Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería química, ingeniería de los materiales e ingeniería del medio natural.
Centro(s)
Campus
Lugo
Campus de Lugo

Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Forestal nas súas especialidades de Explotacións Forestais e Industrias Forestais, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Este Grao ten recoñecemento a nivel europeo.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502235
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Maria Josefa Lombardero Diaz
    mariajosefa.lombardero@usc.gal

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10

    Data de publicación no BOE:
    22/02/2011 (mod. 11/10/2017)

    Data da última acreditación:
    20/07/2016

    Habilitación profesional:
    Este título habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Forestal.

    Este Grao habilita para exercer a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Forestal nas súas especialidades de Explotacións Forestais e Industrias Forestais, con todas as atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente. Este Grao ten o recoñecemento a nivel europeo ao estar adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

    A extraordinaria riqueza e potencialidade produtiva do monte a escala nacional, e en particular na comunidade autónoma de Galicia, e a súa importancia para a economía e o desenvolvemento rural da rexión, demandan técnicos desta especialidade, coa misión de defender e aproveitar de forma sostible (atendendo a criterios ambientais, sociais e económicos) os moi diferentes produtos e servizos que son capaces de xerar os montes, así como de optimizar a súa transformación.

    Recoñecemento de créditos:

    • Poderanse recoñecer ata un máximo de 21 créditos por experiencia profesional e por estudos non oficiais (títulos propios, cursos de especialización, etc).
    • Poderase solicitar o recoñecemento daquelas materias superadas en titulacións oficiais.
  • Non se contempla

  • O Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural conta coas seguintes mencións:

    -Mención en Explotacións Forestais
    -Mención en Industrias Forestais

    Os alumnos deberán acabar o grao, polo menos, cunha das dúas mencións, que figurará no seu título de graduado.

  • O centro conta con 18 aulas de uso xeral, 6 salas de seminario e 6 aulas de informática para docencia. Ademais dispón de 18 laboratorios e 8 naves taller, 2 aulas de expresión gráfica e 1 seminario de topografía. Cabe destacar a existencia dunha finca de prácticas adscrita ao centro para o uso das titulacións ligadas á rama agraria e forestal.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre, existindo conexión sen fíos dende calquera punto do centro.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros situado ao lado do centro onde os alumnos dispoñen de máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • 1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral. dese campo de estudo.
    2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.
    3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Externas Optativas
    Ao abeiro do art. 12.6 do RD 1393/2007, nesta titulación, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico ata un máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas relacionadas co título.

  • O Traballo Fin de Grao poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.Trátase dun exercicio orixinal que se debe realizar individualmente e presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Forestal de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas do grao.

  • Relación de titulacións desde as que se pode acceder ao Curso Ponte do Grao en Forestal e do Medio Natural, coa lista de materias que deberán cursar os alumnos/as:

    • Enxeñaría Técnica Forestal na especialidade de Explotacións Forestais
    • Enxeñaría Técnica en Explotacións Forestais.
      • Mellora xenética forestal e viveiros (6 ECTS)
      • Xardinaría e paisaxismo forestal (4,5 ECTS) Ordenación e planificación do territorio e do medio natural (4,5 ECTS)
      • Estatística (4,5 ECTS)
      • Informática (4,5 ECTS)
      • Lexislación, socioloxía e política forestal (6 ECTS)
      • Bioloxía e xestión de poboacións cinexéticas e piscícolas (4,5 ECTS)
      • Recuperación de Espazos Degradados (4,5 ECTS) Traballo fin de grao (12 ECTS)

    Cando o expediente académico presentado polo alumno xustifique que xa adquiriu algunha das competencias incluídas no curso ponte, poderán recoñecérselle os créditos da materia correspondente.

    Os titulados por outras universidades distintas á USC nas Enxeñarías Técnicas indicadas que sexan admitidos para realizaren o curso ponte e non teñan acreditadas todas as competencias indicadas no apartado 5 do anexo da Orde CIN/324/2009, poderían ter que cursar outras materias distintas ás que integran o curso ponte. Para máis información: Información Cursos Ponte ou de Adaptación

  • Profesorado
    Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
    Esperanza Alvarez Rodriguez
    Rafaela Maria Amaro Gonzalez
    Carlos Amiama Ares
    Julia Barciela Garcia
    Nieves Barros Pena
    Javier Bueno Lema
    Cristina Cabaleiro Sobrino
    Matias Carnero Lopez
    Emilio V. Carral Vilariño
    Gerardo Casal Urcera
    Adrian Casanova Chiclana
    Raquel Cela Dablanca
    Jose Luis Correa Pombo
    Óscar Cruz De La Fuente
    Tomas Serafin Cuesta Garcia
    Jorge Dafonte Dafonte
    Juan Angel Diaz Pazos
    Emilio Rafael Diaz Varela
    Ramon Alberto Diaz Varela
    Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
    Ulises Dieguez Aranda
    Maximo Antonio Dugo Paton
    Juan Luis Fernández Lorenzo
    María Elena Fernández Rodríguez
    Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
    Ignacio Garcia Gonzalez
    Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
    María Del Pilar González Hernández
    Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
    Maria Isabel Iglesias Diaz
    Santiago Lamosa Quinteiro
    Yago Lestido Cardama
    Maria Josefa Lombardero Diaz
    Oscar López Álvarez
    Francisco Javier Lopez Gonzalez
    Manuel Francisco Marey Perez
    Ramón Ángel Mariño Allegue
    Maria Teresa Martin Sanchez
    Inés Martinez Sambade
    Agustín Merino García
    Antonio Moreno Robles
    María Rosa Mosquera Losada
    Maria De Las Nieves Muñoz Ferreiro
    Xan Xosé Neira Seijo
    Avelino Nuñez Delgado
    Cristina Nuñez Gonzalez
    Maria Paz Ondina Navarret
    Juan Pedro Ortiz Sanz
    Xose Lois Otero Perez
    Adolfo Manuel Outeiro Rodriguez
    Cesar Perez Cruzado
    Mª Do Mar Pérez Fra
    Angel Piñeiro Guillen
    Carlos Real Rodriguez
    Guillermo Riesco Muñoz
    Manuel Antonio Rodriguez Guitian
    Jaime Rodriguez Pereña
    Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
    Joel Rodriguez Ruiz
    Laura Rodriguez Silva
    Roque Rodríguez Soalleiro
    Alberto Rojo Alboreca
    Rosa Romero Franco
    Ana Daria Ruiz Gonzalez
    Pablo Souza Alonso
    Bernardo Valdes Paços
    Iban Vazquez Gonzalez
    Miguel Ernesto Vazquez Mendez
    Diego Vazquez Miramontes
    Rosa Ana Vázquez Ruiz De Ocenda
    Pedro Vazquez Verdes
    Javier Veloso Freire
    Pablo Vila Lameiro
    Ruben Villares Pazos
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.