Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. O coñecemento dos elementos máis representativos da mitoloxía greco-romana, a través da lectura e análise de textos.
2. Interpretación dos mitos a través de diferentes enfoques metodolóxicas.
3. Coñecemento da recepción do mito na cultura occidental: literatura, iconografía, música, películas, etc.
1. Delimitación da materia e definición
2. Principais fontes mitográficas antigas. Principais ferramentas modernas para o estudo
3. Cronoloxía dos mitos. Grecia e Roma
4. Interpretación dos mitos. Puntos de vista e problemas
a.Simbolismo e alegorismo: o mito de Prometeo
b.Da pseudo-racionalización ao historicismo: o ciclo cretense
c.Astralismo: os mitos de Orión
d.Ritualismo: o mito de Adonis
e. Estructuralismo: Dumézil, o Mahabharata e as orixes de Roma.
f. O “folklorismo”. Tipos e “motifemas” da narración mítica e folklórica: o mito de Perseo.
5. Os deuses
a. Cosmogonía e teogonía: as xenealoxías primordiais
b. Do caos á orde: o mito da sucesión.
c. Os deuses olímpicos: historia, competencias y atributos
6. Os héroes
a. As genealogías heroicas
b. O exterminio dos héroes e o fin da era heroica en Grecia
d. A sua continuación romana: de Eneas á fundación da Urbe
BIBLIOGRAFIA
Aarne, A: Verzeichnis der Märchentypen, Helsinki 1928, ampliada e traducida ao inglés en Thompson, S: The Types of the Folktale, Helsinki 1961 = Aarne-Thompson, Los tipos del cuento folklórico, Helsinki 1995; y Motif-Index of Folk Literature, Bloomington 1955-58, 6 vols.
Aguion, I. et al.: Héroes y dioses de la Antigüedad, Madrid 1997
Bayet, J.: La religión romana. Historia política y psicológica, Madrid 1984
Burkert, W: Religión griega, arcaica y clásica, Madrid 2007
Contreras Valverde, J.-Ramos Acebes, B.-Rico Rico, I.: Diccionario de mitología romana, Madrid 1992
Davidson Reid, J.: The Oxford Guide to Classical Mythology in the Arts (1330-1900), 2 vols., Oxford 1993
Dumèzil, G.: Mito y epopeya, 3 vols., México 1996.
Eliade, M: Aspects du mythe, Paris 1963
Eliade, M: Historia de las creencias y las ideas religiosas, Madrid 1978-1983 (5 vols.)
Falcón, C.-Fernández-Galiano, E.-López Melero, R.: Diccionario de mitología clásica, Madrid 1981
Fontenrose, J.: Python, Berkeley 1980
Frazer, J.G., The Golden Bough, 12 vols, 1907-1914= La rama dorada, México 1944
Gallardo López, Mª D.: Manual de mitología clásica, Madrid 1995
Gantz, T.-Hazel, J.: Early Greek myth: a Guide to Literary and Artistic Sources, London 1996
García Gual, C.: Diccionario de mitos, Barcelona 1997
García Gual, C.: Introducción a la mitología griega, Madrid 2005
Gantz, T.-Hazel, J.: Early Greek myth: a Guide to Literary and Artistic Sources, London 1996
Graves, R.: Los Mitos griegos, Madrid 1996 (2 vols.), vol 1, pp. 369-70.
Grimal, P.: Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona 1982
Howatson, M. C.: Diccionario de la literatura clásica, Madrid 1995
Kirk, G. S.: El mito. Su significado y funciones en las distintas culturas, Barcelona 1973
Kytzler, B.: Breve diccionario de autores griegos y latinos, Madrid 1989
Lexicon Iconographicum Mythologiae Classical (LIMC)
Martín, R. (dir.): Diccionario de la mitología griega y romana, Madrid 1996
Olmo Lete, G. (dir.): Mitología y religión del Oriente antiguo, vol. I: Egipto y Mesopotamia; vol. II/1-2: Semitas Occidentales; vol. III: Indoeuropeos, Sabadell 1993-1999
Lamas, M.: Mitologia geral, vol. I: Mitologias dos primitivos actuais, das Américas, egípcia, suméria, asírio-babilónica, hitita, fenícia, pré-helénica, grega e romana; vol. II: Mitologias germânica, eslava, báltica, ugro-finlandesa, celta, ibérica, persa, indiana, budista, chinesa e japonesa, Lisboa 2000
Preller, L.-Robert.C.: Griechische Mythologie, Berlin 1964 (4 vols.)
Roscher, W.H., Ausführliches Lexikon der greichischen und römischen Mythologie, Hildesheim 1977-1978 (10 vols.)
Rose, H.J., Mitología Griega, Madrid 1973
Ruiz de Elvira, A.: Mitología Clásica, Madrid 1988
Seznec, J.: Los dioses de la Antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, Madrid 1983
Talbert, J. A., (ed.): Atlas of Classical History, London-Sydney 1985
Vernant, J. P.: Mito y pensamiento en la Grecia antigua, Barcelona 1991
Vernant, J. P.: El Universo, los dioses, los hombres: el relato de los mitos griegos, Barcelona 2000
Fontes antigas: HOMERO Odisea; HESÍODO Teogonía; APOLODORO Biblioteca; APOLONIO RODIO Argonáuticas; C.I. HIGINO, Fábulas;OVIDIO Metamorfosis, Heroidas.
Básicas e xerais
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos desta materia, conseguidos tanto a través dunha bibliografía actualizada como dunha metodoloxía na vangarda deste campo de estudo; e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas da Humanidades e da Cultura.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, relativos aos contidos desta materia, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
Capacidade de manexo de linguas clásicas (nun nivel elemental) e vernáculas, de forma correcta e coherente en diversas situacións comunicativas
Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
Específicas
-Adquisición dun coñecemento amplo e profundo do corpus mitolóxico clásico, tanto das principais narracións e personaxes como das fontes, os paralelos, a pervivencia e recepción en cada época, etc.
-Capacidade de análise crítica de calquera narración mítica, a partir de distintos enfoques metodolóxicos.
-Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A materia consta de 4,5 créditos (3 teóricos e 1,5 prácticos) equivalentes no sistema ECTS a 110 horas.
Destes 110 horas, 45 corresponden á actividade presencial (teórica e práctica) desenvolvida na aula, mentres que as outras 65 corresponden á actividade non presencial
Destes 65 horas de actividades non presenciais, 30 corresponden ao traballo dirixido polo profesor, e 35 ao traballo autónomo do alumno (estudo dos contidos teóricos e preparación de sesións prácticas)
Regularidade no traballo: asistencia, participación constructiva, estudo.
Responsabilidade medioambiental:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
-Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jose Maria Anguita Jaen
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
17.01.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
16.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |