Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Matemáticas

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
matematicas.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
estudante de matematicas

As Matemáticas teñen unha tradición milenaria, tanto como disciplina científica como nos seus aspectos aplicados, e tiveron notables avances disciplinares, que incrementaron a súa achega a campos como a Física e a Enxeñaría e a outros máis novidosos como a Economía, a Bioloxía ou a Medicina.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2500172
    Número prazas: 110

    Decano/a ou director/a do centro:
    ALBERTO CABADA FERNANDEZ
    alberto.cabada@usc.gal

    Coordinador-a do título:
    Lucia Lopez Somoza

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 154/2008 do 17 de xullo (DOG 30/07/2008)

    Data de publicación no BOE:
    16 de febreiro de 2009

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    As Matemáticas teñen unha tradición milenaria, tanto como disciplina científica como nos seus aspectos aplicados. Ademais tiveron notables avances disciplinares, que incrementaron a súa achega a campos como a Física e a Enxeñaría e a outros máis novidosos como a Economía, a Bioloxía ou a Medicina.

    Sendo as matemáticas unha ciencia imprescindible nunha sociedade desenvolvida, a persoa que se titula no Grao de Matemáticas na nosa Facultade desenvolve e fortalece certas destrezas moi valoradas tanto no ámbito académico como profesional. Polo que pode optar ás categorías máis altas da función pública e está cualificada para a formulación matemática, análise, resolución e, no seu caso, tratamento informático de problemas en diversos campos interdisciplinares das ciencias básicas, ciencias sociais e da vida, enxeñaría, finanzas, consultoría, etc..., con vistas ás aplicacións, á investigación e/ou á docencia, e a formar parte de equipos interdisciplinares.

  • Non se contemplan

  • Non se contemplan

  • Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, xa que os alumnos poden ser admitidos na titulación de Grao de Matemáticas se reúnen os requisitos de acceso que marca a lei e posto que non se estabelece un límite de prazas, recoméndase para o ingreso no Grao en Matemáticas que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico.

  • A facultade de Matemáticas conta con 10 aulas de distinta capacidade con equipamento docente. Así mesmo, dispón de cinco aulas de informática para a docencia e unha para o acceso libre do alumnado. Ademais fai uso de instalacións externas como o Observatorio Astronómico.

    A maioría das materias impartidas no grao fai uso da plataforma de docencia virtual da USC.

    O centro dispón de biblioteca e salas de estudo. A biblioteca conta máis de 250 postos de lectura, divididos en dúas plantas e alberga fondos bibliográficos que se dividen en libros para o alumnado e obras xerais e libros de investigación. Ademais, o alumnado tamén conta coa Biblioteca do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • 1. Formar graduados que coñezan a natureza, os métodos e os fins máis relevantes das distintas ramas das Matemáticas, posibilitando o seu acceso ao mercado de traballo en postos cun nivel medio-alto de responsabilidade ou continuar estudos posteriores cun alto nivel de autonomía en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.
    2. Desenvolver nos estudantes as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da Matemática
    3. Transmitir aos estudantes unha visión das Matemáticas como parte integrante da educación e a cultura que lles permita recoñecer a súas presenza na natureza a través da ciencia, a tecnoloxía e a arte.
    4. Transmitir aos estudantes o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos dereitos humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Segundo o Art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos por realización de prácticas externas relacionadas co título. As prácticas externas non forman parte da oferta académica permanente da Facultade, aínda que esta colaborará cos órganos responsables da Universidade na organización destas como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes.

  • Os alumnos poderán inscribirse unha vez superados 192 créditos obrigatorios. Para poder presentalo deberán ter superados, cando menos, 228. A Facultade ofrecerá traballos de fin de grao en ambos os dous cuadrimestres.

  • Profesorado
    Fernando Alcalde Cuesta
    Maria Alonso Pena
    Leovigildo Alonso Tarrio
    Jose Antonio Alvarez Dios
    Jesús Antonio Álvarez López
    Raul Alvite Pazo
    Jose Ameijeiras Alonso
    Manuel Andrade Baliño
    Anton Barreiro Iglesias
    Maria Isabel Borrajo Garcia
    Sebastian Buedo Fernandez
    Alberto Cabada Fernandez
    Paula Cambeses Franco
    Daniel Cao Labora
    Jose Manuel Carballes Vazquez
    Maria Angeles Casares De Cal
    Balbina Virginia Casas Mendez
    Eva Cernadas García
    Mercedes Conde Amboage
    Victor Cora Calvo
    Maria Cristina Costoya Ramos
    Rosa María Crujeiras Casais
    Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
    Jose Carlos Diaz Ramos
    Érika Diz Pita
    Manuel Febrero Bande
    Manuel Fernandez Delgado
    Francisco Javier Fernandez Fernandez
    Rosa Mª Fernandez Rodriguez
    Fernando Adrian Fernandez Tojo
    José Luis Ferrín González
    Felipe Gago Couso
    Xabier Garcia Martinez
    Eduardo Garcia Rio
    Antonio Garcia Rodicio
    Maria Soledad Garcia Tasende
    Antonio M. Gómez Tato
    Julio Gonzalez Diaz
    Wenceslao Gonzalez Manteiga
    Ramon Iglesias Rey
    Ana Jeremías López
    Manuel Eulogio Ladra Gonzalez
    Anton Manoel Leira Campos
    Raul Lois Cuns
    Óscar López Pouso
    Rodrigo Lopez Pouso
    Lucia Lopez Somoza
    Jorge Losada Rodriguez
    Enrique Macías Virgós
    Alejandro Omar Majadas Moure
    Trinidad Mendez Morales
    Rafael Muñoz Sola
    Begoña Nicolas Avila
    Juan José Nieto Roig
    Lois Omil Pazos
    Maria Victoria Otero Espinar
    Beatriz Pateiro Lopez
    Francisco Jose Pena Brage
    Ana Peon Nieto
    Peregrina Quintela Estevez
    Brais Ramos Perez
    Oscar Rivero Salgado
    Iria Rodriguez Acevedo
    Alberto Rodriguez Casal
    Jeronimo Rodriguez Garcia
    Jorge Rodríguez López
    Rosana Rodríguez López
    Mario Julian Rodriguez Sanchez De Toca
    Maria Del Pilar Salgado Rodriguez
    Modesto Ramon Salgado Seco
    Cesar Andres Sanchez Sellero
    Victor Sanmartin Lopez
    Maria Luisa Seoane Martinez
    Marcos Suárez Vázquez
    Antonio Topete Camacho
    Rosa Mª Trinchet Soria
    Alejandro David Varela Dopico
    María Elena Vázquez Abal
    Rafael Vazquez Hernandez
    Fatima Zerrouk
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2025.