Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Materia de 6 créditos, equivalentes a 150 horas de traballo (60 presenciais, 90 non presenciais), que se impartirá en español.
1.- Coñecer as principais correntes literarias do século XX no eido da lingua castelá, asi como os xéneros, autores e obras máis representativos das mesmas.
2.- Profundizar na práctica do comentario de textos literarios en castelá coa fin de apreciar os aspectos estéticos da lingua e as achegas dos autores máis relevantes do século XX.
3.- Coñecer e manexar as fontes primarias e secundarias da literatura do século XX en español.
4.- Apreciar a linguaxe artística e fomentar o hábito de leitura coa fin de mellorar a expresión persoal tanto a nivel oral como escrito.
5.- Procurar un espíritu crítico, analítico e informado.
Contidos Teóricos
Primeiro bloque: LITERATURA HISPANOAMERICANA DOS SÉCULOS XX E XXI
I. MODERNISMO E VANGARDAS.
O movemento modernista en Hispanoamérica. Características Xerais. Periodización, Principais autores e obras.
A Vangarda en Hispanoamérica. Características. Principais correntes e autores.
Leitura obrigatoria: textos seleccionados polo profesor.
II. MEDIADOS DE SÉCULO XX. Innovacións e rupturas. O real marabilloso e a literatura fantástica. O "Boom" da novela hispanoamericana.
A poesía de mediados de século.
Leitura obrigatoria:
Carpentier: El reino de este mundo.Ed. Akal. Borges: relato “El aleph”. Textos poéticos seleccionados polo profesor.
IV. ÚLTIMO TERZO DE SÉCULO Á ACTUALIDADE.
Características. Principais tendencias narrativas e poéticas en Hispanoamérica dende 1973.
Leitura obrigatoria: Textos poéticos seleccionados polo profesor.
Segundo bloque: LITERATURA ESPAÑOLA DOS SÉCULOS XX E XXI
I. MODERNISMO E VANGARDAS.
Principais tendencias e autores da narrativa a poesía e o teatro.
Leitura obrigatoria:
Ramón del Valle-Inclán, Luces de bohemia, ed. A. Zamora Vicente, Madrid, Espasa, Austral.
II. MEDIADOS DE SÉCULO XX
Principais tendencias e autores da narrativa, a poesía e o teatro en España no período
Leitura obrigatoria: Textos poéticos seleccionados polo profesor. Luis Martín Santos: Tiempo de silencio, Madrid: Seix Barral, 2007.
III. ÚLTIMO TERZO DE SÉCULO Á ACTUALIDADE.
Principais tendencias e autores da narrativa a poesía en España dende 1975.
Leitura obligatoria:Textos seleccionados polo profesor.
CONTIDOS PRÁCTICOS.
I. Realización das lecturas obligatorias indicadas.
II. Comentarios de textos, probas de lectura, presentación orais.
Os profesores indicará oportunamente as actividades que deben realizar os alumnos: comentarios de texto ao longo do curso, así como controis periódicos por escrito das lecturas, ou presentacións orais. As actividades poden sufrir reaxustes en función da marcha do curso.
I. Realización das leituras obrigatorias indicadas.
II. Realización de Cuestionarios e Comentarios de textos.
O alumno realizará cuestionarios por cada tema e comentarios de texto que irá entregando ao profesor nos prazos marcados ao longo do curso.
Bibliografía básica e complementaria
Esta materia ten créditos. Poderá escribir un máximo de caracteres nesta sección.
LEITURAS BÁSICAS (OBRIGATORIAS):
Os textos seleccionados polo profesor estarán a disposición dos alumnos no Campus Virtual. Cando se trate de textos completos, o alumno deberá recurrir as obras completas (preferiblemente ás edición indicadas) pola súa conta.
LITERATURA HISPANOAMERICANA
Carpentier: El reino de este mundo. Madrid, Akal.
Borges: relato “El aleph”. En Ficciones, Madrid, Alianza.
Antoloxía de textos representativos (selección do profesor).
LITERATURA PENINSULAR
Ramón del Valle-Inclán, Luces de bohemia, ed. A. Zamora Vicente, Madrid, Espasa, Austral.
Antoloxía de textos poéticos representativos (selección do profesor).
Luis Martín Santos: Tiempo de silencio, Madrid: Seix Barral, 2007.
I. LITERATURA HISPANOAMERICANA
FERNÁNDEZ, Teodosio, E. Becerra y S. Millares. Historia de la literatura hispanoamericana, Madrid: Universitas, 1995
FERNÁNDEZ, Teodosio, La poesía hispanoamericana del siglo XX. Madrid: Anaya, 1991.
GÁLVEZ, Marina. La novela hispanoamericana del siglo XX. Madrid: Taurus, 1987.
OVIEDO, José Miguel. Historia de la literatura hispanoamericana, Vol.4.Madrid: Alianza, 2001.
VILLANUEVA, D. Y J. M Viña Liste. Trayectoria de la novela hispanoamericana actual. Madrid: Espasa Calpe, 1991
II. LITERATURA PENINSULAR
ALVAR, Carlos, J. C Mainer y R. Navarro, Breve Historia de la Literatura Española. Madrid: Alianza, 1998.
GRACIA, J. y D. Ródenas, Historia de la literatura española. Siglo XX: 1939-2010, Barcelona: Crítica, 2011.
MAINER, J.C Breve Historia de la literatura española. Madrid: Alianza Editorial.
MAINER, J.C Historia de la literatura española.6. Modernidad y nacionalismo 1900-1936, Madrid: Crítica, 2010.
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Manual de literatura española. Tafalla: Cénlit,1980-2000.
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Historia esencial de la literatura española. Madrid: EDAF, 2000.
RICO, F. (ed.): Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica, 1980-2000 (vols. 6-9).
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
-Ampliación de coñecementos sobre literatura e a tradición literaria.
- Capacidade para o comentario riguroso e sistemático de obras literarias.
- Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
-Busca, coñecemento e analise de información bibliográfica.
- Mellora da capacidade comunicativa, tanto a nivel oral como escrito.
-Desenvolvemento do espíritu crítico e informado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Adquisición de coñecementos profundos acerca desta materia do ámbito humanístico, en especial sobre literatura hispánica do século XX.
- Mellora da capacidade comunicativa, tanto a nivel oral como escrito, a través da leitura e apreciación das obras literarias hispánicas do século XX.
- Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos literarios.
- Desenvolvemento do espíritu crítico e informado sobre a materia abordada.
- Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
Neste curso, é unha materia en extinción, sen dereito a docencia, e só con dereito a exame.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, que supoñerá o 100% da cualificación, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, que supoñerá o 100% da cualificación, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Como é materia en extinción, o alumno pode dedicar o tempo que estime oportuno e necesario.
Espérase que o alumno prepare adecuadamente as clases (debe ler ás obras e textos con anterioridade á presentación dos temas) e que teña unha participación activa, informada e pertinente nas CLASES PRÁCTICAS (INTERACTIVAS).
Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluíndo cuestións de métrica e recursos retóricos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Claudio Rodriguez Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- claudio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
10.01.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |