Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811726 (Conserxaría)
881811504 (Decanato)
ecoade.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Zaira Camoiras Rodríguez
Contacto
master.turismo@usc.es

Este máster persegue dotar ao alumnado das competencias relevantes para a planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas nese ámbito, ao mesmo tempo que forma a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4313111
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    XOAN RAMON DOLDAN GARCIA

    Coordinador-a do título:
    Zaira Camoiras Rodríguez
    master.turismo@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    245/2011 do 15 de decembro

    Data de publicación no BOE:
    6/03/2014 (Modificación do 8/07/2020)

    Data da última acreditación:
    11/06/2019

    Este máster persegue un dobre obxectivo:

    1. Dotar ao alumnado das competencias máis relevantes, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada, da planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas no ámbito turístico, proporcionándolle unha visión global e integradora, seguindo os criterios de innovación, eficiencia e sustentabilidade.
    2. Formar dun modo rigoroso a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.
  • Condicións de terminación:

    Orientación profesional:

    Obrigatorios 30
    Optativos 9
    Practicum obrigatorio 9
    Traballo Fin de Máster 12
    Total 60

    Orientación investigadora:

    Obrigatorios 30
    Optativos 12
    Optativos vinculados 6
    Traballo Fin de Máster 12
    Total 60

    Orientación académica:

    Obrigatorios 30
    Optativos 18
    Traballo Fin de Máster 12
    Total 60

    Este máster conta con tres orientacións: profesional, investigadora e académica.

    Cada alumno/a debe realizar unha das tres orientacións, de acordo coas materias de que consta cada unha delas.

    Todos os alumnos deben realizar 30 créditos obrigatorios e un Traballo de fin de máster de 12 créditos.

    Os alumnos da orientación profesional realizarán prácticas externas obrigatorias de 9 créditos.

    O alumnado da orientación investigadora debe cursar obrigatoriamente as materias optativas vinculadas a esta opción: “Metodoloxía de investigación: Cartografía aplicada ao turismo” e “Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas”, de 3 créditos cada unha. É necesario cursar estas dúas materias para poder acceder ao programa de doutoramento (etapa de tese). Ademais debe cursar outros 12 créditos optativos sen vinculación.

    Na orientación profesional o alumnado ten que cursar 9 créditos optativos e na académica 18 créditos optativos.

  • Este máster persegue dotar ao alumnado das competencias relevantes para a planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas nese ámbito, ao mesmo tempo que forma a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

  • 1. Titulados en Turismo
    2. Resto das titulacións
    Establécese un módulo preparatorio de complementos de formación que consta de dúas materias de dous créditos cada unha: Fundamentos de Contabilidade e Fundamentos de Finanzas. Fundamentos de Finanzas debe ser cursada por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre finanzas en titulacións universitarias. Fundamentos de contabilidade deberá ser cursada por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre contabilidade en titulacións universitarias.
    Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega Celga II, ou española B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
    De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas externas teñen carácter obligatorio só para a orientación profesional, mentres que para as orientacións investigadora e académica son optativas. Nelas o alumnado debe aplicar os coñecementos adquiridos, e mellorar e desenvolver novas competencias a través da súa inmersión nun contorno de traballo representativo do contexto profesional futuro.

    Realizaranse nunha empresa ou institución onde, guiado por un/unha titor/a profesional, tomarase contacto co exercicio profesional. O alumno debe realizar e entregar ao terminar o período de prácticas unha memoria de actividades en que recollerá as actividades desempeñadas, as competencias desenvolvidas, os problemas atopados, así como a súa valoración persoal sobre a práctica realizada.

  • O alumnado debe elaborar e defender un Traballo Fin de Máster en que se demostre que adquiriu as competencias xerais da titulación e é, xa que logo, capaz de aplicar dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas asignaturas do Máster. A cada estudante asignaráselle un director ou directora, coa autorización previa da Comisión Académica do Máster, que será quen oriente e asesore o estudante na súa realización.

    A elaboración e defensa deste traballo terá carácter individual

  • O equipo docente está formado por profesores de diversos departamentos da Universidade de Santiago.

    Poderase contar coa participación de profesores de diversas universidades, directivos e xerentes de recoñecida traxectoria profesional no ámbito do turismo e altos funcionarios da administración pública turística, para que aporten a súa visión particular e especializada sobre temas de actualidade turística.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.