Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Campus
Lugo
Coordinador/a
Santiago Pereira Lorenzo
Contacto
santiago.pereira.lorenzo@usc.es

O seu obxectivo é capacitar técnicos superiores para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, fornecéndolles de competencias para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Agrónomo e manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4314243
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Santiago Pereira Lorenzo
    santiago.pereira.lorenzo@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013 (DOG do 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    04/04/2014

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    O obxectivo xeral do Máster en Enxeñaría Agronómica é a formación de técnicos superiores capacitados para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, incluíndo as infraestruturas e instalacións necesarias para o desempeño eficiente das devanditas actividades produtivas, todo iso nun marco de protección e conservación do medio ambiente e de desenvolvemento e mellora do medio rural.

    O alumnado, a través dos seus coñecementos científicos e tecnolóxicos e a súa habilidade creadora, será capaz de deseñar sistemas de aproveitamento económico dos recursos da natureza para obter e transformar alimentos, fibras para tecidos e outros vexetais ou animais útiles para o home. O alumnado capacitarase para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Agrónomo e para manexar os recursos naturais renovables de forma racional.

  • Obrigatorias: 60
    Optativas: 18
    Prácticas externas 10
    Traballo fin de máster: 12
    Total: 100

    O Máster en Enxeñaría Agronómica oferece as seguintes especialidades:

    -Agroenxeñaría
    -Enxeñaría da produción de leite
    -Vitivinicultura

    Para obter a especialidade o estudante deberá cursar as 6 asignaturas optativas de 3 ECTS cada unha (18 ECTS en total) que conforman o módulo de especialidade correspondente, así como realizar as Prácticas Externas (PE) e o Traballo Fin de Máster (TFM) en temáticas relacionadas coa especialidade elixida. O alumno tamén pode obter a titulación sen ningunha especialidade; neste caso poderá escoller libremente as 6 asignaturas optativas que desexe, sen estar obrigado a que sexan do mesmo módulo, así como realizar as Prácticas Externas e o Traballo Fin de Máster en calquera temática acorde co título proposto.

  • O seu obxectivo é capacitar técnicos superiores para planificar, proxectar, organizar, controlar e dirixir os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, fornecéndolles de competencias para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Agrónomo e manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional.

  • Modalidade: matrícula directa

    Titulacións de acceso:

    Grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, e Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias pola USC (así como os graos doutras universidades españolas que outorguen as competencias establecidas na Orde Ministerial CIN /325/2009; p.e.: Grao en Enxeñaría Agraria pola UVIGO)
    Enxeñaría Técnica Agrícola (con complementos, que deben cursarse previamente ou simultaneamente ao 1º curso do máster)

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 240 h (6 semanas) máis a elaboración do informe correspondente, para os efectos da obtención de 10 créditos equivalentes.

    A Escola Politécnica Superior conta con perto de 400 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulacións que se imparten nela poida realizar prácticas externas

  • A metodoloxía docente a utilizar será a docencia interactiva personalizada co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que, en cumprimento dos requisitos que afectan a profesión regulada de Enxeñeiro agrónomo, terá de ser un exercicio orixinal e individual.

    Os contidos do traballo fin de máster estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro agrónomo. Para determinar a procedencia dunha temática, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado perante a comisión de seguimiento. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para o seu defensa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.