Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Arquitectura, construcción, edificación y urbanismo, e ingeniería civil.
Centro(s)
Campus
Lugo
Coordinador/a
Emilio Rafael Diaz Varela
Contacto
emilio.diaz@usc.es

O Máster en Sistemas Aéreos non Tripulados é un título de alta especialización, único no Sistema Galego de Universidades e un dos dous únicos Másteres de drons oficiais ofertados no territorio nacional. Os estudantes poderán optar por materias orientadas á operación de sistemas aéreos non tripulados, impartidas pola Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo) ou orientadas ao desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados, impartidas pola Universidade de Vigo (Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo de Ourense). Este máster proporciona ademais os coñecementos básicos para a obtención do título de piloto de drons e permite o acceso a programas de doutoramento e realización de tese doutoral.
No Máster colabora a Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia). Tamén colabora co Grupo RPAS-UO da Universidade de Oviedo.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4317743
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 12

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Emilio Rafael Diaz Varela
    emilio.diaz@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 8 de xullo de 2021 (DOG 16/07/2021)

    Data de publicación no BOE:
    17/01/2022

    Data da última acreditación:
    24/05/2021

    O Máster responde ó despegue do sector en Galicia, que combina o impulso de empresas operadoras que actúan en mercados globais e empresas que desenvolven os seus propios sistemas. Ó esforzo levado a cabo polo sector empresarial hai que engadir o esforzo realizado pola administración autonómica galega coa creación do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) INTA-Xunta de Galicia en Lugo, o desenvolvemento dun Ciclo Formativo de Grao Superior de Técnico en Mantemento de Aeronaves (IES As Mercedes de Lugo), a posta en marcha da Civil UAS Initiative e, dentro desta iniciativa, a aceleradora Business Factory Aero (BFAero), o impulso do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) no Parque empresarial Porto do Molle da Zona Franca Vigo, e a creación da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo de Ourense da Universidade de Vigo. Outro factor que indica o paulatino desenvolvemento e organización do sector é a formación de asociacións empresariais locais, como por exemplo a Asociación Galega de Sistemas Intelixentes non Tripulados (AGASINT).

    O máster impártese nos campus de Lugo e Ourense. Ambos dispoñen de instalacións novas perfectamente dotadas de todos os medios técnicos necesarios para garantir a calidade do ensino.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 24
    Optativas: 19
    Prácticas externas OB 9
    Traballo fin de máster: 9
    Total: 60

    O novo mestrado non contempla especialidades, con todo, o plan de estudos foi deseñado co obxectivo de construír un currículum ben definido e reconocible en términos de perfil profesional. A optatividade oferta materias para a intensificación dos coñecementos do alumnado en temáticas relacionadas coa enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados e coas aplicacións dos sistemas aéreos non tripulados.

  • Este máster contempla a realización dun total de 60 créditos ECTS, dos cales 24 ECTS son de carácter obrigatorio e 18 ECTS de carácter optativo. Parte das materias serán impartidas desde Lugo (USC) e estarán orientadas cara ás aplicación, e outra parte serán impartidas desde Ourense (UVigo) e estarán orientadas cara á enxeñería de sistemas. Os contidos teóricos pódense seguir presencialmente ou mediante videoconferencia. Realizarase ademais 9 ECTS de Prácticas Externas obrigatorias e un Traballo Fin de Máster de 9 ECTS.

    A estrutura do Máster está deseñada para que poida ser compatible coa actividade profesional. 

    • 24 créditos ECTS obrigatorios comúns, planificado para o primeiro cuadrimestre e que impartirán as materias:
      • Fundamentos de sistemas aéreos non tripulados (Lugo/Oviedo)
      • Operacións, lexislación e certificación (Lugo)
      • Aerodinámica, mecánica de voo e propulsión (Ourense)
      • Sistemas de observación (Ourense)
    • 18 créditos de materias de optativas a elixir tres de entre as seguintes materias, planificadas para o segundo cuadrimestre:
      • Métodos de análises de datos (Lugo)
      • Aplicacións no ámbito agroforestal e ambiental (Lugo)
      • Aplicacións en enxeñería e arquitectura (Lugo)
      • Sistemas de control (Ourense)
      • Sistemas de navegación e comunicación (Ourense)
      • Desenvolvemento de software crítico (Ourense)

     

  • O Máster en Sistemas Aéreos non Tripulados é un título de alta especialización para estudantes universitarios con dúas vertentes, unha centrada no desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados que liderará a Universidade de Vigo e outra centrada na operación de sistemas aéreos non tripulados que liderará a Universidade de Santiago de Compostela. É unha proposta única no Sistemas Galego de Universidades; non existen títulos similares en todo o noroeste peninsular, o que amplía o seu mercado potencial de alumnado a rexións como Asturias, Castela e León ou o Norte de Portugal. Os Sistemas aéreos non tripulados son tamén coñecidos como drons.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O mestrado contempla 15 créditos ECTS de Prácticas Externas obrigatorias.

    A Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo contan cun extenso programa de convenios de prácticas en empresa que permitirá tutelar as estancias dos estudantes deste título de máster. Os convenios son aprobados polo Consello de Goberno das respectivas universidades e o seu seguimiento corresponde á Comisión Académica do título.

    Para satisfacer a demanda dos estudantes do novo título deberá asegurarse unha oferta de prácticas suficiente para os estudantes matriculados que se realizará en calquera dos dous cuadrimestres do curso académico, tendo en conta que o estudante pode cursar o título cunha dedicación a tempo parcial. Non obstante, ofertaranse nos dous cuatrimestres para alumnos que opten pola dedicación a tempo parcial. En anos vindeiros, os estudiantes podrerán realizalas en calquiera dos cuatrimestres.

    Ademais, definiranse procedementos para a selección, seguimiento, elaboración da memoria de prácticas e presentación do aproveitamento das prácticas por parte do estudante adaptando á normativa vixente ás especificidades do mestrado.

  • O mestrado contempla a realización dun Traballo Fin de Máster de 9 créditos ECTS, que consiste na realización dun proxecto relacionado coa enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados ou con aplicacións que impliquen a súa operación.

    O Traballo Fin de Máster é un exercicio orixinal que debe ser realizado individualmente e que consiste nun proxecto integral de natureza profesional que sintetice as competencias adquiridas no mestrado. Para a súa superación será defendido perante un tribunal formado por profesorado do título. Cada estudante terá polo menos un profesor ou unha profesora titor que guiará a alumna ou o alumno durante o proceso e velará pola qualidade do traballo.

    A oferta de Traballos Fin de Máster realizarase en cada cuadrimestre do curso académico dando así resposta aos estudantes matriculados a tempo parcial. Cada oferta poderá incluír tamén traballos ofertados por empresas e centros de investigación colaboradores e traballos ofertados por docentes da titulaión.

    A oferta de Traballos Fin de Máster debe ser suficiente para todos os estudantes matriculados no título. O alumno ou a alumna poderán realizar a defensa do seu Traballo Fin de Máster cando obtivese todos os demais créditos do plan de estudos superados.

  • O profesorado do Máster está formado por profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC), da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (UVigo), coa participación de profesionais de empresas, institucións e organismos públicos, incluíndo o grupo de RPAS-OU da Universidade de Oviedo e GAIN.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2025.