Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Campus
Lugo
Coordinador/a
María De La Luz Gil Docampo
Contacto
ml.gil@usc.es

O Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é un título de alta especialización para estudantes universitarios con dúas orientacións, unha centrada na operación de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría) e outra centrada no desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Vigo (Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). É unha proposta única no Sistema Galego de Universidades e non existen títulos semellantes en todo o noroeste peninsular, centrada dun xeito especifico no coñecemento dos sistemas aéreos non tripulados tamén chamados drones, Unmanned Aerial vehicle - UAV, Unmanned Aerial Sistems - UAV ou Remotely Piloted Aircraft Systems - RPAS.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4316696
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 12

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROSA ROMERO FRANCO
    rosa.romero@usc.es

    Coordinador-a do título:
    María De La Luz Gil Docampo
    ml.gil@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    4/01/2019. Corrección de erros do 16/03/2019

    Data da última acreditación:
    06/06/2018

    O Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados resposta ao despegue do sector en Galicia, que combina o impulso de empresas operadoras que actúan en mercados globais e empresas que desenvolven os seus propios sistemas. Outro factor que indica o desenvolvemento e organización do sector é a formación de asociacións empresariais locais como a Asociación Gallega de Sistemas Inteligentes no Tripulados (AGASINT).

    Ao esforzo levado a cabo polo sector empresarial temos que engadir o esforzo realizado pola administración autonómica galega coa creación do Centro de Investigación Aeroportada INTA-Xunta de Galicia (CIAR) en Lugo, o desenvolvemento dun Ciclo Formativo de Grao Superior de Técnico en Mantemento de Aeronaves (IES AS Mercedes de Lugo), a posta en marcha da Civil UAS Initiative e dentro desta iniciativa a aceleradora Business Factory Aero (BFAero), o impulso do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) en Vigo e a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 12
    Optativas: 24
    Prácticas externas OB 15
    Traballo fin de máster: 9
    Total: 60

    Este máster conta con dúas especialidades:

    Especialidade en Aplicacións na Xestión dos Recursos da Terra
    Especialidade en Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados

    O alumno ou a alumna deberán elixir un dos módulos de especialización en función dos seus intereses formativos e cubrir un total de 24 créditos ECTS de cada unha. Para iso ofértanse dúas especialidades diferenciadas. Cada especialidade articúlase cunha oferta de 30 créditos ECTS de especialidade (cinco materias) dos que un alumno ou unha alumna deben cubrir un total de 18 créditos ECTS obligatorios e 6 ECTS optativos.

    No suposto de querer obter as dúas especialidades ofertadas será necesario cursar as materias correspondentes que definen os dous itinerarios, así como realizar en cada unha delas as Prácticas Externas e o TFM, xa que estes dous contidos sempre están ligados directamente á enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados ou relacionado con aplicacións que impliquen a súa operación.

  • O Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é un título de alta especialización para estudantes universitarios con dúas orientacións, unha centrada na operación de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría) e outra centrada no desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Vigo (Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). É unha proposta única no Sistema Galego de Universidades e non existen títulos semellantes en todo o noroeste peninsular, centrada dun xeito especifico no coñecemento dos sistemas aéreos non tripulados tamén chamados drones, Unmanned Aerial vehicle – UAV, Unmanned Aerial Sistems – UAV ou Remotely Piloted Aircraft Systems – RPAS.

  • Modalidade: criterios específicos

    Titulacións de acceso por orde de preferencia:

    Titulacións preferentes:

    - Grao en Enxeñaría Aeroespacial.
    - Grao en Enxeñaría Agraria.
    - Grao en Enxeñaría Agrícola y Agroalimentaria.
    - Grao en Enxeñaría Civil.
    - Grao en Enxeñaría da Enerxía.
    - Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.
    - Grao en Enxeñaría Eléctrica.
    - Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.
    - Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación.
    - Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.
    - Grao en Enxeñaría Forestal.
    - Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio natural.
    - Grao en Enxeñaría Informática.
    - Grao en Enxeñaría Mecánica.
    - Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía.
    - Grao en Bioloxía
    - Grao en Ciencias Ambientais.
    - Grao en Ciencias do Mar.
    - Grao en Física.
    - Grao en Matemáticas.
    - Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio.

    Titulacións non preferentes:

    Resto de titulacións das ramas de Ciencias e de Enxeñaría e Arquitectura.

    CRITERIOS DE SELECCIÓN:

    Expediente académico: máx. 80%
    Experiencia acreditada no sector: 20%

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O mestrado contempla 15 créditos ECTS de Prácticas Externas obrigatorias.

    A Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo contan cun extenso programa de convenios de prácticas en empresa que permitirá tutelar as estancias dos estudantes deste título de máster. Os convenios son aprobados polo Consello de Goberno das respectivas universidades e o seu seguimiento corresponde á Comisión Académica do título.

    Para satisfacer a demanda dos estudantes do novo título deberá asegurarse unha oferta de prácticas suficiente para os estudantes matriculados que se realizará en calquera dos dous cuadrimestres do curso académico, tendo en conta que o estudante pode cursar o título cunha dedicación a tempo parcial.

    Ademais, definiranse procedementos para a selección, seguimiento, elaboración da memoria de prácticas e presentación do aproveitamento das prácticas por parte do estudante adaptando á normativa vixente ás especificidades do mestrado.

  • O mestrado contempla a realización dun Traballo Fin de Máster de 9 créditos ECTS, que consiste na realización dun proxecto relacionado coa enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados ou con aplicacións que impliquen a súa operación.

    O Traballo Fin de Máster é un exercicio orixinal que debe ser realizado individualmente e que consiste nun proxecto integral de natureza profesional que sintetice as competencias adquiridas no mestrado. Para a súa superación será defendido perante un tribunal formado por profesorado do título. Cada estudante terá polo menos un profesor ou unha profesora titor que guiará a alumna ou o alumno durante o proceso e velará pola qualidade do traballo.

    A oferta de Traballos Fin de Máster realizarase en cada cuadrimestre do curso académico dando así resposta aos estudantes matriculados a tempo parcial. Cada oferta poderá incluír tamén traballos ofertados por empresas e centros de investigación colaboradores e traballos ofertados por docentes da titulaión.

    A oferta de Traballos Fin de Máster debe ser suficiente para todos os estudantes matriculados no título. O alumno ou a alumna poderán realizar a defensa do seu Traballo Fin de Máster cando obtivese todos os demais créditos do plan de estudos superados.

  • O profesorado do Máster está formado por profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC), da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (UVigo) coa participación de profesionais de empresas, institucións e organismos públicos.

    Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2021.