Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os dous grandes obxectivos da materia son:
1. Ofrecer ao alumnado una visión panorámica do proceso de formación histórica de Galicia, con especial incidencia nos aspectos sociais, políticos, económicos e culturais que axuden a enmarcar a comprensión da sociedade galega actual e a súa identidade específica no marco da Península Ibérica e de Europa.
2.Propiciar o desenvolvemento dun sentemento de identificación, respeto, aprezo e curiosidade cara a Historia de Galicia.
1. A Historia de Galiza como concepto e como método
2. A Galiza castrexa
3. A Galiza romana
4. A Galiza xermánica
5. A Galiza altomedieval
6. A Galiza de Xelmírez (ss. XII-XIII)
7. A Galiza dos Irmandiños (ss. XIV-XV)
8. A Galiza do Antigo Réxime (I): foros, fidalgos e frades
9. A Galiza do Antigo Réxime (II): cultura letrada e cultura popular
10. A Galiza Contemporánea (I). Culturas políticas: liberalismo, republicanismo, nacionalismo.
11. A Galiza Contemporánea (II): A construción da Galiza democrática. Da "cultura do medo" á acción colectiva
AA.VV. (1991). Galicia. Historia. A Coruña (varios tomos)
AA.VV. (1995). Historia de Galicia. A Coruña (varios tomos)
AA.VV (1998). Atlas Histórico de Galicia, Vigo.
Arias Vilas, F. (1992). A romanización de Galicia. Vigo
Artaza Montero, M.M. (1998), Rey, reino y representación. La Junta General del Reino de Galicia. Madrid
Baliñas Pérez, C. (1998), Gallegos del año Mil. A Coruña.
Barreiro Fernández, X.R. (2008). O carlismo galego. A Coruña
Barreiro Fernández, X.R. (2009). Historia social da Guerra da Independencia en Galicia. Vigo
Cabo Villaverde, M. (1998). O agrarismo galego. Vigo
Calo Lourido, F. (1997). A cultura castrexa. Vigo
Carballo, F. (et al.) (1991). Historia de Galicia. Vigo
Dubert, I. (1992). Historia de la familia en Galicia durante la época moderna, A Coruña
Eiras, A. (coord.) (1998). El reino de Galicia en la monarquía de Felipe II. Santiago de Compostela
Framiñán, A. (2005), Galicia na Idade Media, A Coruña.
Fernández Prieto, L. (1992). Labregos con ciencia. Sociedade, estado e innovación tecnolóxica en Galicia (1850-1936). Vigo
Beramendi, J. (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo
Juana, J. de e Prada, J. (coords.) (2005). Historia contemporánea de Galicia. Barcelona
Míguez Macho, A. ( (2011), Historia breve de Galicia, Madrid
Portela, E. e Pallares, M.C. (1992). De Galicia en la Edad Media. Santiago de Compostela
Precedo Garazo, A. (2002). Os devanceiros dos pazos. Santiago de Compostela
Rey Castelao, O. (2010). Historia das mulleres en Galicia. Idade Moderna. Santiago de Compostela
Saavedra, P. (1992). A vida cotiá na Galicia do Antigo Réxime. Santiago de Compostela
Vázquez Varela, X.M. (et al.) (1996). Nova historia de Galicia, A Coruña
Villares, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo
1G Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeneral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da avangarda destes dous campos de estudo
2G Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura
3G Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
4G Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
5G Que los estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe
necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía
T1 Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en
situacións comunicativas diversas
T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal
axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos
E4 Adquisición de coñecementos profundos acerca de calquera materia do
ámbito humanístico
E5 Capacidade de elaboración de comentarios razonados e críticos de obras e
textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico
E6 Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de
iniciación elemental á investigación
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Jose Carlos Baliñas Perez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Cabana Iglesia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
15.01.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
13.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |