Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Dirección de Proxectos (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Campus
Lugo
Coordinador/a
Carlos Amiama Ares
Contacto
carlos.amiama@usc.es

A constante evolución da disciplina de xestión de proxectos esixe unha reformulación do título, para adecuar os contidos ás novas necesidades que a sociedade precisa. Paralelamente, a extensión da aplicación das técnicas e ferramentas da xestión de proxectos máis aló do ámbito ingenieril esixe darlle ao máster un carácter máis interdisciplinar que permita satisfacer as expectativas duns alumnos cun perfil de acceso cada vez máis variado e afastado do campo da enxeñería. Esta realidade obríganos non soamente a dotar aos contidos do máster dun carácter máis transversal, senón tamén a incorporar docentes de áreas alleas á que actualmente imparte o máster (Proxectos de Enxeñería), como poden ser as áreas de Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados ou a de Economía Financeira e Contabilidade.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 3500274
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Carlos Amiama Ares
    carlos.amiama@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    15/07/2024

    Data de publicación no BOE:
    27/12/2024

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

  • O título presenta un plan de estudos dun curso de 60 ECTS.
    • Obrigatorias: 30
    • Optativas: 6
    • Prácticas externas OB: 12
    • Traballo fin de máster: 12
    o Total: 60
    O máster, de 60 créditos ECTS, estrutúrase en tres grandes módulos.
    O primeiro deles, un módulo de docencia expositiva e interactiva (36 créditos ECTS), denominado “Fundamentos da dirección de proxectos” no que se cursarán o corpo de materias obrigatorias (30 créditos ECTS distribuídos en 10 materias de 3 créditos ECTS cada unha) que permitirán que o alumno alcance os resultados de aprendizaxe que constitúen o elemento troncal deste máster.
    Así mesmo, neste módulo ofertaranse 4 materias optativas (de 3 créditos ECTS cada unha) entre as que o alumno deberá de cursar 2, completando os 6 créditos ECTS restantes.
    Unha vez finalizado este módulo, o alumno realizará as prácticas académicas externas que terá unha carga de 12 créditos ECTS.
    Por último, o alumno deberá de realizar o traballo fin de Máster, que terá unha carga de 12 créditos ECTS.

    Entre mediados de setembro e ofertaranse as seguintes materias (primeiro semestre):
    - Marco conceptual da xestión de proxectos.
    - Xestión do alcance do proxecto.
    - Xestión do tempo e recursos.
    - Seguimento e control do proxecto.
    - Xestión da información e as comunicacións do proxecto.
    - Dirección de persoas.
    Entre mediados de xaneiro e xullo-setembro ofertaranse as seguintes materias (segundo semestre):
    - Contratación e negociación
    - Xestión de riscos e oportunidades do proxecto
    - Xestión da calidade
    - Análise da viabilidade financeira.
    - Sustentabilidade en dirección de proxectos.
    - Xestión de riscos en proxectos de investimento.
    - Xestión de proxectos de investigación.
    - Xestión comercial do proxecto.
    - Prácticas en empresa
    - Traballo fin de Master
    A carga docente está equilibrada semanalmente (18 ECTS en cada período) e a continuación fanse as Prácticas Externas e o TFM.

  • * Coñecer os principais estándares en xestión de proxectos e a súa aplicabilidade en distintos contextos.
    * Familiarizarse coa terminoloxía e ferramentas específicas da xestión de proxectos.
    * Comprender a importancia que a disciplina ten nas organizacións e na xestión das súas carteiras de proxectos, programas e proxectos.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    O alumno deberá de cursar un total de 12 créditos ECTS de prácticas en empresa, na que porá en práctica as competencias, habilidades e coñecementos adquiridos no máster. O alumno poderá elixir entre unha das máis de 130 empresas con convenio co máster existentes actualmente ou ben propoñer outra tipoloxía, sendo necesario subscribir un convenio entre a USC e a empresa, previo á incorporación do alumno. O alumno contará durante o desenvolvemento das súas prácticas en empresa cun titor académico, docente do máster, e un titor profesional, pertencente á empresa.

  • O traballo fin de máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo. Ao realizar un traballo propio da xestión de proxectos deberá analizar o problema, elixir a solución máis adecuada para resolvelo e implementar as actuacións para a posta en práctica desta solución, finalizando cunha potencial avaliación dos resultados esperados. O tema do traballo será de suficiente magnitude, preferiblemente derivado dun encargo real. Cada alumno disporá dun titor para realizar o seguimento continuo e dinámico do mesmo. Contémplase a posibilidade de que o alumno elixa como traballo fin de máster unha temática nova na dirección de proxectos para profundar nesa liña de traballo. Tamén se contempla como posibilidade que o alumno desenvolva unha análise da madurez dunha organización, no tocante á implementación de metodoloxías e técnicas de xestión de proxectos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.