Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ciencias agrarias y tecnología de los alimentos.
Centro(s)
Campus
Lugo
unha alumna

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Agrícola nas súas especialidades de Explotacións Agropecuarias, Hortofruticultura e Xardinería, Industrias Agrarias e Alimentarias, e Mecanización e Construcións Rurais. Este Grao ten recoñecemento a nivel europeo.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503101
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Santiago Lamosa Quinteiro
    santiago.lamosa@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    24/10/2014 (DOG do 06/11/2014)

    Data de publicación no BOE:
    1/03/2016 (mod. 11/10/2017)

    Data da última acreditación:
    7/10/2014

    Habilitación profesional:
    Este título habilita es España para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Agrícola.

    Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Agrícola nas súas especialidades de Explotacións Agropecuarias, Hortofruticultura e Xardinería, Industrias Agrarias e Alimentarias, e Mecanización e Construcións Rurais, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Os titulados no Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar esta titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

  • Non se contempla

  • Itinerario de Enxeñaría Agrícola:

    Dentro deste itinerario o estudante pode optar entre tres mencións:

    -Mención en Explotacións Agropecuarias
    -Mención en Hortofruticultura e Xardinaría
    -Mención en Mecanización e Construcións Rurais

    Itinerario Enxeñaría Agroalimentaria:

    No caso de elixir este itinerario o estudante optará por unha única mención:

    -Mención en Industrias Agrarias e Alimentarias.

    O alumno poderá optar por calquera das catro mencións, pero unha vez elixida deberá cursar todas as materias incluídas no módulo de obrigatorias de mención para garantir que adquire todas as competencias asociadas a unha tecnoloxía específica.

  • O centro conta con 18 aulas de uso xeral, 6 salas de seminario e 6 aulas de informática para docencia. Ademais dispón de 18 laboratorios e 8 naves taller, 2 aulas de expresión gráfica e 1 seminario de topografía. Cabe destacar a existencia dunha finca de prácticas adscrita ao centro para o uso das titulacións ligadas á rama agraria e forestal.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre, existindo conexión sen fíos dende calquera punto do centro.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros situado ao lado do centro onde os alumnos dispoñen de máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • O título de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria que se propón é a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior da titulación de Enxeñaría Técnica Agrícola atendendo ás normas vixentes a nivel nacional, autonómico e da propia Universidade de Santiago de Compostela. Ademais na súa formulación atendéronse os requerimientos da Orde CIN/323/2009, de 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola, o que permitirá aos futuros titulados o exercicio desta profesión regulada.

  • Mobilidade

    As accións de mobilidade dos/as estudantes pretenden mellorar a calidade da educación superior e reforzar a súa dimensión, tanto nacional como internacional, fomentando a cooperación entre as universidades, potenciando os intercambios e mellorando a transparencia e o recoñecemento académico de diferentes estudos e cualificacións. Neste sentido, considéranse unha peza importante para a consecución dos obxectivos propostos no título, tanto no que se refire ás competencias xerais dos futuros egresados como ás competencias transversais a adquirir coa titulación.

    A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización e do Servizo de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Escola Politécnica Superior a través da “Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do subdirector/a responsable de programas de intercambio.

    A Escola, ademais dos responsables citados arriba, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.

    A mobilidade dos estudantes realízase no segundo ano de estudos da titulación, en períodos semestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo director/a, o subdirector/a responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

    A Universidade, a través do Servizo de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da web que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias.

    Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acolleita, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE), a través do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acolleita.

    En canto aos/as estudantes de acolleita, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada semestre, na que se lles informa e orienta sobre a Escola e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Nesta titulación de Grao as prácticas externas contémplanse como optativas, polo que é necesario garantir unha oferta anual de prazas para prácticas externas que cubra a demanda dos estudantes do Grao. As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 150 h máis a elaboración do informe correspondente, a efectos de obtención de 6 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas).

    A oferta de prácticas no Grao sustentarase no actual Programa de Prácticas Externas que xestiona a Escola Politécnica Superior cuxa coordinación recae na Subdirección de Prácticas do centro. As prácticas realizaranse a tempo completo preferiblemente nun período non lectivo de aproximadamente 4 semanas de duración, que poderán situarse tanto no primeiro como no segundo semestre. Cando as características do traballo así o requiran, poderanse establecer períodos e xornadas diferentes de realización (tempo parcial, días alternos, etc.), garantindo en todo caso as 150 horas de dedicación dos estudantes.

    A organización, xestión e seguimento das prácticas externas correrá a cargo da Subdirección de Prácticas e Orientación Laboral do centro, que se encargará da asignación dos centros de prácticas e do seu seguimento. Ademais, propoñerá á Comisión do Título a asignación ao alumno dun titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica.

    A Comisión do Título elaborará unha memoria anual recollendo a información relevante de centros asignados, satisfacción dos estudantes, valoración dos titores, etc.

  • Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Agrícola de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.

    A avaliación realizarase a partir dos seguintes criterios:

    - Seguimiento por parte da comisión de título, do coordinador e do titor do traballo fin de grao
    - Avaliación do traballo por parte dun tribunal universitario.

    Os contidos do traballo fin de grao (TFG) estarán dentro do ámbito profesional da Enxeñaría Técnica Agrícola. Para determinar a procedencia dunha temática a desenvolver como TFG, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante o coordinador de TFG da titulación. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.

    O deseño do título permite que con 240 ECTS cursados se poidan obter ata dúas mencións diferentes. Por cada mención cursada que o estudante desexe que lle figure no título oficial, deberá de presentarse un Traballo Fin de Grao no ámbito das tecnoloxías específicas correspondentes.

  • Recoñecemento de créditos:

    • Poderanse recoñecer ata un máximo de 36 créditos por experiencia profesional e por estudos non oficiais (títulos propios, cursos de especialización, etc).
    • Poderase solicitar o recoñecemento daquelas materias superadas en titulacións oficiais.
  • Profesorado
    Esperanza Alvarez Rodriguez
    Rafaela Maria Amaro Gonzalez
    Carlos Amiama Ares
    Enrique Rafael Arbones Maciñeira
    Martin Barrasa Rioja
    Nieves Barros Pena
    M Carmen Bouza Fernandez
    Javier Bueno Lema
    Cristina Cabaleiro Sobrino
    Matias Carnero Lopez
    Gerardo Casal Urcera
    Adrian Casanova Chiclana
    Patricia Cazón Díaz
    Raquel Cela Dablanca
    Angel Cobos Garcia
    Jose Luis Correa Pombo
    Ana Couso Viana
    Óscar Cruz De La Fuente
    Jorge Dafonte Dafonte
    Mª Belén Díaz Hernández
    Olga Diaz Rubio
    Emilio Rafael Diaz Varela
    Ramon Alberto Diaz Varela
    Maximo Antonio Dugo Paton
    Maria Dolores Fernandez Rodriguez
    María Elena Fernández Rodríguez
    Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
    Julián Jesús García Berrios
    Ignacio Garcia Gonzalez
    Vanesa Garcia Menendez
    Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
    Julio Gomez Fernandez
    Miguel Angel Gonzalez Garcia
    María Del Pilar González Hernández
    Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
    Antonio Iglesias Becerra
    Maria Isabel Iglesias Diaz
    Santiago Lamosa Quinteiro
    Maria Josefa Lombardero Diaz
    Adolfo López Fabal
    Francisco Javier Lopez Gonzalez
    Cynthia Lopez Novo
    Maria Dolores Lopez Pedrouso
    Maria Jose Lopez Villar
    Jose Manuel Magide Ameijide
    Marcelino Maneiro Maneiro
    Ramón Ángel Mariño Allegue
    Maria Teresa Martin Sanchez
    Manuel Mendez Lodos
    Agustín Merino García
    Alicia Del Carmen Mondragon Portocarrero
    Antonio Moreno Robles
    María Rosa Mosquera Losada
    Maria De Las Nieves Muñoz Ferreiro
    Xan Xosé Neira Seijo
    Avelino Nuñez Delgado
    Cristina Nuñez Gonzalez
    Juan Manuel Ortigueira Amor
    Juan Pedro Ortiz Sanz
    Xose Lois Otero Perez
    Jose Manuel Pereira Gonzalez
    Santiago Pereira Lorenzo
    Mª Do Mar Pérez Fra
    Angel Piñeiro Guillen
    Consuelo Pita Calvo
    Marta Prado Rodriguez
    Benjamin Jesus Rey Sanjurjo
    Maria Teresa Rodriguez Lopez
    Jaime Rodriguez Pereña
    Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
    Laura Rodriguez Silva
    Benigno Ruiz Nogueiras
    Antonio Souto Prieto
    Pablo Souza Alonso
    Manuel Luis Torres Labandeira
    Bernardo Valdes Paços
    María Dolores Vázquez Castro
    Iban Vazquez Gonzalez
    Miguel Ernesto Vazquez Mendez
    Diego Vazquez Miramontes
    Rosa Ana Vázquez Ruiz De Ocenda
    Pedro Vazquez Verdes
    María José Vázquez Vila
    Javier Veloso Freire
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.