Ir o contido principal

TFG

O Traballo de fin de grao consistirá na elaboración dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 12 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Matemáticas.

O TFG incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.

O TFG supón a realización por parte de cada estudante de forma individual dunha memoria baixo a supervisión dun/ha titor/a académico/a, na que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de grao. 

Os TFG poderán desenvolverse parcialmente no marco de convenios con empresas ou institucións.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2022.