Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia revisa o nacemento e posterior desenvolvemento da cibercultura e dos “new media”, identifica os seus formatos e linguaxes, e ofrece as ferramentas para impulsar estratexias de produción, xestión e difusión cultural a través dos mesmos. O obxectivo é que o alumnado adquira os coñecementos e as competencias necesarias para incorporarse ás dinámicas de planificación e implementación de accións comunicativas neste eido.
Como fin último, trátase de que manexe o espazo virtual, as súas consecuencias transformadoras no campo cultural e os seus fluxos de comunicación; que poda identificar os elementos e as técnicas que conflúen na elaboración e implementación de estratexias de comunicación nas organizacións culturais; e que o alumnado coñeza, en definitiva, a nova cultura da sociedade rede.
Son, pois, obxectivos desta materia:
1) Coñecer o espazo virtual, as utopías xeradas e as manifestacións da relación entre cultura e ciberespazo.
2) Identificar os referentes na construción e posterior desenvolvemento da cibercultura co obxectivo de comprender a nova cultura da sociedade rede.
3) Entender o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información, dotando ao alumnado dos coñecementos para o manexo do espazo virtual e o desenvolvemento efectivo de estratexias de comunicación e difusión cibercultural.
4) Analizar a cultura do ordenador, as técnicas e formas de expresión da cibercultura actual, os social media, a súa incidencia social e a súa relación co mercado cultural.
5) Propoñer e desenvolver iniciativas de comunicación on line no campo da cibercultura.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
1. Aproximación ao concepto de cibercultura na nova territoralidade comunicacional: orixe, evolución, situación actual. Cultura da converxencia, intelixencia colectiva. Do consumidor ao prosumidor.
2. Novos formatos interactivos: da dixitalización de textos á experiencia do usuario.
Nova orde social: transformación da realidade social e tecnolóxica. O mundo dixital e os seus procesos. O papel das redes sociais na construción da cibercultura.
3. Narrativas transmedia e evolución da web. Definición, principios, elementos básicos, estratexias.
Conceptos de storytelling/engagement na difusión cultural.
4. Estratexias de comunicación on line aplicadas á cibercultura e ás redes sociais. Principios, ferramentas e formatos do marketing on line. Novos perfís profesionais na investigación e comunicación online.
5. Novos modelos de produción, financiación e distribución cultural no ciberespacio. A creación colectiva na rede. Evolución do usuario: de prosumidor a producto.
6. Nova orde cultural no ecosistema comunicativo: transformación da realidade social e tecnolóxica. Ecoloxía da comunicación. Modelos e análise. Humanidades dixitais.
- Bibliografía básica:
BELL, D. J. (2003): Cyberculture: The Key Concepts. Routledge.
CARR, NICHOLAS G. (2009). El gran interruptor. El mundo en red, de Edison a Google. Deusto.
SÁNCHEZ-MESA, D. (ed.) (2019). Narrativas transmediales. Las metamorfosis del relato en los nuevos medios digitales. Barcelona, Gedisa.
PISCITELLI, A. (2002). Ciberculturas 2.0. En la era de las máquinas inteligentes. Buenos Aires: Paidós.
SCOLARI, C. A. (2013): Narrativas transmedia. Barcelona: Deusto. Grupo Planeta.
(2015). Ecología de los medios. Barcelona: Gedisa.
- Bibliografía complementaria:
AGUADO, J.M. y MARTÍNEZ, I.J. (2008): Sociedad móvil. Tecnología, identidad y cultura. Madrid: Biblioteca Nueva.
BIRKERTS , S. (1999). Elegía a Gutemberg. Madrid: Alianza Editorial.
CASTELLS, M. (2005): La era de la información: economía, sociedad y cultura: I. La sociedad red. Madrid: Alianza Editorial.
CASTELLS, M. (2000): Internet y la Sociedad Red. Conferencia de Presentación del Programa de Doctorado sobre la Sociedad de la Información y el Conocimiento. Universitat Oberta de Calalunya.
DERY, M. (1998): Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Ediciones Siruela.
DRUCKER, P. (1969): The Age of Discontinuity: Guidelines to our Changing Society. New York: Harper & Row, New York.
FISCHER, M. (2007): Website boosting: optimizar los buscadores, usabilidad y Marketing web. Barcelona: Marcombo.
GALLEGO, J.A. (2012): Todo lo que hay que saber de Comunidades virtuales y Redes Sociales. Valencia: Wolters Kluwer.
GARCÍA, B. (2009): Gabinetes de comunicación on line. Sevilla: Comunicación. GERE, C. (2002). Digital culture. Reaktion Books.
GARCÍA CANCLINI, Néstor, 2004, Diferentes, desiguales y desconectados. Mapas de la interculturalidad, Barcelona, Gedisa. (2011).
GUBERN. R. (2007): Del bisonte a la realidad virtual. Barcelona: Anagrama.
HOLTZMAN, S. (1997): Digital Mosaics. The Aesthetics of Cyberspace. Nueva York: Touchstone.
JENKINS, H. (2008): Convergence culture: La cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Barcelona: Paidós Comunicación.
KERCKHOVE, D. (2009): Inteligencia en conexión: hacia una sociedad de la web. Barcelona: Gedisa.
KROEBER, A. L. e PARSONS, T. (1958): “The Concepts of Culture and Social System”, Sociological Review, 23, 582-3.
LANDOW, G. P. (2009): Hipertexto 3.0. Teoría crítica y nuevos medios en la era de la globalización. Barcelona: Paidós.
LÉVY, P. (2007): Cibercultura: la cultura de la sociedad digital. Barcelona: Anthropos Editorial.
LIPOVETSKY, G. y SERROY, J. (2009): La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era hipermoderna. Barcelona: Anagrama.
NIELSEN, J. y LORANGER, H. (2006): Usabilidad. Prioridad en el diseño web. Madrid: Anaya.
MIRZOEFF, N. (2003): Una introducción a la cultura visual. Barcelona: Paidós.
NEGROPONTE, N. (1995). Mundo digital. Barcelona: Ediciones B.
SALVAT, G. (2000): La experiencia digital en presente continuo. Madrid: Universidad Europea de Madrid.
SARTORI, G. (1998): Homo videns. La sociedad teledirigida. Madrid: Taurus.
TOFFLER, A. (1980): La tercera Ola. Bogotá: Plaza & Janés. Bogotá.
TURKLE, S. (1997). La vida en la pantalla. La construcción de la identidad en la era de internet. Barcelona: Paidós Ibérica.
Son competencias específicas desta materia:
1) Coñecer o espazo virtual e a súa influencia nos cambios nas relacións sociais e nos fluxos de comunicación.
2) Identificar e desenvolver os elementos que se empregan na elaboración e implementación de estratexias de comunicación ao servizo dos intereses de visibilidade mediática das organizacións culturais.
3) Revisar as pautas que definen a planificación e execución da xestión da comunicación on line.
Como recolle a memoria do Grao, son tamén
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da vangarda destes dous campos de estudo; [Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes]
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura
CG3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CG4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CG5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 - Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
ESPECÍFICAS
CE7 - Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
CE8 - Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE9 - Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só poden matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación, pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría coa docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
2ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación".
150 horas, segundo o contemplado na memoria destes estudos.
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
23.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 12 |