Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Técnicas Estatísticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
zmatdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jose Ameijeiras Alonso
Contacto
jose.ameijeiras@usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, proporciona formación avanzada en Estatística e Investigación operativa e na aplicación de métodos estatísticos á biomedicina, as finanzas, a enxeñaría ou a investigación social, facilitando a realización de prácticas en empresas e o acceso ao programa de doutoramento correspondente.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4316961
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA ELENA VAZQUEZ CENDON

    Coordinador-a do título:
    Jose Ameijeiras Alonso
    jose.ameijeiras@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

    Data de publicación no BOE:
    8/07/2020

    Data da última acreditación:
    19/07/2019

    Os estudos de estatística son uns dos que teñen mellores expectativas de futuro. Isto xustifícase pola crecente necesidade de moitas empresas e institucións públicas de extraer información de cantidades enormes de datos, para o que resulta imprescindible a utilización de técnicas estatísticas en sectores como: biosanitario, finanzas, enxeñaría, etc, así como nas actividades que requiren investigación, para as que os métodos estatísticos son indispensables.

    Ademais, capacita para a investigación no ámbito da estatística e a investigación operativa, e pode dar acceso ao Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 5
    Optativas: 70
    Traballo fin de máster: 15
    Total: 90

    O plan de estudos do mestrado non contempla especialidades, no entanto, os estudantes deberán elixir entre dous itinerarios diferentes dependendo das súas preferencias:

    -Itinerario Aplicado
    -Itinerario Teórico

    O Itinerario Aplicado corresponderá a aqueles estudantes que desexen que a énfase estea posta nas aplicacións da estatística, sen esquecer en ningún momento o rigor matemático na presentación dos conceptos e metodoloxías. No Itinerario Teórico a presentación das distintas técnicas centrarase en profundar máis nos aspectos metodolóxicos, aínda que sen perder de vista as aplicacións. As materias optativas destes dous itinerarios configuráronse de tal xeito que se garanta que os alumnos de ambos os itinerarios desenvolvan as mesmas competencias básicas e xerais, diferenciándose nas competencias específicas.

    Os estudantes deberán matricular un dos dous módulos de itinerario no primeiro semestre. Excepcionalmente, a comisión do título poderá autorizar o intercambio dalgunha materia do itinerario elixido pola correspondente do outro itinerario.

  • O máster, de carácter interuniversitario, proporciona formación avanzada en Estatística e Investigación operativa e na aplicación de métodos estatísticos á biomedicina, as finanzas, a enxeñaría ou a investigación social, facilitando a realización de prácticas en empresas e o acceso ao programa de doutoramento correspondente.

  • Límite de prazas e criterios específicos

    Titulacións de acceso:
    Licenciados ou graduados en Matemáticas ou en Estatística e calquera titulado que acredite coñecementos básicos en Matemáticas e Estatística, con motivación para a análise, visualización e modelado de datos en calquera contexto.

    Criterios:
    • Titulación de acceso (70% - ata 7 puntos)
    o Titulacións con contidos dun grao en Matemáticas valoraranse entre 6 e 7 puntos
    o Outros títulos universitarios cun contido relativamente amplo de estatísticas descritivas e inferencia estatística valoraranse entre 5 e 6 puntos (graos en Bioloxía, Psicoloxía, Enxeñaría, Medicina, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou outros similares).
    o Títulos de grao restantes que teñan un contido básico de estatísticas entre 3 e 4 puntos.
    • Expediente do alumno (20% - ata 2 puntos)
    • Currículo vitae del candidato (10% - ata 1 punto)

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • Para obter o título é obrigatorio realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) de 15 créditos ECTS. Este traballo, en función do interese profesional ou académico pode elaborarse como:

    1. Traballo de investigación, como primeira etapa dos estudos de doctorado do estudante.

    2. Traballo académico aplicado consistente na análise, estudo e resolución de problemas con datos reais en que se deben aplicar técnicas avanzadas e actuais da estatística ou da investigación operativa.

    3. Realización dun traballo ao abeiro dun convenio de colaboración cunha empresa, que poderá ter carácter presencial ou non, segundo se estabeleza na ficha do traballo fin de mestrado. Teñen como obxectivo que o alumno analice, estude e resolva na medida das súas posibilidades problemas da área da estatística ou a investigación operativa en que estean interesadas as empresas colaboradoras. A colaboración coa empresa estabelecerase mediante un convenio de colaboración educativa. Este convenio pode ser substituído por un contrato de traballo ou unha bolsa na empresa en que se realice o TFM.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.