. Introducións á comunicación intercultural
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BRAVO, Diana & Antonio BRIZ (eds.) (2004): Pragmática sociocultural: estudios sobre el discurso de cortesía en español. Barcelona: Ariel
CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SENFT; Gunter, Jan-Ola ÖSTMAN & Jef VERSCHUEREN (eds.) (2009): Culture and Language Use. Amsterdam: John Benjamins.
SPENCER-OATEY, Helen (ed.) (2008): Culturally Speaking. Culture, Communication and Politeness Theory. London: Bloomsbury. 2ª ed.
Competencias xerais
G2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
G4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias específicas
E1 Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender as distintas compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
E3 Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais.
E9 Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Competencias transversais
T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
T3 Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo, só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría coa docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a asimilación dos contidos e a adquisición das competencias da materia. Este exame da primeira oportunidade realizarase na data oficial establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a asimilación dos contidos e a adquisición das competencias da materia. Este exame da segunda oportunidade realizarase na data oficial establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Montserrat Souto Gomez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
30.05.2025 12:30-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |