Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Matemáticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Matemáticas y estadística.
Centro(s)
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
matematicas.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Fernando Adrian Fernandez Tojo

Este máster pretende que o alumno complete a súa formación en distintos temas matemáticos, a través de materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, obtendo unha visión global e proporcionándolle unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311779
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    ALBERTO CABADA FERNANDEZ
    alberto.cabada@usc.gal

    Coordinador-a do título:
    Fernando Adrian Fernandez Tojo

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    24/08/2010

    Data da última acreditación:
    11/03/2015

    A investigación en Matemáticas en Galicia experimentou un importantísimo avance e impulso nos últimos anos con repercusións non só a nivel teórico senón tamén tecnolóxico. Os investigadores matemáticos colaboran activamente en diversos campos tanto relacionados coa investigación básica como coas súas aplicacións, co que as matemáticas pasaron de ser un instrumento básico na ciencia e tecnoloxía cun alto compoñente teórico, a ser unha ferramenta indispensábel en calquera proceso científico e tecnolóxico.

  • Créditos ECTS que debe realizar o alumno para obter o título:
    Materias obrigatorias 21 ECTS;
    Materias optativas 21 ECTS;
    Traballo fin de Máster 18 ECTS;
    Créditos totais 60 ECTS;

    Non se contemplan

  • Este máster pretende que o alumno complete a súa formación en distintos temas matemáticos, a través de materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, obtendo unha visión global e proporcionándolle unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.

  • 1. Proporcionar unha formación especializada e avanzada en Matemáticas, que capacite para a incorporación a grupos de investigación competitivos ou para impartir docencia superior.
    2. Introducir na investigación aos e as estudantes, como parte integrante dunha formación profunda, preparándoos para a eventual realización posterior dunha tese doutoral.
    3. Formar profesionais capaces de resolver problemas de moi diversa índole no mundo da industria, da empresa e da administración utilizando a linguaxe e as ferramentas que proporciona a matemática, que lles permita o acceso a postos de traballo altamente cualificados e a incorporación a equipos multidisciplinares, especialmente os que requiran un alto nivel de destreza en formulación e resolución de problemas, capacidade de análise, síntese e pensamento abstracto.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • Para iniciar o Traballo de Fin de Máster será necesario superar todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo de Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo de Fin de Máster poderá ser presentado, con carácter xeral, no segundo cuadrimestre, e de forma excepcional no primeiro por alumnos matriculados a tempo parcial, con matrícula de continuación de estudos, ou con materias validadas.

  • O profesorado está composto por profesores que pertencen a departamentos da propia Universidade, con experiencia docente e investigadora acreditada. Unha elevada porcentaxe do profesorado ten contrastada experiencia e bo coñecemento das empresas e do mercado laboral que espera aos futuros titulados. De feito, este profesorado intensificou nos últimos anos a súa investigación matemática ligada ao tecido produtivo galego mediante convenios e contratos de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.