Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Dobre Grao en Matemáticas e en Física

  • Nova oferta
  • En tramitación
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
matematicas.decanato@usc.gal
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813952 (Conserxería)
881813954 (Decanato)
fisica.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

Este dobre Grao pretende dotar ao alumnado dunha sólida formación conxugando o dominio da Física e das Matemáticas. O rigor científico, a capacidade de abstracción, o razoamento lóxico e as habilidades para modelizar e resolver problemas físicos son algunha das características que aporta esta dobre titulación.

  • Duración: 5 anos académicos
    Número de ECTS: 360
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    ALBERTO CABADA FERNANDEZ
    alberto.cabada@usc.gal

    Coordinador-a do título:
    Lucia Lopez Somoza

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Os Graos en Física e en Matemáticas posúen a suficiente complementariedade e interrelación para facer viable o deseño dun itinerario para a obtención do dobre grao. É ademais un feito constatado en todos os planos de estudo conducentes á obtención dun Grao en Física a sólida formación matemática que require a titulación. 

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Este dobre Grao pretende dotar ao estudantado do rigor, capacidade de abstracción e razoamento lóxico que caracteriza o pensamento matemático ao tempo que adquiren as habilidades necesarias para elaborar modelos aplicados á resolución de problemas físicos.
    A formación experimental e computacional proporcionaralles ferramentas para verificar a validez dos modelos propostos así como evidencias para a elaboración doutros.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuio contido pode consultarse na seguinte dirección:
    https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado

  • Realizaránse dous Traballos Fin de Grao de 6 e 12 créditos que avalíen as competencias dos Títulos de Grao en Física e Grao en Matemáticas, respectivamente.
    A súa realización regularase co acordo de ambas titulacións respectando a normativa de cada centro/titulación.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2025.