Ir o contido principal

Calidade

A Facultade atópase actualmente no proceso de Acreditación Institucional, conforme ao Real Decreto 420/2015, de 29 de maio, e á Resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 7 de marzo de 2018. Esta acreditación ten unha vixencia de cinco anos desde o momento da súa concesión.

A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) asume o necesario compromiso que un centro de referencia debe ter para garantir a calidade dos seus programas, formando profesionais altamente cualificados e capacitándoos para dar resposta aos retos sociais do presente e do futuro.

O  SGIC fixa o marco onde se plasman a nivel de centro os obxectivos institucionais da política de calidade. Nel detállanse a organización da Facultade, a estrutura para o desenvolvemento do sistema de calidade e a implantación na facultade dos procesos institucionais a través dos que a USC asegura a calidade da súa oferta académica, a dispoñibilidade dos recursos humanos e os materiais necesarios, e as orientacións da súa mellora continua.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2021.