30.04.2025 | 11.30h
Aula Magna da Facultade de Matemáticas
Consonte ao disposto no artigo 61 do Regulamento Electoral Xeral da USC, aprobado polo Consello de Goberno do 8 de outubro de 2015, convócanse eleccións a decano/a da Facultade de Matemáticas, segundo as seguintes datas e prazos:
- Do 24 de marzo ao 3 de abril (ámbolos dous incluídos): Presentación de candidaturas a través da Sede electrónica no Rexistro Electrónico da USC
dirixindo a solicitude á decana da Facultade de Matemáticas. - 7 de abril: Proclamación provisional de candidatos/as.
- Do 8 ao 10 de abril (ámbolos dous incluídos): Reclamacións contra a proclamación provisional de candidatos/as.
- 21 de abril: Proclamación definitiva de candidatos/as.
- 30 de abril ás 11:30 horas na Aula Magna: Sesión extraordinaria do Pleno da Xunta de Facultade para a elección de decano/a. De ser necesaria unha segunda votación, procederase a realizala na mesma sesión do día 30 de abril.