Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas

  • Nova oferta
  • En tramitación
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
etse.secredireccion@usc.gal
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
matematicas.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

O obxectivo desta dobre titulación é proporcionar unha sólida formación a futuros profesionais, que reunirán a destreza e o hábito no pensamento abstracto e razoamento lóxico que caracteriza ás Matemáticas co dominio dos fundamentos teóricos e habilidades prácticas propias da Enxeñaría Informática.

  • Duración: 6 anos académicos
    Número de ECTS: 378
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    Julia González Álvarez
    julia.gonzalez@usc.gal

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    É evidente a proximidade e interrelación entre as matemáticas e a enxeñaría informática e a súa mutua relevancia. A confluencia entre ambas disciplinas proporcionou solucións revolucionarias que permitiron resolver problemas tecnolóxicos moi complexos dunha forma eficiente. A formación de profesionais con sólidos coñecementos en matemáticas e enxeñaría informática abre un mundo de posibilidades do que se benefician numerosas áreas e por tanto axudará a novos cambios tecnolóxicos na sociedade.

    A crecente demanda de formación en ambos campos reflíctese nos moitos exemplos de dobres titulacións en Enxeñaría Informática-Matemáticas ofertados con gran éxito por universidades españolas. As elevadas notas de corte destas dobres titulacións son unha das probas do seu éxito.

    As/os estudantes que finalicen o itinerario curricular conxunto obterán os dous títulos, polo que se garante que acreditarán ao finalizar os estudos o cumprimento de todos os requisitos esixidos para a obtención de cada título individualmente conseguido.

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • O obxectivo desta dobre titulación é proporcionar unha sólida formación a futuros profesionais, que reunirán a destreza e o hábito no pensamento abstracto e razoamento lóxico que caracteriza ás Matemáticas co dominio dos fundamentos teóricos e habilidades propias da Enxeñaría Informática.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuio contido pode consultarse na seguinte dirección:
    https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado

  • Realizaranse dous Traballos Fin de Grao, un deles con 12 créditos obrigatorios que avaliará as competencias do título de Grao en Enxeñaría Informática e outro de 12 créditos obrigatorios que avaliará as competencias do título de Grao en Matemáticas.
    Os TFG regularanse co acordo entre ambas as titulacións, tendo en conta, en todo caso, o carácter de proxecto integral de natureza profesional inherente ao TFG en Enxeñaría Informática.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2025.