Plan de xestión do Proxecto de Instalación de calefacción de biomasa no centro de saúde de Riotorto,Lugo
Autoría
N.V.T.P.
Máster Universitario en Dirección de Proxectos (L)

Data da defensa
13.09.2024 18:00
13.09.2024 18:00
Resumo
Os proxectos na industria das enerxías renovables enfrontan grandes oportunidades de mellora ao implementar metodoloxías relacionadas coa dirección de proxectos nunha contorna que apunta cada vez máis cara á sustentabilidade, o desenvolvemento local e a innovación. O presente documento contén a elaboración dun plan de xestión no ámbito de enerxías renovables para un caso en concreto cun enfoque particular no cumprimento dos requisitos contractuais propios dun proxecto de contratación pública. Emprégase un enfoque cualitativo baseado no estudo de caso dun contrato real de obra pública para un proxecto de enerxía renovable de biomasa adxudicado polo Servizo Galego de Saúde en Riotorto, Lugo. A través dunha análise documental exhaustiva da documentación, procédese a descompoñer o alcance do proxecto e a identificar as áreas crave de xestión establecendo un marco claro en materia do alcance, implicación, comunicación e coordinación de todos os interesados, xestión de custos, tempo, calidade e dos recursos humanos como piares fundamentais para o éxito do proxecto. Dada a natureza dos proxectos de contratación pública, caracterizados pola súa alta visibilidade e rigorosidade nos procesos, a xestión de riscos é unha ferramenta indispensable para garantir o cumprimento de todos os requisitos, asegurar a eficiencia no investimento dos fondos públicos e protexer os intereses de toda as partes involucradas.

Dirección
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
Tribunal
BARRASA RIOJA, MARTIN (Coordinador)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Presidente/a)
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Vogal)