Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo de fin de máster que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFM consistirá na elaboración dun traballo de carácter profesional no que se integren as competencias adquiridas no título, polo que se pode facer como TFM calquera traballo que poida realizar un profesional no ámbito laboral. Atendendo ao formato do documento e aos obxectivos fixados, hai tres tipos de traballos: Proxecto de Enxeñaría, Estudo Técnico e Traballo de Investigación.

Como norma xeral, nos másteres habilitantes o TFM é de 12 ECTS. No Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é 9 ECTS; no Máster en Arquitectura da Paisaxe ten 9 ECTS; no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio é de 9 ECTS e no Máster en Direcciónn de Proxectos contabiliza 15 ECTS.

Para poder formalizar a matrícula do TFM unicamente se pode ter pendente para finalizar os estudos un máximo de 75 créditos, excluídos os correspondentes ao TFG.

Máster en Enxeñaría Agronómica

Máster en Dirección de Proxectos

Máster U. en Planificación e Xestión Territorial

Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados

Máster U. en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados

Traballos de Fin de Máster do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2024.