Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Habilitar ao alumnado para comprender a configuración do complexo sistema cultural público galego e as relacións entre os seus diferentes axentes e cos espazos/contedores da cultura. Avaliar o mercado da cultura en Galicia e os factores que o compoñen (lingua, poboación, renda, importación/exportación/ etc.). Capacitar ao estudante para comprender a normativa autonómica galega en materia cultural e coñecer a súa evolución histórica.
Marco legal autonómico da cultura e a súa relación co marco estatal. Políticas culturais autonómicas. Articulación institucional da cultura: Xunta, deputacións, concellos e outros axentes. Infraestruturas culturais. Circuítos de exhibición cultural (libros, cinema, música, museos, redes, institucións e organismos). Patrimonio cultural galego: axentes conservadores e difusores. Mercados profesionais da cultura. Industrias culturais en Galicia. Públicos, audiencias e mercados. Factores lingüísticos e socio lingüísticos na creación e difusión cultural. Fuentes de datos para a análise dos sectores culturais. Aspectos etnográficos e sociolóxicos do sistema cultural galego.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A CULTURA EN GALICIA: MARCO LEGAL
1.1. Marco legal autonómico da cultura galega
1.2. Relación do marco autonómico co marco estatal e europeo
1.3. As políticas culturais en Galicia
1.3.1. O papel das administracións
1.3.2. Gasto en cultura
TEMA 2. ARTICULACIÓN INSTITUCIONAL DA CULTURA GALEGA
2.1. Organismos e entidades con competencias en materia cultural:
2.1.1. Xunta
2.1.2. Deputacións
2.1.3. Concellos
2.1.4. Outros: asociacións e entidades
2.2. A posición dos actores políticos en relación á cultura
TEMA 3. AS INDUSTRIAS CULTURAIS GALEGAS
3.1. Os diferentes sectores e as súas características
3.2. Desafíos actuais
3.3. Retos de futuro
TEMA 4. INFRAESTRUTURAS CULTURAIS
4.1. Os mercados profesionais da cultura
4.2. Os circuítos de exhibición
4.3. O público e as audiencias
4.4. Emprego e acción exterior
TEMA 5. PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
5.1. Os axentes conservadores e de difusión
5.2. Factores lingüísticos e sociolingüísticos na creación e difusión cultural
5.3. Aspectos etnográficos e sociolóxicos
5.4. Fontes de datos para a análise dos sectores culturais
5.5. Feminismo e cultura
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Lectura de textos e reflexións que axuden á comprensión do sistema cultural galego
• Debate en grupos reducidos arredor de diferentes supostos prácticos facilitados pola docente
• Traballos individuais de análise a partir de acontecementos culturais galegos
• Traballo de grupo final co desenvolvemento dun suposto práctico atendendo á análise cultural baseada en fontes de datos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bustamante Ramírez, E. (2011). Industrias creativas. Barcelona: Gedisa.
Consello da Cultura Galega (2022). Barómetro da cultura galega 2022. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Domínguez, Y (2021). Maldito estereotipo. ¡Así te manipulan los medios y las imágenes!. Barcelona: Penguin Random House Grupo Editorial.
Dijk, T. (2011). Sociedad y discurso. Barcelona: Gedisa.
Losada Díaz, J.C. (coord.) (2004). Gestión de la comunicación en las organizaciones. Barcelona: Ariel.
Martínez, T. J. (2016). La gestión cultural: Conceptos y experiencias. Madrid: Delta Publicaciones Universitarias.
Orduña-Malea, E. (2014) Gestión Cultural Innovación y Tendencias. Valencia: Editorial Tirant Humanidades.
Peirano, M. (2019) El enemigo conoce el sistema. Madrid: Debate.
VV.AA (2018). Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
VV.AA (2011). Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Zallo R. (2011). Estructuras de la comunicación y de la cultura. Políticas para la era digital. Barcelona: Gedisa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bustamante Ramírez, E. (Coord.) (2003). Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación: industrias culturales en la era digital. Barcelona: Gedisa.
Bustamante Ramírez, E. (Coord.) (2002). Comunicación y cultura en la era digital: industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa.
Camus Camus, Carmen et. al. (2007). La creatividad como instrumento de comunicación: análisis, procedimientos y aplicaciones. Santander: Universidad de Cantabria.
Caves, R. E. (2000). Creative Industries: Contracts between Art and Commerce. Cambrigde: Harvard University Press.
Devesa Fernández, M .(2006). El Impacto económico de los festivales culturales. Madrid: SGAE-Fundación Autor.
Eurostat (2016). Cultural Statistics. Luxemburgo: Publications Office of the European Union.
Freixanes, V. e Meixide, A. (2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia.
Instituto de estatística de la Unesco (2009). Marco de Estadísticas Culturales (MEC) de la UNESCO. París: Unesco.
Linheira, J. (2018). La cultura como reserva india. Treinta y seis años de políticas culturales en Galicia. Madrid: Editorial Hispalibros.
Lorenzo, M. (2017). As políticas culturais en Galicia. Grial: revista galega de cultura, nº215. p.61-73.
Mosco, V. (2009). Economía política de la comunicación. Reformulación y renovación. Barcelona: Bosch Comunicación.
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Madrid: Taurus.
Patino, B. (2020). La civilización de la memoria de pez. Madrid: Alianza Editorial.
Russ, J. (2018). Cómo acabar con la escritura de las mujeres. Madrid: Editorial Dos Bigotes/ Editorial Barrett.
Zafra, R. (2017). Después del entusiasmo. Madrid: Anagrama.
Zafra, R. (2015). Ojos y capital. Bilbao: Consonni.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da vangarda destes dous campos de estudo; (Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes).
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CG3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e a Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1- Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas.
CT2- Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperante nos procesadores informáticos.
CT3- Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE7- Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
CE8- Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE9- Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só poden matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación, pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría coa docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
2ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación".
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO (60 HORAS)
24 h. Clases teóricas. Presentación e explicación dos temas, análises e debates.
24 h. Clases prácticas (Seminarios para presentar e debater exercicios e traballos realizados).
6 h. Titorización individual do alumnado.
4 h. Actividades de avaliación.
2 h. Outras actividades.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO (90 HORAS)
40 h. Estudo autónomo individual ou en grupo.
50 h. Lecturas recomendadas e planificación e execución de prácticas.
Valorarase de forma positiva o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, o seguimento das actividades programadas e o seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC. Así como unha actitude proactiva nas aulas. Recoméndase que o alumnado realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema co fin de seguir de forma correcta o temario e a adquisición de competencias.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, alén diso, todos os procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán seren avaliados.
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
20.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 12 |