Ir o contido principal

Sistema titorial e Aula de Matemáticas

O Sistema Titorial do Grao en Matemáticas da USC comprende unha serie de actividades dedicadas á orientación dos estudantes no ámbito persoal, académico e profesional.

A Aula de Matemáticas agrupa o conxunto de actividades formativas de apoio ao alumnado do Grao en Matemáticas.

O Sistema Titorial ten por obxectivos:

  • Orientar, apoiar e asesorar ao alumnado no seu proceso formativo.
  • Facilitar a integración do alumnado de novo ingreso.
  • Informar ao alumnado sobre aspectos académicos e profesionais que lle permitan planificar o seu itinerario académico e o seu futuro profesional.
  • Realizar un seguimento personalizado do alumnado.
  • Animar ao alumnado á participación na vida da Facultade de Matemáticas e da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Identificar as dificultades de aprendizaxe e organizativas no Grao en Matemáticas, para poder analizalas e darlles solución.

A Aula de Matemáticas agrupa o conxunto de actividades formativas de apoio ao alumnado do Grao en Matemáticas. Este programa comprende conferencias, cursos e seminarios, algúns dos cales están adaptados ás necesidades formativas do noso alumnado. En concreto, organízanse unha serie de seminarios específicos para o alumnado de novo ingreso, coordinadas dende o Sistema Titorial, e outros cursos dirixidos ao alumnado que rematan os seus estudos

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2021.