Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Mobilidade

Os programas de mobilidade, tanto nacionais como internacionais, permiten ao alumnado da USC cursar parte dos seus estudos de grao e máster noutra universidade.

Mobilidade Facultade de Matemáticas

Para favorecer o intercambio de estudantes, consolidáronse relacións estables con organismos internacionais e institucións educativas de todo o mundo, das que a Facultade de Matemáticas tamén é partícipe. 

A Facultade de Matemáticas ten asinados convenios Erasmus con varios países europeos e SICUE coas universidades españolas que imparten o Grao en Matemáticas. Ademáis, o programa bilateral ofrece a posiblidade da realización de estudos en diversas universidades de países extracomunitarios (países de América Latina, Europa do Leste e Asia; Suíza, Estados Unidos, Canadá e Australia) e coas que a USC ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes.

A Oficina de Mobilidade da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas internacionais de mobilidade de estudantes, PAS e profesores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2022.