Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Prácticas

O alumnado poderá obter recoñecemento académico de créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título. Para a mellora da empregabilidade dos titulados, a Facultade de Matemáticas propicia o establecemento de convenios para a realización de prácticas e xestiona a súa organización como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes.

Na actualidade, ademais dos convenios xerais da USC, hai convenios específicos para a realización de prácticas por parte do alumnado da Facultade en diferentes empresas e institucións.

O estudantado tamén poderá propiciar, a través das facultades e escolas da USC, do Consello Social ou de FEUGA, a oferta de prácticas nunha determinada empresa ou entidade, sempre que non exista convenio previo con ela, e para as cales terán prioridade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2023.