Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Paisaxe

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Campus
Lugo
paisaxe

Os Graduados/as en Paisaxe poderán desempeñar tarefas complexas no proceso de intervención sobre o territorio para planificar e crear espazos máis sostibles e atractivos; acometer traballos de análise e desenvolver solucións creativas para resolver os problemas e retos no ámbito da paisaxe e integrar as actuacións previstas de maneira que se salvagarden os valores paisaxísticos, realzando o carácter do medio. Para iso coñecerán os materiais e técnicas máis axeitadas en cada contexto para identificar capacidades e riscos do territorio.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503490
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Maria Isabel Iglesias Diaz
    eps.paisaxe@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade da Coruña

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    4/01/2019

    Data da última acreditación:
    06/06/2018

    O título de Graduado/a en Paisaxe pola Universidade da Coruña e pola Universidade de Santiago de Compostela, vén cubrir unha carencia no Sistema Universitario Español en relación co resto de Europa así como coa maior parte de países desenvolvidos. Para a posta en marcha e elaboración dos instrumentos previstos na normativa europea, nacional e autonómica, as administracións públicas e as empresas precisan de profesionais altamente cualificados cunha formación multidisciplinaria no ámbito da planificación, deseño e xestión da paisaxe, nos ambientes urbano, rural, forestal e do medio natural. Son funcións dos graduados en paisaxe o crear, manter, protexer e mellorar os lugares coa finalidade de que sexan funcionais, belos e sostibles.

  • Non se contemplan

  • Ademais das instalacións da Escola Técnica Superior de Arquitectura (UDC), a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC) conta con 18 aulas de uso xeral, 6 salas de seminario e 6 aulas de informática para docencia. Dispón de 18 laboratorios e 8 naves taller, 2 aulas de expresión gráfica e 1 seminario de topografía. Cabe destacar a existencia de dúas fincas de prácticas adscritas ao centro para o uso das titulacións ligadas á rama agraria e forestal, invernadoiros e a Granxa Experimental Gaioso-Castro.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre, así como de conexión sen fíos dende calquera punto do centro.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros, situado ao lado do centro, onde os alumnos dispoñen de máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • A finalidade do título “Graduado en Paisaxe” será a adquisición dunha formación académica de carácter multidisciplinar orientada á formación de profesionais específicos do paisaxismo, até a data inexistentes, abranguendo a análise e deseño da paisaxe, así como o desenvolvemento de proxectos específicos de paisaxes urbanas, culturais e de ordenación territorial. Así como o desenvolvemento, mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe tanto pública como privada do medio urbano, rural e forestal.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos da titulación, en períodos semestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha comisión de selección, composta polo director/a, o subdirector/a responsábel de programas de intercambio, o/a responsábel da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas externas teñen un valor de 6 créditos ECTS e ofértanse en 4º curso da titulación. Están deseñadas para oferecer ao estudante unha formación práctica para o mundo laboral do sector da paisaxe Para iso, a UDC/USC conta cos convenios estabelecidos con entidades públicas e privadas do sector comprometidos en poñer a disposición dos estudantes do título os seus recursos humanos e instalacións para o desenvolvemento da súa formación.

    O estudante deberá elaborar un portafolio durante o desenvolvemento das prácticas no cal especificará o tipo de práctica realizada, os obxectivos e competencias alcanzadas, os problemas cos que se atopou para a súa realización, as consultas e titorías realizadas, as solucións propostas, os mecanismos de mellora implementados, etc.

    Finalmente elaborará e presentará ao seu titor académico unha memoria de prácticas en que debe describir as tarefas realizadas e as cuestións que considere relevantes así como un informe do titor profesional.

    Mediante o informe e a memoria, o titor valorará as capacidades para a aplicación dos coñecementos relacionados ao ámbito da actividade profesional, as habilidades despregadas para levalo a cabo, así como as actitudes mantidas e a súa dispoñibilidade, observando as dificultades e solucións dadas polo estudante.

  • A materia Traballo Fin de Grao ten asignados 18 ECTS, ten carácter de traballo fin de titulación e consiste na elaboración, presentación e defensa perante un tribunal universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.

    Os contidos do traballo fin de grao (TFG) estarán dentro do ámbito profesional da paisaxe. Para determinar a procedencia dunha temática a desenvolver como TFG, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a comisión de seguimiento de TFG da titulación. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.

  • Profesorado
    Fernando Agrasar Quiroga
    Esperanza Alvarez Rodriguez
    Jorge Aragón Fitera
    Jose Balsa Barreiro
    José Ricardo Beltrán Pedreira
    Ramon Blanco Chao
    Viviana Marcela Buitron Cañadas
    Juan Antonio Caridad Graña
    Emilio V. Carral Vilariño
    María Concepción Carreiro Otero
    Maria Amparo Casares Gallego
    Raquel Cela Dablanca
    Jose Manuel Colmenero Alvarez
    Adriana Conde Fernandez
    Jesús Conde García
    Eduardo Jose Corbelle Rico
    Ana Couso Viana
    Óscar Cruz De La Fuente
    Nuria A. Cuéllar Cerrillo
    Tomas Serafin Cuesta Garcia
    Jorge Dafonte Dafonte
    Juan Angel Diaz Pazos
    Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
    Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
    Andrés Fernández Albalat Ruíz
    Ana Isabel García Arias
    Cristina García Fontán
    Ignacio Garcia Gonzalez
    Zaida García Requejo
    Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
    Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
    Luis Hermida Gonzalez
    Maria Isabel Iglesias Diaz
    Jesús Irisarri Castro
    Santiago Lamosa Quinteiro
    Martin Liz Dominguez
    Jesús Llamazares Castro
    Rubén Camilo Lois González
    Cándido Jaime López González
    Ramon Lopez Rodriguez
    Maria Jose Lopez Villar
    Rocio Losada Iglesias
    Carlos Losada Pérez
    Ramón Ángel Mariño Allegue
    Maria Teresa Martin Sanchez
    Jorge Vicente Meijide Tomás
    Manuel Mendez Lodos
    David Miranda Barros
    Maria Paz Ondina Navarret
    Alejandro Otero Varela
    Adolfo Manuel Outeiro Rodriguez
    Oscar Pedros Fernández
    Yolanda Perez Sánchez
    Maria Jose Piñeira Mantiñan
    María Guadalupe Piñera Manso
    Alberto Redondo Porto
    Antonio Santiago Río Vázquez
    Jorge Rodríguez Alvarez
    Emilio Rodríguez Blanco
    Manuel Antonio Rodriguez Guitian
    Maria Teresa Rodriguez Lopez
    Jaime Rodriguez Pereña
    Roque Rodríguez Soalleiro
    Rosa Romero Franco
    Ines Sante Riveira
    David Santomil Mosquera
    María De Los Ángeles Santos Vázquez
    Enrique Seoane Prado
    Jose Suarez Otero
    Maricarmen Tapia Gomez
    Manuel Luis Torres Labandeira
    Juan Manuel Trillo Santamaria
    Jose Manuel Vázquez Mosquera
    Jose Ignacio Vila Vazquez
    Ruben Villares Pazos
    Evaristo Zas Gomez
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.