Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Robótica (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería industrial, ingeniería mecánica, ingeniería automática, ingeniería de la organización ind
Centro(s)
Campus
Lugo

A robótica ocupa un lugar cada vez máis importante na nosa sociedade. Numerosos avances tecnolóxicos recentes están ligados á automatización levada a cabo por medio da robótica e da mecatrónica, xunto co desenvolvemento de sistemas de control autónomos e intelixentes. En materia económica, a robótica equivale a progreso e desenvolvemento, xa sexa no ámbito da industria, a agricultura, a medicina ou as comunicacións. Os países e as empresas que apostan pola robótica conseguen mellorar os seus niveis de competitividade e produtividade.
Unha característica común, e quizais a maior potencialidade, dos estudos de robótica que atopamos actualmente en España, é a súa imbricación co tecido industrial da zona de influencia destes títulos. En xeral, apúntase a ofrecer, para estas industrias xa asentadas ou nacentes, oportunidades de automatización altamente especializadas, xa sexa ex novo e nunha remodelación do proceso produtivo implicado, ou en melloras puntuais para procesos específicos. Fronte á maquinaria robótica de exportación de carácter xeralista e que implica unha adaptación do proceso á maquinaria, o/a profesional graduado/a en robótica pode ofrecer e desenvolver unha automatización específica para as necesidades da empresa. Iso implica, tamén que a relación laboral do titulado/a que ofrece estes servizos para a optimización industrial é, necesariamente, de longa duración, posto que o mantemento desta maquinaria, altamente especializada, só pode realizalo quen o deseñou.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503954
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Roberto Iglesias Rodriguez
    roberto.iglesias.rodriguez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/08/2019 (DOG 14/08/2019)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    28/01/2019

  • O Plan de Estudos do Grao en Robótica pola Universidade de Santiago de Compostela consta de 240 créditos ECTS, distribuídos en 4 cursos de 60 créditos ECTS cada un, que abarcan un total de oito semestres, incluíndo prácticas externas obrigatorias e a realización dun Traballo Fin de Grao.
    • Formación básica: 60
    • Obrigatorias: 126
    • Optativas: 30
    • Prácticas Externas OB : 12
    • Traballo fin de Grao: 12
    o Total: 240

  • As materias do grao distribúense nos seguintes módulos:
    • Expresión Gráfica
    • Física
    • Informática
    • Matemáticas
    • Automática
    • Comunicación e Sistemas
    • Intelixencia Computacional
    • Robótica
    • Sistemas sensoriais
    O título de Grao inclúe a posibilidade de que o estudante realice a mención de AgroRobótica ou que finalice sen especialidade. Para obter a especialidade o estudante deberá cursar o módulo optativo (30 ECTS) en materias da mención, así como realizar as Prácticas Externas (PE) e o Traballo Fin de Grao (TFG) en temáticas relacionadas con robótica aplicada ao sector agrícola ou forestal.

  • O obxectivo do grao en Enxeñaría Robótica é proporcionar unha formación sólida aos alumnos que os capacite para traballar en ámbitos altamente especializados relacionados coa robótica.
    Espérase que os estudantes desenvolvan capacidades para deseñar solucións innovadoras baseadas nun sólido coñecemento teórico e coa aplicación das novas tecnoloxías.
    Obxectivos formativos das mencións
    O principal obxectivo formativo da mención de AgroRobótica é proporcionar unha formación sólida aos alumnos que lles permita traballar na modernización dos sectores primarios galegos (agricultura, pesca, gandería e forestal) para unha mellora sostible dos indicadores de eficiencia e rendibilidade das explotacións e a xeración de produtos e servizos innovadores.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    El alumno deberá de cursar un total de 12 créditos ECTS de prácticas en empresa, en la que pondrá en práctica las competencias, habilidades y conocimientos adquiridos en el grado. El alumno podrá elegir entre una de las más de 500 empresas con convenio con la EPS de Enxeñaría existentes actualmente o bien proponer otra tipología, siendo necesario suscribir un convenio entre la USC y la empresa. El alumno contará durante el desarrollo de sus prácticas en empresa con un tutor académico, docente del título, y un tutor profesional, perteneciente a la empresa. El listado completo de las empresas e instituciones con convenio con la EPSE para la realización de prácticas externas puede ser consultado en la web del centro:
    https://www.usc.gal/es/centro/escuela-politecnica-superior-ingenieria/p…
    Además, tanto los profesores como los alumnos podrán proponer nuevos convenios entre la USC y otras empresas o instituciones, siendo necesario que estén firmados antes de la incorporación del alumnado

  • Cunha carga docente de 12 ECTS, o Traballo Fin de Grao, poderá presentarse e defenderse cando o alumnado teña superados todos os demais créditos necesarios para a obtención do título, é dicir, 228 ECTS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.